Ir al contenido principal

Entradas

Tui, 1893 de Juan Miguel González Fernández

Temos a honra de contar, nunha nova oportunidade, coa colaboración en Tudensia do historiador Juan Miguel González Fernández que enriquece este blog cunha nova achega de investigación sobre o pasado tudense. Agradecemos a Juan Miguel González -que nestes días ven de presentar unha recopilación da bibliografia sobre a historia de Vigo editada pola Instituto de Estudios Vigueses- a súa colaboración froito da amistade e da súa incansable labor de pescuda do noso pasado.                                                            Tui, 1893 Houbo un tempo, poñamos un cento de anos atrás, que dispoñer dun aparato telefónico era un privilexio do que moi poucos podían disfrutar. Para  solventar a necesidade de información e comunicación entre distintas (e distantes) localidades de España a empresa “Bailly-Bailliere e ...

“Os pícaros de Tui” unha pequeña reflexión sobre a devoción santelminana

Antoni Guerra le jeune (1666-1711) Saint Elme, 1701 Perpignan, Musée Hyacinthe Rigaud  (en depósito nos Archives Municipales) - Foto : Michel Castillo  en www.portugaldominicano.blogspot.com.es Achegámonos no calendario ás festas patronais de Tui, na honra de San Pedro González Telmo, que nos albores da primavera rexurde dende a tradición e a devoción. Resulta certamente fermoso e case sorprendente que esta celebración se conserve logo de oito séculos. A lembranza de San Telmo sorteou nas diversas etapas históricas os cambios sociais e de mentalidade con inusitada solidez. Na actualidade estamos tamén en procesos de mudanza en innumerables ámbitos da vida pública e social e cómpre preguntarnos como a devoción santelmiana pode garantir a súa continuidade no tempo, afondando na súa identificacións coas xentes de Tui ás que prometeu a súa protección… Os valores que encarna a figura do frade dominicano que fenece en Tui superan as barre...

Por unha alternativa ao polígono industrial no Camiño de Santiago

Na rúa coengo Valiño - Tui Hai algunhas datas se publicaban os datos correspondentes ao pasado ano da presenza de peregrinos polo camiño portugués que acadaban a significativa cifra de 25.628 peregrinos que percorreron esta vía portuguesa, marcando un novo máximo, moi superior ao último ano santo por poñer un exemplo. Deste xeito o camiño portugués se consolida como o segundo itinerario de peregrinación, logo do camiño francés. Amais a cidade de Tui se confirma, nun ano mais, como o primeiro lugar de partida de peregrinos fóra do camiño procedente de Francia, con  8436 peregrinos que escolleron a cidade tudense para comezar a súa andaina cara ao sartego do apóstolo Santiago. Estes datos permiten extraer varias conclusións e unha consideración. Como conclusión, ante todo, a pervivencia, aínda que mellor diriamos a progresión, da peregrinación como un fenómeno, en principio, cun carácter relixioso ou espiritual indisociable, pero cunha dimensión cultural e turística ...

As Candelas e San Brais

De cando en vez recollemos neste blogue referencias as tradicións festivas da nosa localidade e a súa contorna que testemuñan a pervivencia dun calendario festivo secular e que expresan elementos substancias da identidade colectiva. Na actualidade transformadas, ou mesmo esquecidas en boa medida, a lembranza destes vellos costumes contribuirá a pervivencia e valorización deste legado propio do noso patrimonio inmaterial ou intanxible, o que máis risco corre de perderse. AS CANDELAS Fotografía  tomada do libro de Suso Vila"Antiguas fiestas,  romerías  y procesiones en el Bajo Miño". Foto Vila, 1959. "El día 2 de febrero, escribe Manuel Fernández Valdés no ano 1961, celebra la Iglesia la Purificación de Nuestra Señora. Es la fiesta de las Candelas o de la Candelaria. El vasto templo  de Santo Domingo sirve de escenario a este culto muy arraigado en Tui. Se celebra la Misa de las Candelas, con asistencia de todas las autoridades, porque la Can...

Ermenexildo Gutiérrez e Alfonso Betote repoboadores de Tui

Dende posiblemente o século XVIII a cidade de Tui posúe como armas heráldicas unha media lúa e tres estrelas que representan, segundo a tradición conservada, as repoboacións que nos primeiros tempos medievais tivo á cidade. A primeira promovida por Alfonso I, no ano 739, cando libera a Tui do poder dos musulmáns, a segunda corresponde á repoboación efectuada por Ordoño I, en torno ao ano 850, e a terceira á de Fernando II cando “traslada” á cidade a súa actual ubicación e pretende mudarlle o nome por “San Buenaventura” no ano 1170. Agás este terceiro episodio poucos son os datos que se teñen ofrecido sobre estas repoboacións promovidas polos reis da monarquía astur. Neste breve artigo intentaremos unha aproximación aos dous protagonistas dunha destas vagas repoboadoras, a promovida por Ordoño I A conquista musulmán Tui formaba parte  das terras mais desenvolvidas do antigo reino suevo e visigodo, onde desempeñaba no tempos de Vitiza o papel de capital política da provi...

O Castro do Alto dos Cubos

Este enclave xeográfico,  na parroquia de Pazos de Reis,  nas abas do Monte Aloia e integrado hoxe na superficie do seu Parque Natural, é un espolón avanzado no macizo montañoso do Aloia, unido por unha lingua de terra estreita que xunto ás abruptas pendentes converten a este lugar nun espazo de grande interese estratéxico. O propio topónimo “Cabeza” ou “Alto” fai referencia directa a este carácter do lugar, dende onde contemplamos unha impresionante panorámica do val do Miño. Neste espazo coñecido como “Cabeza de Francos” ou “Alto dos Cubos” temos documentados diversos momentos históricos vencellados á historia da terra tudense e que o dotan dun valor engadido constituíndo un intenso testemuño histórico para Tui e as súas xentes. Centrarémonos hoxe no ámbito da prehistoria, ao coñecer o anuncio de que este xacemento castreño está incluído nun programa que promove a Deputación Provincial de Pontevedra para a posta en valor de diversas enclaves da cultura galaico-ro...