Dende comezos do século XV a vida tudense
estará protagonizada pola liñaxe dos Soutomaior, grupo nobiliar asentado no sur
de Galicia, que xogan habilmente as súas bazas no xogo de fidelidades entre a
monarquía castelá e portuguesa (en 1398 Joao I de Portugal conquista Tui
permanecendo no seu poder máis de catro anos), e aproveitando a debilidade
episcopal ocupan como “encomendeiros” a cidade de Tui.
Joao I de Portugal
Será Paio Sorreda de Soutomaior, cara a finais
do XIV, quen inicie o control da cidade sucedéndolle o seu sobriño Fernando
Eans de Soutomaior e a este Álvaro Paes de Soutomaior, que como sinala o
cronista Vasco de Aponte “tiña no seu
poder a cidade de Tuy, como a tiña o seu pai, e da renda do bispo tomaba o que
quería”. A mellor expresión deste poderío é cando non permite que o novo
bispo Luís de Pimentel, dunha das grandes casas do reino como era a de Benavente,
non tome posesión da sede, impedíndollo mesmo polas armas.
Este clima de abuso por parte dos nobres unido
á crise política e social xunto ás periódicas “fames negras” provoca o estalido
da revolución “irmandiña”. O Cabido e o Concello tudense son dos primeiros en
adherirse o 14 de marzo de 1467 á Santa Irmandade; aínda que non sabemos a data,
as crónicas recollen que máis de 5000 irmandiños ocuparon a cidade de Tui,
respectando as súas fortalezas, e morrendo naquel lance Álvaro Paes de
Soutomaior.
A reacción señorial encabézaa o medio irmán de
Álvaro, Pedro Álvarez de Soutomaior “Pedro Madruga”, aínda que Tui resiste até
1471; desde entón Pedro Álvarez domina practicamente o territorio do bispado
tudense e comeza un prolongado enfrontamento co bispo Diego de Muros que ocupa
as últimas décadas do XV, que suporá o seu encarceramento e escarnio público,
por dúas ocasións, do propio bispo, nunha delas pechado nunha gaiola de ferro
en Valença.
Escrito e sinatura de Pedro Álvarez de Soutomaior (1479)
Tras a morte de Enrique IV e a consecuente
disputa sucesoria entre os partidarios de Isabel de Castela e de Juana “a
Beltraneja”, apoiada por Portugal, Pedro Madruga cesa o seu xogo alternativo de
alianzas entre ambos os reinos, para converterse no gran valedor da causa de
Juana. E será Tui o gran baluarte das forzas pro-portuguesas, aínda despois da
vitoria e subida ao trono de Isabel, casada con Fernando de Aragón (os Reis
Católicos), ao continuar en mans dos partidarios de Soutomaior que tiranizan á
poboación, cabido e até o propio bispo.
Os novos monarcas inician un labor de
pacificación, ampliando en 1478 as funcións do correxidor de Baiona a todo o
bispado tudense. Aínda que Pedro “Madruga” tentará varios golpes de estratexia,
acaba sendo derrotado, e pese ao apoio do monarca portugués evidenciado no
acordo de paz cos reis de Castelo, morre en Alba de Tormes buscando o perdón
real.
Retrato de Fernando de Aragón e Isabel de Castela
Convento de Santa María de Gracia - Madrigal de las Altas Torres
Autor anónimo
Desta forma recupera o bispo Diego de Muros o
señorío da cidade -que seguirá en mans episcopais até o século XIX-, e xunto ao
seu sucesor reorganizan a vida diocesana, convocando sínodos, e a vida
municipal cunhas novas ordenanzas de ríxido control episcopal. Pero tamén é
momento de facer obras na Catedral, mellorar o equipamento público (camiños,
pontes, etc.) e instituír a cátedra de gramática e de canto na cidade tudense.
Pero a Coroa resérvase o control aduaneiro e o alfolí (ou almacén) do sal, de
gran importancia no ámbito galego.
Neste período de final da Idade Media a
monarquía lusa promove unha política máis centralista e así en 1455 Afonso V
ordénalle ao Marqués de Valença e ao conde de Ourem o establecemento de
barreiras fiscais que impidan o comercio con Galicia. As protestas das poboacións miñotas levan a
que en 1462 concédase aos habitantes de Tui e outras localidades ribeiregas
comerciar nas feiras coma se fosen portugueses. Así concede o propio en rei na súa visita a
Valença o 30 de xuño de 1462 as chamadas cartas de veciñanza, aínda que sempre
houbo dificultades na súa aplicación. Pero como se afirma no acordo das barcas
de pasaxe no bispo de Tui e o Concello de Valença de 1485 será “estrangeyro ou (que) non seia vezinio dá
dita cidade nen vasalo do dito Sr. Obpo. nen vizinio de Valença nen do seu
termo (...pois...) compre aboa vezinages duns e dous outros”.
Valença e Tui no Livro das fortalezas de Duarte D'Armas (1509)
Pero a
monarquía lusa segue promovendo o carácter fortificado de Valença e en 1512, o
Rei D. Manuel fomenta o seu poboamento, mandando reparar as súas murallas e
concédelle un novo foro. A cidade tudense será capital dunha das provincias nas
que se divide o Antigo Reino de Galicia desde os inicios do século XVI e que
chegarán até a reforma de 1833. En 1623 recibe do rei Felipe IV o título, que
aínda hoxe conserva, de “Moi nobre e moi leal cidade
que repercusiones sufrió Tuy de los reyes católicos por su defensa de la causa de la Beltraneja?
ResponderEliminarSe impidió su comercio con el mar?
Se favoreció a Baiona frente a Tuy?
Da la sensación que Tuy dejo de prosperar y se congeló en un momento dado
Un saludo
J. Areses
Contesto
EliminarA defensa da causa da Beltraneja foi basicamente de Pedro Álvarez con apoio dos tudenses, ou alomenos dun sector. Pero dado o caracter da "ocupación" de Tui por Pedro Alvarez de Soutomaior, a maioría quedarían "aliviados" cando cesou a misma. Pero derrotado Pedro Madruga o poder da cidade pasou a mans do bispo Diego de Muros aliado inquebrantable dos Reis e que establece unha nova regulación municipal onde bispo controlaba moi directamente a vida municipal.
O de Baiona fronte a Tui tene outras razóns:
- por un lado, Tui é de señorio episcopal e eso non se altera, por tanto aínda que o bispo é aliado total da Coroa, Tui no é unha cidade de realengo. Para a monarquia a opción natural era Vigo, que estaba crecendo, pero era señorio do arcebispo de Santiago (por elo o bispo de Tui funda en torno a 1500 Bouzas para competirlle ao lado). De ahi a elección de Baiona como a cidade que realengo, que contaba cunha pequeña baía
- ademais para as novas naves que aparecen naqueles tempos, o Miño resulta xa impracticable, a barra sempre existiu e limitaba o acceso. As novas políticas da monarquia procuran un monopolio e control do comercio exterior (que en Galicia se centrará en Coruña e Baiona) como principais enclaves dependentes directamente da Coroa. Tui logo da Idade Media, co século XIII como momento de esplendor, manterá o seu caracter de centro comarcal (provincial logo) de caracter administrativo, militar e de servizos (básicamente comercio comarcal) pero alonxado das novas dinámicas económicas que basculaban noutros espazos.
O tema é moi amplo, espero terme explicado algo.
Unha aperta e gracias polo interese