Ir al contenido principal

Entradas

Feliz día de San Telmo, co pregón das festas de 1963 por José Casal Aboy

  Dende “Tudensia” queremos facer chegar aos nosos lectores e a todos os tudenses os nosos votos por unha feliz xornada de San Telmo, o patrono da nosa cidade e diocese. San Telmo, retablo no Alcazar de Sevilla. Autor: Alejo Fernández, sec. XVI A celebración desta festividade é, xunto á devota celebración do patrocinio e intercesión que sobre a nosa cidade e persoas exerce con agarimo Frei Pedro González, unha rememoración do noso espírito colectivo que dende hai case oito séculos ten nestas festas a súa expresión máis requintada, nestas datas pascuais revitalizamos anualmente as xentes de Tui as nosas esencias comúns que, como fíos dunha urda, nos entrelazan e ligan, coa historia e co presente, creando un fermoso tapiz, que entre tecemos e que envolve a nosa existencia colectiva. Recuperamos, neste ano 2022, un vello texto do pregón das festas de 1963 realizado polo médico José Casal Aboy e que foi publicamos no Boletín Informativo do Centro de Iniciativas e Turismo de Tui (an...

Un artigo de Alvaro Cunqueiro sobre Tui, ano 1951

A figura de Alvaro Cunqueiro suscita entre todos o recoñecemento a un egrexio escritor e xornalista que nos ten legado algunha das paxinas mais fermosas e creativas da nosa literatura contemporánea. O seu amplo coñecemento humanístico e o seu estilo fabulador están sempre na base dos seus escritos. Achegamos hoxe un breve artigo de Alvaro Cunqueiro sobre a nosa cidade publicado no xornal “Faro de Vigo”, no que comeza a colaborar en 1948, se traslada dende o seu Mondoñedo natal a Vigo no ano 1960 pasando a ser redactor de plantilla do xorrnal vigués en 1961, subdirector de 1964 a 1965 e director entre 1965 e 1970. Alvaro Cunqueiro estaba ligado por lazos familiares á cidade de Tui pois unha irmá da súa muller, Elvira González-Seco Seoane, residía en Tui. Falamos de Paulina González-Seco Seoane que chega a Tui xunto ao seu esposo o médico compostelán, José Casal Aboy, que dende 1960 ocupa a praza de médico titular na nosa cidade. Casal Aboy desenvolverá na nosa cidade, xunto á súa de...

Dúas esculturas de Xoán Piñeiro en Tui

Dous recentes acontecementos nos ofrecen a oportunidade de abordar neste blog a presenza da obra do escultor Xoán Piñeiro na nosa cidade. Por unha banda, recentemente a Fundación Xoán Piñeiro ten editado en colaboración co Concello de Tomiño, o Concello de Cangas e a Xunta de Galicia unha monografía dedicada a análise da súa traxectoria e obra, coordinado por Chus Martínez Domínguez. Nos últimos meses, por outra banda, o Concello de Tui ten promovido unha obra de remodelación da praza da rúa Ordoñez onde está instalada unha das esculturas de Piñeiro en Tui, a dedicada ao arcebispo tudense Manuel Lago González. Unha obra que implicou o traslado do monumento e unha remodelación deste espazo urbano. Curiosamente na obra monográfica antes mencionada so figura unha breve cita deste conxunto escultórico dedicado a Lago González, e que non é, como veremos, unha obra menor de Piñeiro. A outra obra de Xoán Piñeiro en Tui é o monumento dedicado a José Calvo Sotelo, situado no inicio da Avda ...

"María Tydeska", o seudónimo da descoñecida poeta tudense María Gloria Pereira García

A historia é un proceso sempre incompleto, aberto a novas interpretacións, a novas perspectivas, e, moi especialmente, a novos descubrimentos que amplían o noso coñecemento do pasado, próximo ou remoto, enriquecendo a nosa memoria. Nas últimas décadas a investigación ten orientado as súas pescudas ao mundo das mentalidades, da vida cotiá, dos sectores desfavorecidos, e, moi especialmente, no que atinxe á mulleres e ao feminino. Unha das lagoas que en numerosas oportunidades temos recollido neste mesmo blog é a reducida presenza da nosa cidade no ámbito literario e tamén a limitada nómina de escritores tudenses que coñecemos, dos que moitos nomes son completamente descoñecidos para a maioría dos tudenses. Un destes nomes repetido en diversas oportunidades era dunha autora tudense chamada María Tydeska. Un nome certamente evocador da súa ascendencia pero do que se carecía doutros datos máis aló da súa mención. No ano 2012 a investigadora na Universidade de Vigo, Amparo Solla Gonz...