Ir al contenido principal

Entradas

Unha representación de San Telmo na Catedral de Burgos

A Catedral  de Burgos é un dos mais sobranceiros espazos artísticos da Península Ibérica, tanto pola súa arquitectura gótica como noutros elementos mobiliarios, como a escaleira dourada, que singularizan a este templo. Unha visita pola súas naves levaranos á contemplar, entre outros espazos, a súa sancristia e a inmedita Capela das Reliquias. Esta obra plenamente barroca foi realizada na segunda metade do século XVIII para acoller ao importante número de reliquias que conservaba a Catedral burgalesa e que dotaban de gran valor engadido a este templo. Frei José de San Juan de la Cruz foi un afamado arquitecto do século XVIII e forma parte do grupo que se ven chamando “frades-arquitectos” que tiveron un grande recoñecemento nos século XVII e XVIII; na cidade de Tui temos a Igrexa de San Telmo que foi concebida tamén por un integrante deste grupo de profesionais que ao tempo eran membros dunha orde monástica, como foi o frade portugués Frei Mateo de Jesús María “ religios...

A Horta das Oliveiras e outras expresións da Semana Santa tudense

A dilatada historia da nosa cidade amosa diversas expresións culturais ao longo do calendario anual e que o paso do tempo as dota de maior relevancia ou as limita nas súas manifestacións. A Semana Santa é un deses momentos onde con maior nitidez podemos contemplar a singularidade histórica das ancestrais tradicións que conservamos os tudenses. A inmediata celebración das festas patronais de san Telmo distorsionan a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús que xunto co proceso de secularización que vive a sociedade reduce a pegada destas celebracións. Pero cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos custodios. Temos xa documentada en 1653 unha procesión do Santo Cristo no Venres Santo! Tomado de  https://www.facebook.com/fotosantiguastuy   Tomada do libro "Her...

Unha lembranza serodia e solitaria no centenario de Xosé María Álvarez Blázquez

Un catro de febreiro de 1915, fixo onte cen anos, no Paseo da Corredeira tudense, daquela chamada rúa Elduayen, naceu un rapaziño que recibirá os nomes de José María Amalio Gerardo Ignacio Álvarez Blázquez. Na casa familiar da rúa El Pilar, no arrabalde do Rollo –a que se trasladou ao pouco tempo a familia do médico Dario Álvarez Limeses e a súa dona María Blázquez Ballester-, transcurríria a nenez de Xosé María e os seus cinco irmás (varóns todos Darío, Emilio, Alfonso, Celso e Álvaro). Naquela casa e naquela horta, ampla e con numerosos recunchos,  situada xa nos límites urbanos da cidade tudense, nun enclave privilexiado para vivir conxuntamente o mundo da sociedade burguesa tudense, nunha época de decadencia, e o mundo labrego e popular, das tarefas do campo, dos oficios tradicionais… será onde Xose María e os seus irmáns descubran paseniñamente os recodos da vida, personal e colectiva. Como lembrará co tempo o seu irmá Emilio “toda a curiosidade non lle cabia no peit...

O humanista tudense Álvaro de Cadaval

Escultura de A. de Cadaval na fachada da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela O tudense Álvaro de Cadal segue sendo un gran descoñecido na súa cidade natal, aínda cando para autores como Ramón Otero Pedrayo constitúe o mais egrexio representante do Renacemento en Galicia. Álvaro de Cadaval , nace en Tui, e así o afirma nalgunha oportunidade, cara o ano 1505. Na nosa cidade vivían os seus pais Juan de Cadaval Valladares , escudeiro e señor da Casa de Arcos, e María Alvarez Barbosa, señora da Casa de Matamá que residían na rúa da Zapatería (un tramo da actual Rúa Lourenzo Cuenca ou de Abaixo). Era o menor de cinco irmáns: Francisca, que casou con D. Antonio Pereira de Caldas e Castro, cortesán portugués que tiña a súa casa nobre en Arcos – Randufe (un dos fillos deste matrimonio será outro destacado escritor Francisco de Caldas Pereira e Castro), Isabel que foi monxa, Eitor ou Hector, que finou moi novo e Pedro que cos seus tres ma...

A primeira cita do “Fogo de San Telmo” no libro “Embajada a Tamorlán” de 1406?

O coñecido fenómeno do “Fogo de San Telmo” son iluminacións eléctricas ou brilos fosforescentes que nas tormentas aparecen nos mastros e aparellos dos barcos. No antigüidade clásica eran identificadas con Castor e Póllux e nos primeiros tempos cristián recibiron o nome de fogo de San Elmo, na honra de San Erasmo de Formia, santo patrono dos mariñeiros. Durante as persecucións do emperador Dioclesano (244-311), Erasmo sufriu unha serie de terribles torturas, ata que ao final, segundo recolle "La legenda aurea" de Jacobo de Voragine (c.1230 - 1298) "o seu estómago foi partido en dous e os seus intestinos foron enrolados nun cabrestante". A asociación de San Erasmo aos mariñeiros pode deberse a que nunha ocasión continuou predicando aínda cando un raio caeu onda el. Por este motivo, ao rezar a San Erasmo, os mariñeiros podían buscar protección contra o perigo dos raios na mar. Pero nos tempos dos grandes descubrimentos, os mariñeiros galegos e port...

Reflexión sobre Rosendo Salvado, un bispo nas "antípodas"

Conmemoramos o pasado 1 de marzo o bicentenario do nacemento na rúa de Riomuíños do bispo Salvado. Nestas xornadas temos rememorado alongadamente a súa traxectoria vital, a creación da abadía de Nova Nursia, a exemplar obra desenvolvida por Salvado naquelas terras a prol dos seus nativos, dos aborixes. Pero cómpre abordar unha mínima contextualización histórica daquela época na que o noso frade beneditino arriba a aquelas terras nas nosas antípodas.  A revolución industrial, xurdida en Inglaterra nas últimas décadas do século XVIII, se estende progresivamente por Europa e conleva, entre outras medidas, unha revolución dos transportes e un crecemento económico que impulsa a numerosos países á procura de materias primas para as súas industrias e mercados para os seus produtos. É o que chamamos colonialismo, que daba un novo pulo á antiga expansión colonial de época moderna que lideraran España e Portugal. Pero agora son as novas potencias industriais e económicas (Inglat...