Ir al contenido principal

A Horta das Oliveiras e outras expresións da Semana Santa tudense

A dilatada historia da nosa cidade amosa diversas expresións culturais ao longo do calendario anual e que o paso do tempo as dota de maior relevancia ou as limita nas súas manifestacións. A Semana Santa é un deses momentos onde con maior nitidez podemos contemplar a singularidade histórica das ancestrais tradicións que conservamos os tudenses.

A inmediata celebración das festas patronais de san Telmo distorsionan a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús que xunto co proceso de secularización que vive a sociedade reduce a pegada destas celebracións. Pero cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos custodios. Temos xa documentada en 1653 unha procesión do Santo Cristo no Venres Santo!



Tomado de https://www.facebook.com/fotosantiguastuy 



Tomada do libro "Hermandad del Dulcísimo Nombre de Jesús y de la Santa Casa Misericordia" de Suso Vila


Poucos lugares conservan unhas manifestacións da Semana Santa tan singulares como Tui, diferenciadas –aínda que cada vez con menos solvencia- doutras expresións mais propias doutros ámbitos culturais. Son as escenografías relacionadas con antergos dramas ou autos sacramentais como os que podemos contemplar aínda no Sermón do Encontro, coa soberba imaxinería articulada do Cristo caendo coa cruz, ou no Sermón do Desencravo coa súa particular carga escenográfica e a posterior procesión do Santo Enterro, organizada como é tradición secular polo Concello, que reunía, e reúne, ás xentes da nosa contorna e mesmo das terras de Portugal.

A existencia de Cristos articulados é un dos testemuños da existencia de representacións para teatrais de orixe medieval onde se prescindía de actores e textos para privilexiar o uso das imaxes que son integradas nun sermón pronunciado por un predicador. Nos finais da idade media estas representacións se trasladan dende o interior dos templos aos espazos exteriores.

A existencia destas imaxes articuladas, espalladas por toda Europa, evidencia a presenza de representacións teatrais que  aparecen paralelamente á proliferación dos Calvarios dende o século XII  que como sinala o profesodr Julio I. González Montañés, posúen “unha finalidade controvertida pero aos que a maioría dos estudiosos vinculan coa lituixia pascual e asignanlles un papel no desenvolvemento do drama litúrxico da Depositio (...) os grupos escultóricos do Calvario e do Descendemento con figura estáticas vai desaparecendo no século XIV e no seu lugar atopamos por toda Europa crucifixos con Cristos articulados e tecas eucarísticas que proban que os ritos da Depositio se realizaban con actores reais que representaban a Nicodemos e Xosé de Arimatea que desencravaban a imaxe, a baixaban da cruz e depositaban nunha urna”. Do segundo terzo do século XIV é o exemplar do Museo Diocesano de Tui procedente igrexa de San Domingos e “relacionados con alguns Cristos vallisoletanos, tipo Cristo de Protillo” e que podemos conxeturar como integrante desta representación do Desencravo.

Imaxe tomada de www.teatroengalicia.es

Cómpre non esquecer que San Domingos de Guzman, fundador da Orde dos dominicos, e os seus discípulos impulsaron a creación de numerosas confrarias penitenciais e agrupación piadosas, nos séculos XIII e XIV pero configuradas definitivamente a partir do XVI, cun caracter disciplinante e que sacaban e procesión imaxes da cruz e centraban o seu culto na paixón de Cristo.

Esta escenificación, como a do “Encontro”, ten perdurado ata os nosos días testemuñando o seu arraigo popular como unha pervivencia dos “Autos sacramentais” dirixidos por un predicador e executado mediante imaxes articuladas ou movidas polo encargados.

Xunto a esta escenificacións nas que participan imaxes e persoas temos de engadir algo tan excepcional  como a Horta das Oliveiras, que xa se realizaba en 1818 na Capela da Misericordia e que revelan a riqueza desta tradición cultural na nosa cidade. Tradición conservada e promovida pola Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia, presente en Tui dende 1542, data que se fundou esta última institución, seguindo o modelo do reino portugués. No seno da Santa Casa creouse en 1677 a Irmandade do Doce Nome de Xesús.



Esta Horta das Oliveiras é un escenografía única en Galicia, pois en moitos outros lugares perdeuse esta tradición que tantas veces pasa desapercibida para moitos dos nosos propios veciños.

O historiador tudense Suso Vila no seu libro  sobre esta Irmandade recolle diversas noticias de interese sobre esta Horta das Oliveiras. A 1818 corresponde a data máis anterga que coñecemos sobre a “Hortas da Oliveiras” pois daquela o artista Juan Rial pinta uns chanzos para esta escena. Xa en 1902 nos estatutos aprobados nesa data se sinala que compételle ao fiscal eclesiástico ser  “camarero en el Huerto de las Olivas el Jueves Santo por la noche y el Viernes Santo hasta nueve días”. No libro de Suso Vila sobre esta Irmandade figura o inventario da mesma datada en 1938 na que figuran os seguintes bens relacionados con esta representación : “cuatro caballetes para el huerto. Cuatro id. Para colocar las imágenes. Tres trozos de rejas de madera para cerrar el Huerto. Dos telones pintados. Un reflector con su cordón. Dos discos con la media luna. Una tina de zinc para el surtidor. Dos grifos para el mismo. Una armazon para la imagen del Huerto. Una id. Para armar la imagen”.
Na actualidade seguimos contando con esta peza para-teatral da Horta das Oliveiras, realizada seguindo o modelo tradicional contando co fondo ou telón pintado polo, segundo algunha testemuña oral, artista tudense Eduardo Padín nas primeiras décadas do pasado século e que expresan o boi quefacer do lembrado artista tudense.

Peza tamén excepcional e o “Monumento” da Catedral, retablo que se montaba anualmente para función litúrxica do Xoves Santo, testemuño das disposicións canónicas da Contrarreforma. Obra do escultor Juan Luís Pereira de Santo Adrián de Cobres realizado no ano 1775, e que na actualidade é unha peza do mobiliario litúrxico única en España.



O pasado ano esta Semana Maior ou de Paixón se enriqueceu coa recuperación dunha anterga expresión da sensibilidade destas datas: o son da carraca ou matraca da Catedral tudense marcou estas xornadas da Semana Santa recuperando unha acústica esquecida durante décadas.  Gracias á colaboración do Concello de Tui as vellas rúas tudense acolleron de novo o son adusto, seco e rexo da carraca catedralicia convocándonos á celebración do misterio pascual.


Esta combinación de fe e cultura, de relixiosidade e tradición son un tesouro que os tudenses conservamos como legado secular e que conforman un excepcional atractivo que enriquece o noso patrimonio cultural, integrado tamén por estas manifestacións efémeras ou intanxibles que nos singularizan.

Comentarios

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...