A filatelia é unha afección dedicada a coleccionar e clasificar selos, sobres e outros documentos postais. Dende a edición do primeiro selo postal, en Inglaterra o 6 de maio de 1840, no caso de España o 1 de xaneiro de 1850, comezou paralelamente o coleccionismo destes gravados. Nos selos podemos contemplar parte da historia e da cultura dun país ao recoller nas súas emisións imaxes de persoeiros, monumentos, pinturas, acontecementos destacados, flora, fauna... en definitiva, un amplo abano da realidade de cada país emisor.
A afección polas coleccións de selos conta con numerosos seguidores e aínda que os cambios nas comunicacións, concretamente as epistolares, parecen cuestionar mesmo a súa continuidade segue gozando dun amplo número de seguidores.
En
Tui temos unha agrupación local de dilatada historia, con sesenta anos de
traxectoria -que cumpre este ano-, e que reúne a un amplo fato de
coleccionistas. O Grupo Filatélico e Numismático de Tui foi creado no ano 1962,
deste xeito no vindeiro mes de novembro esta agrupación cumprirá 60 de
existencia. O xermolo deste colectivo estaba nas xuntanzas que diversos
afeccionados realizaban no “Centro Portugués” pero moi especialmente no bazar,
localizado no Paseo da Corredoira, de Alberto Estévez de Figueirido,
“Albertito”, gran afeccionado filatélico.
Alli,
animados por los éxitos que mundialmente estaba consiguiendo el filatelista
tudense José González García, decidieron constituirse en una sociedade
filatélica. Fueron ellos los señores Ildefonso Baquero Fortes, a la sazón
primer teniente de alcalde de Tui; el antes nombrado, José González García;
José Luis de la Peña y Aznar, cónsul de España en Valença do Minho; Abraham da
Costa Seixas, Alberto Estévez Piña, Pilar Saracho Urtiaga, Luis Rodríguez
Silva, Miguel Angel Vidal Álvarez, Javier Vila Garcia, Juan Álvarez Caramés y
Carlos Pérez-Fonterosa Antón. Excusó su asistencia por motivos profesionales
Alberto Estevez de Figueirido (Albertito). El Sr. González García hace constar
sus deseos de que figuren entre los socios fundadores sus hijos José Manuel,
Carlos, Miguel, Joaquín y Manuel González Troncoso. Los mismos deseos, con
referencia a sus hijos, los hace el Sr. De la Peña y Aznar.
Se
nombra una comisión gestora que preside Ildefonso Baquero Fortes, como
secretario, Carlos Pérez-Fonterosa, y vocales Abraham da Costa Seijas, Miguel
Ángel Vidal Álvarez, Luis Rodríguez Silva y Alberto Estévez Piña. Sería una
asociación sin ánimo de lucro y “con la finalidad de fomentar en la ciudad de
Tui y sus contornos la noble aficción, bella y cultural que es el coleccionismo
de sellos”. No se había incluido en aquellas fechas la sección numismática.
O
primeiro presidente falece ao pouco tempo ocupando a presidencia deste colectivo a Carlos
Pérez-Fonterosa, que segue hoxe sendo un dos directivos deste Grupo (dos seus
escritos espallados por diversos catálogos das exposición filatélicas tudenses
tomamos moitos datos para este post).
De
inmediato, organizan na sede do Club Náutico “San Telmo” a primeira exposición
filatélica, con expositores de madeira entregados polo concello tudense que
presidía José Casal Aboy. Hubo una sección de honor, en donde estuvieron
expuestos una representación de los sellos de D. José González García y de la
de D. José Luis de la Peña y Aznar, con sus importantes colecciones (…) además
recuerdo que pasaban de 20 los expositores que nos mostraban sus magnificas colecciones, entre ellos, los
señores Da Costa e Seixas, Vidal Álvarez, Rodríguez Silva y Estévez Piña,
además de Javier Vila García todos miembros de la gestora. A este último, le
fue concedido por el jurado el Gran Premio de la muestra. Los responsables de
las valoraciones, fueron los conocidos filatelistas y publicistas, D. Manuel
Lago García y D. José María Álvarez Blázquez (…) pocos días después se divulgó
la noticia de que D. José González García había conquistado en Estambul
(Turquía) la Medalla de Oro y el Gran Premio de Honor de la “Istambul 63” con
sus colecciones de Portugal y las colonias, como las mejores del mundo.
A figura de José González é básica no ámbito da filatelia, pois acadou un amplo recoñecemento internacional as súas colección de selos de Portugal e as súas colonia. A relación de premios en exposicións e certames filatélicos é excepcional entre finais do anos cincuenta e os setenta do pasado século. Invitado a numerosas convenciones, impartió asimismo conferencias ilustradas sobre las primeras emisiones de sellos de Portugal. Podríamos citar, entre otros, colectivos, la ofrecida en el Colletors Club de Nueva York o en el The Royal Philately de Londres, clubs de reconocido prestigio y que le sirvieron para figurar en el Rol internacional de filatelistas distinguidos. En recoñecemento a súa traxectoria o goberno de Portugal nomeouno “Cabaleiro da orden do Infante don Henrique” no ano 1971. El Club Filatélico de Portugal acuñó sendas medallas de plata y bronce con su efigie, hoy en día muy buscadas por los coleccionistas.
Da
vitalidade que logrou este grupo tudense da testemuña o feito de que o 17 de
abril de 1966 foi creada, en Tui, a Federación Gallega de Sociedades
Filatélicas con once entidades filatélicas fundadoras: O Barco de Valdeorras, A
Coruña, A Estrada, A Guarda, Noia, Ourense, Pontevedra, Ribadavia, Santiago,
Vigo e Ponferrada.
Este
Grupo filatélico promoveu en Tui cerca de corenta exposicións e outros tantos
mataselos conmemorativos concedidos por Correos. O primeiro para a exposición
do ano 1964 coa imaxe do brasón da cidade, coa media lúa e as tres estrelas.
Dende aquela son numerosos os mataselos concedidos á agrupación tudense cunha
ampla gama de motivos relacionados coa nosa cidade.
Cabe
destacar ao abordar esta traxectoria que no ano 2000 o colectivo tudense recibe
a “Medalla de ouro ao mérito filatélico” por su historial, difusión de cultura
filatelica y gestión protocolaria entre
las instituciones de Galicia y Norte de Portugal. O grupo tudense valora tamén
a aceptación por membros da Casa Real da presidencia de honra de diversas
exposición filatélicas celebradas en Tui: en 2002 é o daquela Príncipe de
Asturias, Felipe de Borbón, en nos anos 2004 e 2012 serán SS. MM. D. Juan Carlos
e Dona Sofía.
Pero
un dos principais obxectivos do Grupo Filatélico de Tui foi, de sempre,
conseguir un selo sobre a nosa cidade, pero houbo que esperar trinta e cinco
anos. E así gracias ao seu empuxe e iniciativa foi editado no ano 2001 o
primeiro selo de Correos dedicado a Tui, en concreto a unha imaxe do pórtico da
nosa catedral de Santa María. Como afirma Carlos Pérez-Fonterosa, el
acontecimiento constituyó un hito para nuestro Grupo y la ciudad de Tui fue la
emisión, por primera vez en la historia de la filatelia española, de un sello
dedicado a nuestra catedral (…) después de 152 años de efectos postales en
España sin solo sello de nuestra histórica ciudad.
Este
selo foi emitido o 14 de maio de 2001 e presentado nun acto no Club
Internacional de Prensa de Santiago de Compostela co Presidente da Xunta de
Galicia, Manuel Fraga Iribarne, e
Director General de Correos. Contou cunha tirada de 1.200.000
exemplares.
Para
o segundo selo que contase cunha ilustración relativa a Tui non foi preciso
esperar moito; do ano seguinte, 2002, data un selo dedicado ao centenario da
Escola de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos de Madrid e que conta cunha
ilustración da ponte internacional Tui – Valença.
O selo foi presentado en Tui, o 4 de abril de 2003, por Alberto Núñez Feijóo daquela xa conselleiro de Política Territorial da Xunta de Galicia e que anteriormente ocupara a Presidente de Correos, que recibiu as insignias de ouro do Concello de Tui e do Grupo Filatélico tudense.
A
seguinte edición de selos que atinxen á nosa cidade corresponden ao ano 2013,
comezando a súa posta en circulación o 4 de xullo no que foron presentados no
concello tudense. Foi unha tirada de 300.000 exemplares da serie “Personajes”. Neste
caso con dous selos, dedicado un á figura do noso patrón, San Telmo, coa imaxe
da Catedral tudense como fondo e outro dos selos recolle á figura do tudense
Rosendo Salvado Rotea, fundador da Abadía de Nova Nursia en Australia onde foi
pioneiro no recoñecemento dos dereitos e dignidade dos aborixes daquel
continente.
Dende hai cerca dunha década Correos promove novos tipos de emisións filatélicas máis aló dos programas do seu servizo filatélico e das emisións para o franqueo postal. Trátase de emisión de selos personalizados, segundo as indicacións do cliente, con tiradas máis curtas en número pero que amplían enormemente o abano dos motivos filatélicos editados. Recollemos os promovidos pola asociación tudense o que non desbota a existencia doutras emisións deste tipo que recolla algunha referencia á nosa cidade.
A
este tipo de emisións “baixo demanda” corresponde dous selos editados no ano
2016 e promovidos novamente lo Grupo Filatélico de Tui. Con data 19 de xullo de
2016 foi editado un selo que leva impreso o escudo e a bandeira de Tui.
Este
selo válido para franqueo sen embargo non se distribuía nas oficinas de Correos
senón unicamente a través do Grupo Filatélico tudense. Lamentablemente a imaxe
do escudo de Tui con corresponde nin coa que naquel momento posuía o Concello
de Tui nin co escudo que posteriormente aprobou a Xunta de Galicia.
No
mes de outubro do mesmo ano 2016 foi editado outro selo, de tipo personalizado,
dedicado neste caso á Eurocidade Tui-Valença e tamén promovido polo colectivo
filatélico tudense. O deseño desta estampilla é a imaxe de Tui e Valença
realizada en torno a 1510 polo escudeiro portugués Duarte D’Armas e que
corresponde ao encargo realizado polo rei D. Manuel para que fixera un informe
e valoración das defensas do reino de Portugal. Esta ilustración é a imaxe máis
antiga que conserva das nosa cidades e posibilita un coñecemento pormenorizado
das defensas de ambas cidades.
A edición deste selo coincidiu cunha nova exposición filatélica organizada polo Grupo de Tui, neste caso dedicada ao 75 anos da Brilat, a brigada aerotransportable do Exército de Terra con base en Figueirido – Pontevedra e que mantiña e mantén estreitos lazos coa nosa cidade.
Nestes anos Correos tiña comezado un amplo traballo en torno aos camiños xacobeos na
súa oferta de servizos e na súa promoción de imaxe corporativa. Entre as
numerosas iniciativas que promove está a edición dunha tarxeta filatélica dedicada
ao Camiño Portugués no ano 2018 que inclúe diversos selos con imaxes
representativas das diversas localidades que percorre esta ruta xacobea, entre
elas, a cidade de Tui. O imaxe do selo sobre Tui reproduce á ponte
internacional, proxectada polo enxeñeiro Pelayo Mancebo e inaugurada o 25 de
marzo de 1886 e quen conforma a entrada en Galicia dos camiños portugueses.
O
Camiño Portugués é tamén a temática que aborda a nova emisión filatélica
dedicada a Tui. Editado a inicios do ano 2019 trátase dun selo co lema “Tui,
puerta del Camino Portugués” e conta cunha ilustración a plumiña da fachada da
catedral tudense realizada polo debuxante Martín Rodríguez, natural de Tui e
residente nas illas Canarias.
En
abril de 2019 en colaboración coa Federación Española de sociedades filatélicas
(FESOFI) e co patrocinio de Correos, o Colexio Maristas de Tui acolleu unha
exposición sobre "El mundo de los sellos", que pretende familiarizar
aos escolares coas posibilidades do selo como elemento de cultura e diversión,
asi como diversas actividades como talleres de filatelia, de escritura, etc.
Entre as propostas realizadas estivo un concurso para a elaboración dun selo da
nosa localidade, sendo a gañadora a alumna de 3º de Primaria, Celia Bargiela
Morales. Selo editado por Correos nesas mesmas datas.
Finalmente,
o último editado por Correos referente a Tui foi posto en circulación nos
primeiros días deste ano 2022 e corresponde á serie filatélica “12 meses 12
provincias” que neste mes de xaneiro está dedicado á provincia de Pontevedra
escollendo a imaxe do claustro da catedral tudense como símbolo da nosa
provincia.
Un
total de dez selos, que son dez fitos na traxectoria do Grupo Filatélico e
Numismático de Tui, hoxe presidido por José Manuel González Troncoso e no que
continúan varios dos seus fundadores, entre eles Carlos Pérez-Fonterosa e Pilar
Saracho. Sesenta anos de promoción do coleccionismo filatélico en Tui e por
extensión de dinamizadores da vida social e cultural da nosa cidade coa súas
permanentes actividades que teñen o seu mellor expoñente nestas emisións de
selos que contribúen á divulgación de Tui e os seus recursos patrimoniais e
turísticos. A celebración deste aniversario, ao longo desde ano 2022, ben
merece o noso recoñecemento e gratitude.
Muito interessante. Então para os crleccionadores é um verdadeiro presente. Parabéns
ResponderEliminar