O mundo de internet ofrece múltiples recursos de información, tantos que, en moitas oportunidades, resulta toda unha aventura internarse no mundo web na procura dalgunha información. Ás veces estas procuran levan ao internauta a atoparse con interesantes e, incluso, sorprendentes traballos ou informacións ás que doutro xeito sería impensable acceder.
Unha
estas búsquedas levoume ata un traballo inxente de recompilación titulado
“Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego” publicado na
web do sindicato anarquista CNT Galicia e coordinado está por Eliseo Fernández https://cnt.gal/enciclopedia/
Nesta
enciclopedia se recollen nomes de persoas e colectivos anarquistas ou
relacionado co movemento anarquista logrados gracias ao baleirado de arquivos,
fondos xornalísticos e achegas de colaboradores desta obra documental. Na
introdución desta obra se sinala: Este é un traballo que se enmarca dentro
da corrente historiográfica que considera a prosopografía (o estudio das
biografías das persoas protagonistas) como método da investigación dun
acontecemento de carácter histórico. No caso do anarquismo
galego será fácil constatar por medio deste traballo a similitude nas orixes e
destinos dalgúns movementos migratorios, así como a influencia das expulsións
de militantes de países de América Latina; tamén se poden visualizar os
diferentes ritmos da organización sindical segundo esteamos falando do mundo
rural, vilego ou urbán, así como a maior ou menor influencia do anarquismo en
cada un dos diferentes espazos xeográficos; e vaise saber algo máis dos efectos
da represión, co coñecemento da mortandade en diferentes lugares, os cárceres
aos que foron levadas as persoas presas ou tamén os lugares do exilio onde
remataron establecéndose.
Como xa
temos sinalado neste blog en diversas oportunidades carecemos dunha achegamento
sistemático á historia contemporánea de Tui. Unicamente os traballos de Bieito
Alonso aportan unha análise do anarquismo e o movemento obreiro en Tui e que
son o complemento para este listado que achegamos.
Unha
relación de nomes tomada da documentación consultada por Eliseo Fernández e de
xornais e revistas da época, por tanto nalgún caso haberá erros na transcrición
dos nomes ou botaremos en falla unha maior profundidade na achega biográfica. Calquera
aportación dos nosos lectores será sempre de utilidade para enriquecer esta
lista de nomes e o seu contido. Con todo, é unha excelente aportación ao coñecemento
da evolución social de Tui e a súa comarca nas primeiras décadas do pasado
século. Agradecemos dende Tudense a xenerosidade do autor que nos permite
compartir esta investigación.
ADÁN
RIVAS, José.
Sae
tamén como José A. Riba, José A. Rivas ou Adán Rivas, indistintamente. Colabora
economicamente dende Tui para a publicación do diario CNT de Madrid en 1932.
Militante de Tui, procesado despois da folga xeral de maio de 1932, por asinar
unha circular. A súa compañeira Isolina Sousa Castro estivo tamén detida e foi
expulsada a Portugal; José Adán non podía ir a Portugal porque fora expulsado
dali. Escribe a “Solidaridad Obrera” da Coruña dende o cárcere de Tui, en xullo
de 1932. Despois da liberación doutros sete militantes tudenses en agosto de
1932, quedou na cadea, procesado por chamar ao boicot a certos industriais.
Correspondente de “Solidaridad Obrera” da Coruña en Pontevedra en xullo de
1933. Uniuse civilmente con Isolina Pousa Castro en Porriño, en xuño de 1934.
Paqueteiro de “Solidaridad” en Tui en marzo de 1936. No Congreso de Zaragoza,
en maio de 1936, representou ao Sindicato de Vendedores Ambulantes e ao
Sindicato de Confiteros y Similares de Vigo. Responsable da Comisión de
Propagada y Cultura das Juventudes Libertarias de Vigo en xullo de 1936. En
xuño de 1939 estaba nunha listaxe de refuxiados galegos en Francia. En xullo de
1939 no Campo de refuxiados de Argelès sur Mer en Francia.
ALONSO
En
novembro de 1933 mantén correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona
desde Tui.
ALONSO
Militante
de Tui, procesado despois da folga xeral de maio de 1932, por asinar unha
circular. Despois da liberación doutros sete militantes de Tui, en agosto de
1932, aínda seguía no cárcere, procesado por chamar ao boicot a certos
industriais.
ALONSO, José.
Secretario
da Federación Obrera de Tui, estaba detido no cárcere de Tui a finais de xuño
de 1932, procesado por inxurias; liberado a mediados de agosto. Elixido nun
pleno da Federación Obrera de Tui en marzo de 1933 para integrar unha comisión
cara ao Congreso Nacional. A fins de abril de 1933 participou nunha reunión da
Federación de Trabajadores, integrando unha comisión para redactar as
conclusións da manifestación do 1º de maio. Detido pola folga xeral de Tui en
maio de 1933, acusado de poñer un arame de espiño no monte Aloia; á altura do
día 20 de maio pasou de detido gobernativo a xudicial. Presentou aos oradores
do mitin do 1º de maio de 1934 en Tui. Participou nunha ponencia do Congreso da
CRG de Ourense en decembro de 1935. Mantén correspondencia con “Solidaridad”
dende Tui en marzo de 1936. Participa no mitin do 1º de maio en Tui en 1936.
ALONSO,
Manuel
Contador
da Sección del Ramo de Construcción da Federación Obrera de Tui en xuño de
1931.
ALONSO,
Rosalía
De Tui. Era a tía de
Gumersindo Rodríguez e foi detida despois da folga de solidariedade cos
folguistas de Ferrol, en xuño de 1932. Ao seu enderezo dirixíase a
correspondencia da FAI en Tui, en 1934.
ALONSO
FERNÁNDEZ, Rogelio (Rebordáns-Tui, 28-4-1895 – ?).
Panadeiro.
Secretario da Federación Obrera de Tui, detido en xuño de 1921, por inxurias á
garda civil. Detido en Tui en novembro de 1922, como vocal do Comité de Folga.
Procesado por coacción, decretouse a súa liberdade baixo fianza a comezos de
decembro de 1922. En novembro de 1932 escribe dende Vigo sobre a folga
pesqueira. Panadeiro, enlace da organización clandestina nos anos 40. Procesado
na causa 156/47, pedíronlle 3 anos e foi condenado á esa pena.
ALONSO GREGORES, Manuel.
En
marzo de 1933 era contadora da Federación Obrera de Tui, e desexaba deixar o
cargo, ao levar máis de seis meses. Detido pola folga xeral de Tui en maio de
1933, en calidade de preso gobernativo. Foi posto en liberdade a finais de
maio.
ALONSO
MARTÍNEZ, José.
Tamén
sae como Jesús. Representou á Federación de Trabajadores de Tui no Pleno
Regional de Ourense en decembro de 1935.
ÁLVAREZ
ROCHA, José “Rocha” (Randufe-Tui, 13-2-04 – ?).
Detido
en novembro de 1934 por reunión clandestina no local da CNT en Vigo, estivo na
cadea uns vinte días. Cando o golpe de estado estivo vixiando a carreteira
Tui-A Garda e requisando algunhas armas. Detido en agosto de 1936 no seu
domicilio en Bornetas-Tui. Ferreiro, condenado a 30 anos por rebelión militar
en novembro de 1936. En liberdade atenuada en setembro de 1940, sae do Penal de
Burgos. En maio de 1943 estaba traballando na Sociedad de Grandes Redes Eléctricas,
en Tudanca-Santander. Participou nos traballos de reorganización da CNT
clandestina en Tui cara a 1947. Procesado na causa 156/47, pedíronlle 15 anos e
foi condenado a 3.
BAÑOS,
Ramón.
Militante
de Tui, detido no cárcere de Tui a finais de xuño de 1932; liberado a mediados
de agosto.
BARREIRO,
José.
Presidente
da Federación Obrera de Tui a finais de setembro de 1930, asinou un telegrama
de protesta polos sucesos do mitin monárquico de Lugo. Elixido nun pleno da
Federación Obrera de Tui en marzo de 1933 para integrar unha comisión cara ao
Congreso Nacional. A finais de abril de 1933 foi elixido contador da Federación
de Trabajadores, mais ao final rematou permutando o seu cargo con Fernando
Martínez e ocupou o de secretario xeral. Detido pola folga xeral de Tui en maio
de 1933, foi conducido a Pontevedra. Paqueteiro de “Solidaridad” de A Coruña en
agosto de 1935 en Tui.
CABALEIRO
DIZ, Juan.
Detido
pola folga xeral de Tui en maio de 1933, acusado de poñer un arame de espiño no
monte Aloia.
CASTILLO.
Participou
nun pleno da Federación de Trabajadores de Tui en abril de 1933.Traballador do
taller onde se publicaba o semanario “Tribuna”, este denunciou que deixara de
traballar para eles por orde da Federación de Trabajadores, provocando a
suspensión durante unha sema.
CASTIÑEIRA
GONZÁLEZ, José.
Detido
en Paramos-Tui en novembro de 1922, por impedir a chegada de produtos ao
mercado na folga agraria.
CASTRO,
Valentín.
Detido
en novembro de 1922 pola colocación dunha bomba na redacción do xornal “La
Integridad” de Tui.
CASTRO
RODRÍGUEZ, José.
Detido
pola folga xeral de Tui en maio de 1933, por coacción.
COMESAÑA,
José.
Actúa
de secretario nun pleno da Federación Obrera de Tui en marzo de 1933.
CORREAS
TRALLERO, Gregorio.
Detido
pola folga xeral de Tui en maio de 1933, á altura do 20 de maio pasou de detido
gobernativo a xudicial.
CORTÉS,
Enrique.
Militante
de Tui, detido no cárcere de Tui a finais de xuño de 1932; liberado a mediados
de agosto. Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, foi conducido a
Pontevedra; a finais de mes aínda estaba detido.
CORTÉS,
José.
Paqueteiro
de “Solidaridad” en Tui en febreiro de 1936. Paqueteiro de “Solidaridad” en
Goián en xullo de 1936.
COSTAS,
Alejandro.
Mantén
correspondencia con “Solidaridad” dende Tui en marzo de 1936.
COSTAS
FERNÁNDEZ, Emilio (1913 – ?).
Colaborador
do xornal “Mar y Tierra”. Panadeiro en Vigo, detido en novembro de 1932 por un
tiroteo no que foi ferido Valentín Paz Andrade, xunto a Vicente Vales, no
transcurso da folga pesqueira. Era veciño de Teis e tiña 19 anos. En febreiro
de 1933 asinando unha subscrición nun grupo de presos sociais do cárcere de
Vigo. En xuño de 1933 envía unha colaboración a “Tierra y Libertad” de
Barcelona, asinada con Vicente Vales, pedindo a realización dunha campaña de
propaganda anarquista. En xullo de 1933 asina un artigo en “Tierra y Libertad”
co título “A la juventud revolucionaria de Galicia”. En Vigo en setembro de
1933. En outubro de 1933 asina un artigo en “Tierra y Libertad” de Barcelona
sobre unha campaña de organización anarquista na Galiza. Denuncia as pésimas
condicións do cárcere de Vigo en outubro de 1933. Para o xuízo, en novembro de
1933 polas feridas a Paz Andrade se lle pediron 18 anos de cárcere. Absolto a
mediados de novembro de 1933. En setembro de 1934 se lle quixo aplicar a Lei de
Vagos en Tui. No Congreso de Zaragoza, en maio de 1936, representou ao
Sindicato de Alimentación y Similares e Sindicato de Construcción y Similares
de Tui, e Sindicato de Oficios Varios de Guillerei. Falou no enterro de Ramón
Domínguez en xuño de 1936.
COSTAS
FERNÁNDEZ, José.
Militante de Tui, detido no cárcere de Tui a finais de xuño de 1932; liberado a mediados de agosto. Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, en calidade de preso gobernativo. A finais de maio de 1933 polemizaba no xornal “Tribuna” de Tui; foi contestado no mesmo xornal a comezos de xuño. Secretario do Sindicato del Ramo de la Alimentación de Tui en setembro de 1933. En agosto de 1935 escribía en “Solidaridad” dende o cárcere de Tui. Detido en setembro de 1935, nunha reunión do Sindicato de Alimentación de Tui, foi procesado por reunión clandestina e condenado a tres meses de cárcere. Participa nun acto organizado polo grupo “Mar y Tierra” de Cangas en abril de 1936.
DÍAZ
RODRÍGUEZ, Benigno.
Procesado
en Tui por coacción, decretouse a súa liberdade baixo fianza a comezos de
decembro de 1922.
DOMÍNGUEZ, Antonio
Elixido
nun pleno da Federación Obrera de Tui en marzo de 1933 para integrar unha
comisión revisora de contas.
DOMÍNGUEZ, Ramón.
Secretario
da Federación Obrera de Tui a finais de setembro de 1930, asinou un telegrama
de protesta polos sucesos do mitin monárquico de Lugo. Participou nun pleno da
Federación de Trabajadores de Tui en abril de 1933, sendo elixido na comisión
que ía elaborar as conclusións da manifestación do 1º de maio. Detido pola
folga xeral de Tui en maio de 1933, foi conducido a Pontevedra; a finais de mes
aínda estaba detido. Faleceu ao caer dun andamio na Corredoira-Tui en xuño de
1936. O seu corpo foi depositado no local da CNT de Tui.
ESTÉVEZ,
J.
Correspondente
de “Solidaridad Obrera” da Coruña en Tui en novembro de 1933. Paqueteiro do
xornal “Brazo y Cerebro” en Tui en xaneiro de 1936.
ESTEVEZ, Joaquín
Na enciclopedia figura erroneamente como Joaquín Alonso. Veciño de Soutelo, asasinado en novembro de 1922 nos sucesos de Sobredo.
ESTÉVEZ, Manuel.
Nun
pleno da Federación de Trabajadores de Tui en abril de 1933 foi elixido membro
dunha comisión para tratar co Concello da cesión dun solar para o edificio
social. Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, foi conducido a
Pontevedra.
ESTÉVEZ AREAL, Severino.
Segundo
Manuel Fernández, un dos máis destacados anarquistas de Tui de comezos de
século. No final da década dos 10 e no inicio da década dos 20 Juan Noya, José
Villaverde e Severino Estévez formaron parte da redacción dun xornal mensual
editado en Vigo. En xaneiro de 1921 falou en nome do Ateneo Obrero Sindicalista
de Vigo nun mitin na Guarda. Anarquista expulsado da Arxentina, residente en
Vigo, foi detido en novembro de 1922 pola colocación de pasquíns en Tui.
ESTÉVEZ GÓMEZ, Manuel
Detido
en marzo de 1932 en Tui con David García de Altamira, sospeitoso de ter
apedrado un automóbil; tiña 29 anos.
FERNÁNDEZ,
Antonio.
Militante
de Tui, detido no cárcere de Tui a finais de xuño de 1932; liberado a mediados
de agosto. Detido pola folga xeral de maio de 1933 en Tui; a finais de xuño de
1933 era o único detido que aínda quedaba no cárcere.
FERNÁNDEZ
CABANAS, Luis
Falou
en representación de Tui no mitin de protesta organizado pola FLO da Coruña
polos sucesos de Sobredo, en decembro de 1922.
FONTÁN
NÚÑEZ, Juan.
Detido
pola folga xeral de Tui en maio de 1933, acusado de poñer un arame de espiño no
monte Aloia.
FUENTES,
Manuel.
Chofer,
detido pola folga xeral de decembro de 1933 en Tui. Foi condenado a dous meses
polo Tribunal de Urxencia, que cumpría no cárcere de Pontevedra.
GARCÍA,
Félix.
Detido
pola folga xeral de decembro de 1933 en Tui, acusado de desacato á autoridade.
Foi condenado a catro meses polo Tribunal de Urxencia, que cumpría no cárcere
de Pontevedra.
GARCÍA
DE ALTAMIRA, David (Tui, 1910 – ?).
Panadeiro.
Sospeitoso de ter apedrado un auto en Tui en marzo de 1932, con Manuel Estévez
Gómez. Detido en Lugo despois do movemento de maio de 1933. Preso social no
cárcere de Lugo en xullo de 1933. En xullo de 1933 publicábase unha nota en
“Tierra y Libertad” pedindo que os que mantiveran correspondencia co grupo
“Júpiter” de Lugo se abstiveran de facelo até novo aviso; asina o aviso David
García, desde o cárcere de Lugo. En xaneiro de 1935 detido en Barcelona, nunha
redada contra un suposto grupo de atracadores. Presidente do Ateneo Libertario
“Humanidad Libre” de Lugo en maio de 1936. Electricista natural de Tui, de 33 anos,
foi xulgado en maio de 1943, acusado de ter cometido un atraco en 1933, de ser
vocal dun tribunal popular en 1936, ser home de confianza de Aurelio Fernández,
estar no fronte de Huesca e participar no atentado contra o xuíz Andreu.
Condenado á pena de morte, foi executado no Campo da Bota o 27 de xullo de
1943; soterrado en Fossar de la Pedrera.
GONZÁLEZ,
Andrés
En 1928
entregoulle ao Presidente do Consello de Ministros unha carta en nome dunha
comisión de obreiros sen traballo de Tui, pedindo se executaran os traballos de
amaño da estrada de Porriño á Ponte Internacional, que foron finalmente
aprobados en xuño de 1928.
GONZÁLEZ,
Manuel
Participa
nun pleno da Federación Obrera de Tui en marzo de 1933, como militante dos serradoiros.
Nun pleno da Federación de Trabajadores de Tui en abril de 1933 foi elixido
membro dunha comisión para tratar co Concello da cesión dun solar para o
edificio social.
GONZÁLEZ
IGLESIAS, Jesús.
Secretario
da Sección del Ramo de Construcción da Federación Obrera de Tui en xuño de
1931. Representou ás Federaciones Locales de Tui e A Guarda no Pleno Regional
de Santiago de febreiro de 1933. Elixido nun pleno da Federación Obrera de Tui
en marzo de 1933 para integrar unha comisión cara ao Congreso Nacional. En
marzo de 1933 era vicepresidente da Federación Judicial Agraria de Tui,
representando á organización de Guillarei; nesta data foi reelixido como
vicepresidente mais non aceptou o cargo por non ser delegado; tempo atrás fora
presidente da Federación Municipal Agraria. Detido pola folga xeral de Tui en
maio de 1933, en calidade de preso gobernativo. En xuño de 1933 contesta a un
artigo sobre o “reparto de utilidades” no que fora citado. Participa no mitin
do 1º de maio en Tui en 1936.
GONZALEZ
ROMERO, Venancio
Veciño
de Budiño e dirixente agrario, asasinado en novembro de 1922 nos sucesos de Sobredo.
GUTIÉRREZ
A(R)MANDI, Manuel.
Alta na
F.L. de Metz-Moselle no segundo semestre de 1949. Viña de España, e estivera afiliado
ao Sindicato de Transporte de Tui.
IGLESIAS,
Cándido.
Detido
pola folga xeral de Tui en maio de 1933, en calidade de preso gobernativo, foi
liberado a finais do mes.
IGLESIAS,
Francisco.
Actúa
de secretario nun pleno da Federación Obrera de Tui en marzo de 1933.
JASO
Participou
no 1º Congreso Regional Galaico en Vigo en agosto de 1922, como delegado de
Tui.
JASO,
Enrique.
Fillo
de Enrique Jaso Paz, foi detido en decembro de 1933 xunto a Gumersindo Rodríguez,
acusado de tentar sublevar á tripulación da canoneira “Cabo Fradera”; foron
conducidos a Ferrol.
LÓPEZ,
Avelino
En
marzo de 1928 asinaba un comunicado protestando pola paralización das fábricas
de madeira de Tui, en nome dunha comisión nomeada para reclamar a execución
dalgunhas obras.
LORENZO,
Baldomero.
Secretario
da Sección del Ramo de la Alimentación da Federación Obrera de Tui en novembro
de 1924.
MALLEIRO,
Paulino.
Detido
pola folga xeral de Tui en maio de 1933, en calidade de preso gobernativo.
MÁRQUEZ,
Álvaro.
Detido
pola folga xeral de Tui en maio de 1933, en calidade de preso gobernativo.
MARTÍNEZ,
F.
Escribe
en “Solidaridad Obrera” da Coruña sobre a inxustiza no reparto de utilidades,
dende Tui, en xaneiro de 1933.
MARTÍNEZ,
Fernando.
Preside
varios plenos da Federación Obrera de Tui en marzo de 1933; a finais de mes foi
nomeado secretario xeral da Federación por dimisión do anterior por razóns de
saúde. Ratificado por un Pleno a finais de abril de 1933, terminou permutando o
seu posto con José Barreiro e ocupando o cargo de contador. Detido pola folga
xeral de Tui en maio de 1933, en calidade de preso gobernativo. Á altura do 20
de maio pasou de detido gobernativo a xudicial.
MÉNDEZ,
Francisco.
Vicepresidente
da Sección del Ramo de Construcción da Federación Obrera de Tui en xuño de
1931.
MÉNDEZ
NIÑO, Manuel.
Detido
pola folga xeral de Tui en maio de 1933, en calidade de preso gobernativo.
MOREIRA
MARTÍNEZ, Francisco.
Detido
pola folga xeral de Tui en maio de 1933, acusado de poñer un arame de espiño no
monte Aloia.
MOTA
OTERO, A.
Paqueteiro
do diario CNT de Madrid en Tui, en xullo de 1933.
MOTA
OTERO, Manuel
Presidente
da Federacion Obrera de Tui, ingresou no cárcere en xullo de 1920 polo conflito
da Panadería Reguladora. Presidente dos canteiros e vicepresidente da
Federación Local de Tui foi detido en agosto de 1920 na folga xeral, e quedou a
disposición gobernativa. Participou no mitin do 1º de maio de 1922 en Tui, como
presidente da Federación de Trabajadores.
PEIXOTO,
Antonio.
Militante
de Tui, detido no cárcere de Tui a finais de xuño de 1932; liberado a mediados
de agosto.
PÉREZ,
Heriberto.
Detido
en Ourense como suposto implicado na folga xeral de agosto de 1917. Designado
para intervir no mitin do 1º de maio en Ourense en 1922, finalmente non
participou; estivo no 1º de maio en Tui, dando unha conferencia na sociedade de
agricultores e falando no mitin en nome da Federación Agraria de Tui.
Participou nunha ponencia na primeira sesión e foi secretario na segunda sesión
do Congreso Obrero de Vigo, en agosto de 1922, como delegado da Federación
Agraria de Ourense.
PÉREZ,
J.
Correspondente
de “Solidaridad Obrera” da Coruña en Tui en novembro de 1933.
PÉREZ,
Venancio.
Elixido
nun pleno da Federación Obrera de Tui en marzo de 1933 para integrar unha
comisión revisora de contas.
PÉREZ
ESTÉVEZ, Francisco.
Pronunciou
un discurso en Sobredo en nome dos traballadores de Pontevedra no acto de
colocación do monumento aos mortos do 22, a finais de novembro de 1931. Nomeado
delegado ao Congreso Nacional da CNT pola Federación de Trabajadores de Tui en
abril de 1933. Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, en calidade de
preso gubernativo; á altura do día 20 pasou a detido xudicial.
PÉREZ
NÚÑEZ, Josefa.
Detida
en Paramos-Tui en novembro de 1922, por impedir a chegada de produtos ao
mercado na folga agraria.
PINTOS,
Joaquín.
Nun
pleno da Federación de Trabajadores de Tui en abril de 1933 foi elixido membro
dunha comisión para tratar co Concello da cesión dun solar para o edificio
social.
PRADO VILANOVA, Ricardo
Obreiro
carpinteiro, en setembro de 1920 foi detido no centro sindicalista de
Riomolinos, en Tui, e quedou a disposición gobernativa.
RIVEIRO, Perfecto.
Elixido
nun pleno da Federación Obrera de Tui en marzo de 1933 para integrar unha
comisión revisora de contas.
RODAL LANZÓS, Rafael
Carpinteiro
de Tui, en xullo de 1920 ingresou no cárcere polo conflito da Panadería
Reguladora.
RODRÍGUEZ, Antonio.
Sindicalista
de Tui, deixou a vila en agosto de 1934, levando a ferramenta da barbearía onde
traballaba, segundo denunciaba o xornal “La Tribuna”.
RODRÍGUEZ, Cándida.
Veciña de Pazos de Rei-Tui,
asasinada en novembro de 1922 nos sucesos de Sobredo.
RODRIGUEZ,
Gumersindo “Santiaguiño”
Presidente do gremio de
panadeiros de Tui, en xullo de 1920 ingresou no cárcere polo conflito da
Panadería Reguladora. Presidente da Federación Obrera de Tui, detido en xuño de
1921, por inxurias á garda civil. Participou no 1º Congreso Regional Galaico en
Vigo en agosto de 1922 como delegado da Federación de Trabajadores de Tui.
Detido en Tui en novembro de 1922, como presidente do Comité de Folga.
Procesado por coacción, decretouse a súa liberdade baixo fianza a comezos de
decembro de 1922. Secretario xeral da Federación Local Obrera de Tui en outubro
de 1924. Presidente da Sección del Ramo de la Alimentación da Federación de
Trabajadores de Tui en novembro de 1924. Mitin en Tui xunto a Pestaña e
Villaverde en setembro de 1930. Participou no mitin do 1º de maio de 1931 en
Tui. Representou á Federación Obrera de Tui no Congreso da CNT en xuño de 1931
en Madrid. Mitins en Tui e Tomiño, con Villaverde, Moreno e López, en outubro
de 1931. Nunha reunión das Comarcales Campesinas e de Oficios Varios en Sada,
en novembro de 1931, foi nomeado delegado dos agrarios ao Pleno de Madrid, no
que tomou parte. Intervén nun mitin organizado por “La Antorcha del Porvenir”
de Beade en xaneiro de 1932. Nos mitins de Tui e A Garda o 1º de maio de 1932.
En xuño de 1932 de unha conferencia na Agrupación Cultural “El Libro” de
Moledo-Sárdoma. A fins do mes de xuño de 1932 estaba no cárcere de Tui xunto a
outros seis militantes da Federación Obrera; foron liberados a mediados de
agosto. Mitin no Tamberlick en Vigo xunto a Eduardo Collado, José Láuzara e
Avelino Gonzalez en xullo de 1932. Estaba previsto que intervira nun mitin da
Federación de Trabajadores de Tui e a súa contorna, no Teatro Principal de Tui,
en abril de 1933, mais foi suspendido. A finais de abril de 1933 foi nomeado
delegado da Federación de Trabajadores de Tui ao Congreso Nacional mais non
aceptou; estaba previsto que intervira no mitin do 1º de maio. Detido pola
folga xeral de Tui en maio de 1933, foi conducido a Pontevedra; a final de maio
aínda estaba detido. En xuño de 1933 escribe varios artigos para “Tribuna”
dende o cárcere de Tui. Detido en decembro de 1933, xunto a Enrique Jaso
(fillo), acusado de delito de sedición por ter intentado sublevar á tripulación
do canoneiro “Cabo Fradera”; foron conducidos a Ferrol.
Completamos dende Tudensia a información sobre Gumersindo Rodríguez, engandindo que tras o golpe militar
do 18 de xullo de 1936 forma parte da Comité en Defensa da República tudense, e
participa no intento de deter as tropas na Volta da Moura. O 26 de xullo fuxe
ao Monte Aloia, onde foi executado xunto a outros
republicanos e guindárono nunha fosa. Ferido de bala na cabeza, o crego don
Basilio, descubrindo que seguía vivo antes de soterralo, mandou que o enviasen
ao Hospital Provincial de Pontevedra. Quedou cego sendo rexistrada a súa morte
aos poucos días, que algunhas fontes atribúen a un envelenamento.
RODRÍGUEZ,
Manuel.
Detido
pola folga xeral de decembro de 1933 en Tui, acusado de desacato á autoridade.
RODRÍGUEZ AMANDI, Ramón.
Ou
Domínguez Amandi. Detido en novembro de 1922 pola colocación dunha bomba na redacción
do xornal “La Integridad” de Tui. Foi liberado sen cargos.
RODRÍGUEZ
DOVAL, Ramón.
Detido
pola folga xeral de Tui en maio de 1933, acusado de poñer un arame de espiño no
monte Aloia.
RODRÍGUEZ IGLESIAS, Bernardino.
Detido
pola folga xeral de Tui en maio de 1933, acusado de poñer un arame de espiño no
monte Aloia.
ROIBAL, J.
Correspondente
de “Solidaridad Obrera” da Coruña en Tui en novembro de 1932.
SILVA,
Eduardo Da “Coriño”
Panadeiro
de Tui, portugués, en xullo de 1920 ingresou no cárcere polo conflito da
Panadería Reguladora. Panadeiro portugués, ingresou no cárcere do partido a
finais de agosto de 1920.
SOUSA CASTRO, Isolina
Celeste (?-Portugal, 1906 – ?).
Noutras fontes figura
como Pousa ou Isolina Celeste Laura Castro. Compañeira de José Adán Rivas.
Despois dos sucesos de Tui en xuño de 1932, na folga en solidariedade con
Ferrol, participa na preparación dunha manifestación contra a represión, xunto
a Josefa Prado. As dúas foron detidas e Isolina foi entregada ás autoridades
portuguesas días despois. Detido na folga xeral de decembro de 1933 en
Pontevedra, nunha casa da rúa Oliva, na que se atoparon documentos e folletos;
por esta causa foi expulsada a Portugal. Uniuse civilmente a José Adán Rivas en
xuño de 1934.
SUÁREZ FERNÁNDEZ,
Peregrina.
Detida en Paramos-Tui
en novembro de 1922, por impedir a chegada de produtos ao mercado na folga
agraria.
TAGES,
Marcelino.
Presidiu
un pleno da Federación de Trabajadores de Tui en abril de 1933.
TAJES,
Manuel.
Presidente
da Sección del Ramo de Construcción da Federación Obrera de Tui en xuño de
1931.
VICENTE
TABOADA, Modesto.
Detido
pola folga xeral de Tui en maio de 1933, en calidade de preso gobernativo;
despois do 20 de maio pasou a detido xudicial.
VIÑAS ALONSO,
Jaime
Foi
detido por dous gardas de seguridade en Tui en maio de 1925 por reparto de
follas clandestinas, e foi posto a disposición do comandante militar da praza.
A folla referíase a necesidade de evitar a disolución da Federación Obrera, moi
resentida despois da folga na fábrica de Salcedo. En marzo de 1928 asinaba un
comunicado protestando pola paralización das fábricas de madeira de Tui, en
nome dunha comisión nomeada para reclamar a execución dalgunhas obras. En 1928
entregoulle ao Presidente do Consello de Ministros unha carta en nome dunha
comisión de obreiros sen traballo de Tui, pedindo se executaran os traballos de
amaño da estrada de Porriño á Ponte Internacional, que foron finalmente
aprobados en xuño de 1928.
En : Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego: https://cnt.gal/enciclopedia/
Comentarios
Publicar un comentario