Cumprimos hoxe 31 de agosto dous anos de presenza na rede, dous anos de achegas diversas de “Tudensia” sobre a historia e a cultura vencelladas a Tui e ás súas xentes. É unha modesta achega, ata agora con 95 entradas ou “post”, realizadas con ilusión, aproveitando notas e papeis soltos, divulgando referencias doutros investigadores, aprendendo –paralelamente- a empregar os recursos técnicos dun blog.... coa pretensión de contribuír á divulgación da historia local dende un amplo concepto da mesma.
“Tudensia” tenta pois, dende a súa sinxeleza técnica e de recursos, ofrecer unha fiestra aberta ao coñecemento do noso pasado, do noso patrimonio; ás veces, incluso coa pretensión de abrir debates sobre temas ligados ao noso acervo histórico e cultural... dende o convencemento de que a tradición, a historia, que en Tui é un elemento substancial da identidade colectiva e da propia condición da nosa cidade, non é unha rémora, unha pesada carga que temos de soportar os habitantes de Tui que condiciona o noso desenvolvemento, senón a nosa principal riqueza.
Lía hai escasas datas que a etimoloxía de tradición ven de transmitir, de pasar a outros unha consigna, un sinal. Esto implica que se transmitimos algo, neste caso a nosa historia e cultura colectiva, é porque temos confianza no seu futuro, na súa validez... A tradición, a historia, é pois algo dinámico pois nela atopamos respostas aos retos colectivas da actualidade, na liña daquela vella expresión “historia magister vitae este”, e que por tanto renóvase constantemente pois precisamos novas respostas, novas alternativas, novos camiños....
Pero neste aniversario non pretendía disertar sobre obxectivos ou realizar xustificacións arredor dos contidos deste blog absolutamente personal. Hoxe os protagonistas teñen de ser os sempre anómimos lectores de “Tudensia”, especialmente é de xustiza un agradecemento aos nosos lectores, que ao longo destes dous anos teñen superado as quince mil visitas. Certamente o seu alento, os seus comentarios –tanto na rede como moitas outras veces personalmente-, as súas críticas, as súas correcións, as súas suxestións... son o mellor azo para continuar escribindo novas entradas en “Tudensia”.
Afirmabamos hai dous anos que “agardamos que neste novo Paseo da Corredoira virtual que queremos establecer podamos atoparnos moitos interesados pola nosa cidade para compartir as nosas inquedanzas”. Nesas andamos....
Gracias !!!!!
Felicidades y ánimo con tus interesantes y documentados artículos. Te seguimos puntualmente. Un saludo.
ResponderEliminarParabéns neste segundo aniversario.
ResponderEliminarRAF.
Os meus máis afectuosos parabéns. Ánimo e adiante! Clodio González Pérez
ResponderEliminarAs grazas témolas que dartas nós, os e as tudenses, polo teu tempo, esforzo, capacidade didáctica e bo facer. Noraboa polo aniversario de Tudensia. Carme Verde
ResponderEliminarMoitas Felicidades! Animo!
ResponderEliminarUn labor tan interesante como instructivo. Parafraseando: Mil primaveras máis para Tudensia.
ResponderEliminarJuan Miguel González
J'ai appris des choses interessantes grace a vous, et vous m'avez aide a resoudre un probleme, merci.
ResponderEliminar- Daniel