Ir al contenido principal

Xornadas sobre o Bicentenario da Guerra de Independencia en Tui os días 13 e 14 de abril


O CONCELLO DE TUI CELEBRA UNHAS XORNADAS CONMEMORATIVAS DO BICENTENARIO DA GUERRA DE INDEPENDENCIA EN TUI OS DÍAS 13 E 14 DE ABRIL

A Concellería de Cultura do Concello de Tui organiza para os vindeiros días 13 e 14 de abril unhas xornadas conmemorativas do bicentenario da Guerra da Independencia na nosa localidade co obxectivo de ofrecer aos veciños e interesados un achegamento a este momento histórico da nosa cidade.

Os franceses chegaron á cidade de Tui o 3 de febreiro e abandonaron a nosa localidade o 16 de abril, logo de tres meses e medio de ocupación, tempo durante o que os paisanos da bisbarra tudense cercaron á cidade levantándose contra a ocupación napoleónica.

Para afondar no coñecemento deste momento histórico do que agora celebramos o segundo centenario foi programadas unha Xornadas de acordo co seguinte programa:

• Luns 13 de abril de 2009
- Conferencia de Jose Navas Ramírez-Cruzado, director do Museo Militar de A Coruña: “La Guerra de la independencia en Galicia, operaciones militares”.
• Martes 14 de abril de 2009
- Mesa redonda sobre “A Guerra da Independencia”
- Participantes:
 Ernesto Iglesias Almeida, cronista oficial da cidade de Tui
 Alberto Magno Pereira de Castro, historiador de Valença do Minho
 José María Pélaez Valle, profesor da Universidade de Vigo
 Modera: Rafael Sánchez Bargiela, historiador

A coincidencia co calendario das festas de San Telmo ten obrigado ao Concello tudense a adiantar un par de días a celebración destas Xornadas para que non alterasen substancialmente o desenvolvemento das actividades programadas pola Comisión de Festas.

Para o concelleiro de cultura a celebración destas xornadas trata de promover entre os tudenses o coñecemento do noso pasado histórico, nomeadamente os acontecementos vencellados á Guerra da Independencia, na que a nosa cidade como capital provincial tivo un especial protagonismo. Rodríguez Pérez amosase satisfeito do nivel dos participantes nestas Xornadas, especialistas todos neste período histórico.

Estas xornadas terán lugar no Telecentro de Tui, ubicado no primeiro andar do Edificio Área Panorámica, na rúa Colón, nº 2 da nosa cidade, ás 19.00 horas.

Comentarios

  1. Estimado Sr. Sánchez,

    Como siempre me entero tarde. Ha sido en su blog donde me he enterado de las Jornadas del Bicentenario de la G. de la Indepencia en Tuy. Como no he podido asistir y usted a sido uno de los ponentes, quisiera preguntarle si van a editar algun folleto con las ponencia.
    Saludos,
    Ricardo Troncoso

    ResponderEliminar
  2. Estimado amigo,
    Por mágoa non está prevista a edición destas Xornadas. Se estivese interesado enviolle algunha bibliografía.
    Un saudo

    Rafael

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall

Unha visión de Tui e as fortalezas da fronteira en 1764 por José Cornide

Un dos aspectos normalmente esquecidos na conformación da nosa cidade é a súa condición de praza forte, de emprazamento militar, de cabeceira dun sistema fortificado organizado ao longo do río Miño. Carecemos de noticias documentais ou arqueolóxicas sobre a posible existencia dun muro defensivo no outeiro tudense antes de 1170, cando Fernando II ordena a súa construción ao abeiro da reconfiguración urbanística da cidade que promove este monarca. De seguro que algún tipo de defensas tivo a vella Tude en época sueva e visigoda e especialmente nos primeiros tempos medievais pero o estado actual do noso coñecemento non nos permite superar o ámbito das hipóteses. Neste blog nos temos ocupado no seu día sobre o sistema amurallado tudense en tres post aos que remitimos a quen desexe achegarse a este aspecto do noso patrimonio e historia [1] Reproducimos hoxe un texto do erudito coruñés José Cornide que forma parte do seu libro: Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya