Ir al contenido principal

Entradas

Unha visión de Tui e as fortalezas da fronteira en 1764 por José Cornide

Un dos aspectos normalmente esquecidos na conformación da nosa cidade é a súa condición de praza forte, de emprazamento militar, de cabeceira dun sistema fortificado organizado ao longo do río Miño. Carecemos de noticias documentais ou arqueolóxicas sobre a posible existencia dun muro defensivo no outeiro tudense antes de 1170, cando Fernando II ordena a súa construción ao abeiro da reconfiguración urbanística da cidade que promove este monarca. De seguro que algún tipo de defensas tivo a vella Tude en época sueva e visigoda e especialmente nos primeiros tempos medievais pero o estado actual do noso coñecemento non nos permite superar o ámbito das hipóteses. Neste blog nos temos ocupado no seu día sobre o sistema amurallado tudense en tres post aos que remitimos a quen desexe achegarse a este aspecto do noso patrimonio e historia [1] Reproducimos hoxe un texto do erudito coruñés José Cornide que forma parte do seu libro: Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya ...

Quince anos de "Tudensia": gracias!

  Cumprense nestas xornadas quince anos de presenza de “Tudensia” no mundo da blogosfera, con 350 entradas ou “post” arredor da historia e das xentes de Tui ás que teñen accedido máis de 259.000 lectores ao longo deste anos. Ante todo, gracias aos nosos seguidores, a cantos len e consultan con interese estas achegas, aos que participan cos seus comentarios (ben no propio blog ou por outros medios) así como aos colaboradores puntuais que ao longo deste tempo teñen enviado algun post ou teñen permitido a reprodución dos seus traballos. Escudo de Galicia coa inscrición Tui na lámina da nosa cidade debuxada por Pier María Baldi, no decurso da peregrinación de Cosme III de Médici en 1669 Este blog mantén a mesma vontade expresada na primeira entrega do 31 de agosto de 2008 : a pretensión de ofrecer a cantos se acheguen onda nós diversas noticias, informacións, novidades, comentarios sobre a cidade de Tui e as súas xentes. A vella cidade tudense que tivo, especialmente nas últimas dé...

Abraham Bitom e a súa esposa Cinfana, xudeus de Tui en 1445

A aportación que as novas tecnoloxías da comunicación realizan no ámbito da comunicación, especialmente a través de internet e os procesos de dixitalización de fondos documentais para a súa conservación e difusión posibilitan que sexa posible acceder ao coñecemento de novas achegas que enriquecen o noso coñecemento, no caso que nos atinxe, referidos aos pasado histórico. Así podemos coñecer un documento conservado no Arquivo Municipal de Porto do ano 1445 [1] que forma parte do arquivo documental da Familia Brandão Pereira. Esta familia forma parte da elite portuense do Renacemento, baseando unha ampla fortuna gracias ao desempeño do cargo de Contador no Porto, concedido como recompensa polo rei Afonso V polo apoio recibido deste grupo familiar. A documentación conservada abrangue do século XIV ao XVIII. Entre a documentación conservada nesta colección hai un pergameo de grande interese para a historia tudense, pois recolle a mención a Abraham Bitom e a súa muller, Cinfana, reside...