Ir al contenido principal

Abraham Bitom e a súa esposa Cinfana, xudeus de Tui en 1445

A aportación que as novas tecnoloxías da comunicación realizan no ámbito da comunicación, especialmente a través de internet e os procesos de dixitalización de fondos documentais para a súa conservación e difusión posibilitan que sexa posible acceder ao coñecemento de novas achegas que enriquecen o noso coñecemento, no caso que nos atinxe, referidos aos pasado histórico.

Así podemos coñecer un documento conservado no Arquivo Municipal de Porto do ano 1445[1] que forma parte do arquivo documental da Familia Brandão Pereira. Esta familia forma parte da elite portuense do Renacemento, baseando unha ampla fortuna gracias ao desempeño do cargo de Contador no Porto, concedido como recompensa polo rei Afonso V polo apoio recibido deste grupo familiar. A documentación conservada abrangue do século XIV ao XVIII.

Entre a documentación conservada nesta colección hai un pergameo de grande interese para a historia tudense, pois recolle a mención a Abraham Bitom e a súa muller, Cinfana, residentes en Tui que venden unha propiedade na xudería do Olival en Porto. Un persoeiro ata agora non coñecido que forma parte da comunidade xudía tudense en torno a metade do século XV.

Trátase da escritura de venda da metade dunha casa situada na xudería de Porto, xunto ao mosteiro de San Domingos, que realizan o 16 de xullo de 1445 Abraham Bitom e a súa muller Cinfana, residentes en Tui. Ambos posúen integramente esta casa e enxido na Xudaría do Olival, en Porto, que fora do seu pai Mail Bitom, ourive, vendendo a metade da mesma a Samuel da Vitoria e a súa muller Dona. A contía da venda era de 7.000 reais brancos, que deberían ser pagados a Salomón de Belfurado, tamén xudeu, para saldar unha débeda de Abraham Bitom. A carta de venda posúe tamén a indicación do poder que este Abraham Bitom e Cinfana outorgan a Abraham Benjamim, o vello, e a Isaac Odara, o vello, xudeus “gibiteiros”, escripta em papell fecta e asignada per Vaasco Lourenço notairo publico na cidade e bispado de Tuuy do Senhoryo de Galiza para que puidesen transaccionar no seu nome, actuando como testemuñas Gomez de Bouças clérigo e Vaasco Prado notairo e Diego Affomso moradores na nosa cidade. No mesmo dia, Samuel da Vitória tomou posesión da dita propiedade.

Xudaría do Olival - Porto, foto de Pedro Nuno Caetano en https://portoby.livrarialello.pt/judiaria-do-olival/

Os investigadores por quen tivemos noticia deste documento, José Alberto Rodrigues da Silva Tavim e Lúcia Liba Mucznik, realizan a seguinte descrición do contido deste pergameo[2]:

Estamos agora no bairro judaico de Olival, no Porto, no dia 16 de julho de 1445, na porta do jubeteiro (algibebe) Isaac Odara, o Velho, e na presença do tabelião régio Alfonso Gil. O ourives Abraham Benami, o Velho, e o jubeteiro acima mencionado, apresentavam-se como procuradores de Abraão Biton. Este era filho do ourives Mail Biton e marido de Cinfana. O casal morava em Tui, na Galiza. Mas Abraham Benami e Isaac Odara mostrando uma carta de procuração dos acima mencionados, vendem ao ourives Samuel de Vitória e a sua esposa Dona, metade de uma casa, com seu quintal, na judiaria do Porto, próximo do mosteiro de São Domingos. Este imóvel pertencera ao pai de Abraham Biton. E na transação, no valor de 7.000 reais, foi estipulado que parte desse dinheiro deveria ser entregue imediatamente a Solomão Belfurado, para pagamento de uma dívida de Abraham Biton e Cinfana. Todas as partes interessadas, vivendo no Porto, estiveram presentes no acto legal, e o Mestre Junça Guedelha, o jubeteiro Isaac Galego, Levi Castão e o sapateiro Junça da Covilhã, todos residentes no Porto, foram testemunhas do mesmo.

O documento foi transcrito por Ana Catarina Soares da Faculdade de Letras da Universidade do Porto[3] posibilitando un achegamento que recolle diversos datos de interese para a historia da comunidade xudía tudense:

1.- Testemuña a presenza en Tui do matrimonio formado por Abraham Bitom e Cinfana no ano 1445, ambos xudíos.

2.- Este Abraham Biton, era fillo de Mail Bitom, “olyvez” que na rexesta do documento é identificado como ourive. No corpo do documento non figura a explicitamente a profesión de Abraham Bitom, aínda que nunha nota que atopamos no verso do pergameo se sinala explicitamente a “Abram Bitom Olyvez”, por tanto continua a profesión familiar de ourive.

3.- Nunha nova oportunidade comprobamos como a mobilidade da poboación, nomeadamente do grupo social dos xudeus, era moi ampla entre os territorios de Galicia e Portugal. Mostra também os laços profundos que uniam as comunidades do Norte de Portuga e da vizinha Galiza, revelada nos judeus designados Galego, como o artilheiro Isaac mencionado neste documento[4]

4.- Na documentación tudense coñecida non figura este apelido Bitom; nunha procura a través de internet podemos localizar a diversos personaxes con este apelido. Na documentación da catedral de Segovia figura o ferreiro Yuçe Biton, que logo de bautizado adopta o nome de Alonso de Palencia, e os seus pais Herza Biton e Jamila. No ano 1481 figura Rabí Salamon biton como un dos doce homes da alxama segoviana no documento de creación da xudaría naquela cidade[5]. No ano 1492 temos en Valencia a  Abraham Biton, xudeu de Teruel, que nomea debido ao decreto de expulsión a Pedro Comir, o seu fillo, convertido ao cristianismo, como o seu procurador para vender as súas propiedades e liquidar as súas débedas.[6] Constatamos tamén a presenza de Çaqueo Biton en Murcia.[7]

5.- Podemos avanzar unha hipótese que necesita ser verificada no futuro por novas achegas documentais. Suso Vila nos seus documentados estudos sobre a comunidade xudaica tudense recolle que na documentación atopamos a Abraham prateiro, sen que figure o seu apelido. En concreto, temos os seguintes datos sobre este ourive tudense:

En los años 1433 y 1437 encontraremos la continua presencia del platero Abraan. En varias ocasiones será por compra de cálices (...)  una labor más interesante sería el encargo de realizar una cruz de plata. Entre 1433 y 1435 se observan reiteradas entregas de cálices a los plateros Abraan y Jaqó (xenro de Abraham) para hacer una cruz para el cabildo. La mayoría de estos cálices estaban dañados o inservibles. Muchos procedían`del pago de las deudas que los canónigos tenían contraidas con el cabildo (...) parece que a Abraan se le dejó bastante libertad para realizar la cruz, tal y como deja verse en algunas anotaciones del cabildo. La cantidad de plata necesaria para realizar la cru obligaba a hacer un recuento, pesando lo recogido once marcos y medio y cinco rayas de plata (...) parte de la cruz ya se encontraba concluída y el mismo cabildo requeriría dell maestre Abraan y de su yerno Jaqó para que fuesen trabajando, pero con una fecha de finalización, la Pascua de Resurrección de 1436. Existe una descripción de la cruz en un inventario de 1436: “entregaron a Ares da Vale... como procurador do Thesouro... huna crus de dez ou dose marcos de prata dourada con sua maçaa froleada de boa obragem e huna ymagem de Santa María e outra de San Juan enxiridas con a dita crus cada una ymagem a súa parte”. Otra labor no menos interesante de Abraan va a ser la de prestamista del cabildo[8]

Suso Vila describe tamén as necesidades económicas do Cabido logo da perda do territorio da diocese no reino de Portugal e que intenta paliar coa anexión á mesa capitular de diversos mosteiros, concedida por bula pontifica en 1435 pero para lograr este obxectivo era necesario desembolsar una gran cantidad de dinero y ese dinero era preciso reunirlo. Además de lo que podía ser prestado sin ningún tipo de aval, o sea la cantidad de dos marcos de plata, el cabildo hará acopio de cálices, lámparas y otros materiales nobles que en algún caso debían ser de mérito artístico, para que Abraan les pudiese prestar la cantidad que tenían comprometida. Por cada marco de plata que había sido pesado en los cálices, Abraan se comprometía a pagar trescientos treinta maravedís. Toda la plata pesada sumaba dieciseite marcos, cinco onzas y tres rayas, por lo que la cantidad total que ofrecía Abraan y su yerno Jaqó serían cinco mil ochocientos treinta maravedís.  Importe que o propio prateiro leva a Pontevedra para entregarllo aos mercaderes Luis Mendez e Pero Cruu que trasladarían o diñeiro a Roma.

La última noticia sobre Abraan será del año 1437, en la que aparece como testigo en la devolución de cien florines de oro que había prestado el canónigo Nuno Peres de Soutomaior al cabildo. Debido a las dificultades del cambio y el diferente valor de las monedas debió ser necesaria la presencia del platero judio para garantizar la similtud del valor.

A proximidade das datas sobre os traballos de Abraham ao Cabido tudense entre 1433 e 1437 e o documento de venda na xudaría de Porto de 1445 por Abraham Bitom, ourive residente en Tui, permiten contemplar a verosimilitude da identificación de ambos personaxes, pero sempre como unha hipótese pendente dunha futura confirmación documental.

Desta forma o nome de Abraham Bitom e Cinfana se unen á relación de nomes de xudeus que a documentación tudense nos ofrece e que posibilita unha aproximación a esta comunidade xudía asentada na nosa cidade ante da súa expulsión decretada polos Reis Católicos no ano 1492 e conformada polos seguintes nomes:

-  Pero Çay citado nun foro de 1362, que Suso Vila indica trátase da forma corrompida de Isaac[9]

-   Domingo Debrey, citado nun documento de 1369 forma corrompida de ebrei, ebreo, etc [10] citado como propietario dunhas casas da Canicouba

-   Don Samuel (dom semuel judio) que tiña unha casa con pardiñeiro na rúa da Carpentaria ou na rúa do Louro, recollido nun documento de 1419 [11]

-      Pero Judeu (na rua triparia...en que mora pero judeu carniçeiro) citado en 1412. Este Pero foi o pai de Vasco Pérez, que entrou como neno do coro na Catedral chegando a ser cóengo da mesma. A singularidade de Pero é a súa condición de carniceiro pois debido ás normativas xudaicas os sacrificios debían seguir un ritual predeterminado [12]

-    Abraam y Jaqo, prateiros cara 1430

-  León, posiblemente mercador que afora unha casa na Canicouba en 1464 e que a documentación recolle posuía unha alta capacidade económica[13]

-   Salomón, xenro de León, que en 1473 intermedia no pago dunha débeda[14]

- Salomón Caadia, que Suso Vila identifica como mercador especializado en panos, pois as dúas citas súas que figuran na documentación falan de panos procedentes de Lyon ou un collar de fino pano[15] a documentación recolle que residía nunha casa na rúa Canicouba que entrega en doazón en 1492 a Vasco de Marçó, pois el agora seya desta terra debido ao decreto de expulsión. Doazón que tamén ratifica a súa muller

-     Janín, posible prateiro xudeu afincado en Tui en 1471[16]

- Salomon Çidario, recadador ao servizo do arcebispo de Santiago Lope de Mendoza en 1433. Figura como veciño de Tui en 1474 e 1475, posiblemente veciño da Canicouba[17]

-  Davy, davy aliofareiro morador enna çibdad de tuy enno dito cabido da casa da praça en que el morava[18]. Sobre este xudeu que abandona a cidade en 1492 co decreto de expulsión hai unha controversia sobre a súa profesión: para Ernesto Iglesias era confitero e producía “alfajores” namentres que Suso Vila o considera un ourive especializado en perlas ou “aljafores”.

-     Salomón, con casa na rúa da Oliveira segundo un foro de 1490[19]

-    Junça Leom, que solicita aforamento dunha casa que el reparara, ano 1467 [20]

-    Saúl, citado en 1475

-    Mosse, tamén citado nese ano 1475[21]

-   Iacob Arie, posible nome que figura na inscrición existente xunto ao gravado da Menorá no claustro da catedral[22]

- Rodrigo Galdim sería xastre (alfaiate) e habitaría xunto á súa muller, Lionor Lopes, na rúa da Canicouba no ano 1412 que Suso Vila sinala que é posiblemente xudeu ou converso.[23] Figuran tamén o seu fillo Álvaro Galdím tamén será xastre ou Lopo Galdim, sancristán da catedral.

-   Juan Xufreu, arrendador da barca e porto de Tui en 1483 é posiblemente xudeu con casa próxima á Porta do Ferreiros. A súa viúva María Yanes e o sei fillo Afonso Xufreu figuran nun documento de 1526[24]

Posteriores a 1492 temos a referencia do prateiro Aaron Amin que realiza diversos encargos para o cabido en 1498, no que destacan os cetros das dignidades, conservados no Museo catedralicio, asi como o seu fillo Pero Amin, que realiza diversas obras e reparación en 1540 e residía na rúa da Oliveira.

Tamén atopamos a cita de Adam, que figura nun aforamento dun casal, no ámbito rural tudense, en 1511 no que reside co seu fillo do mesmo nome e a súa irmá e marido.[25]

Finalmente, temos de citar aos recadadores de alcabalas en Tui e o seu bispado foron Salomón Baquix (1435 e 1437) e Abraham Cepedal (1467-1469), aínda que non consta a súa residencia estable na cidade tudense.

En conclusión, o documento conservado no Arquivo Municipal de Porto documenta a presenza en Tui no ano 1445 de Abraham Bitom, ourive, e a súa esposa Cinfana como integrantes da comunidade xudía tudense enriquecendo desta forma o coñecemento do este grupo social, especialmente dinámico, que protagonizaba a vida da nosa cidade nos convulsos tempos do século XV.



[1] Escritura de venda de metade de uma casa situada junto ao mosteiro de São Domingos.Porto, Arquivo Histórico Municipal do Porto, Pasta de Pergaminhos Brandão Pereira, doc. 4º. Cota: PERG--627(C242). Ver en https://gisaweb.cm-porto.pt/units-of-description/documents/547886/?

[2] En Rodrígues da Silva Tavim, José Alberto e Liba Mucznik, Lúcia: “Joias da documentação judaica medieval portuguesa” en Os Judeus na Península Ibérica durante a Idade Média. Análise das suas fontes, ed. de José Alberto Tavim, Lúcia Liba Mucznik, Maria Filomena Barros, Ana Pereira Ferreira, Miguel Andrade, Coimbra, Almedina, 2018, pp. 65-95.

[3] Carta de venda de metade de uma casa situada na judiaria do Olival, no Porto, junto ao mosteiro de são Domingos (1445) Transcrição de Ana Catarina Soares en Fragmenta Historica – História, Paleografia e Diplomática – N.º 9 (2021), pp. 133-135. Dispoñible en https://run.unl.pt/bitstream/10362/132073/1/20_Sep.%20FH9-p%20133-135.pdf

[4] En Rodrígues da Silva Tavim, José Alberto e Liba Mucznik, Lúcia: Op. cit.

[6] Hinojosa Montalvo, José: Solidaridad judía ante la expulsión. Contratos de embarque (Valencia, 1492).

file:///C:/Users/rsbar/Downloads/5788-17425-1-PB.pdf

[8] Vila, Suso: Judios… Op. Cit. Pp. 47-49.

[9] Vila, Suso: Judíos, conversos e Inquisición en Tui. Tui, 2012, p.24

[10] Vila, Suso: Judios… Op. Cit. P. 24

[11] Vila, Suso: Judios… Op. Cit. 26

[12] Vila, Suso: Judios… Op. Cit. P. 27

[13] Vila, Suso: Judios... Op.cit. p. 56.

[14] Vila, Suso: Judíos... Op. Cit. P. 56.

[15] Vila, Suso: Judíos... Op. Cit. P. 56

[16] Vila, Suso: Judios... Op. Cit. P. 51.

[17] Vila, Suso: Judios… Op. Cit. P. 44

[18] Vila, Suso: Judios... Op. Cit. 51

[19] Iglesias Almeida, Ernesto: “Los judíos en Tui” en Sefarad: revista de estudios hebraicos, sefardíes y de Oriente Próximo. Año XLVII, Madrid, Csic, 1981, p. 74g

[20] Villa, Suso: Tui e Valená nos séculos XI a XV. Tui, 2001, p. 319.0

[21] Vila, Suso: Judíos... Op. Cit. P. 58

[22] Vila, Suso: Xudeus e conversos en Tui. Tui, 2004, p. 32.

[23] Vila, Suso: Xudeus... Op. Cit. P. 84.

[24] Vila, Suso: Xudeus... Op. Cit. P. 87

[25] Vila, Suso: Xudeus... Op. Cit. P. 91-92.

Comentarios

  1. Gran trabajo que explica aconteceres de judíos asentados en Tui. Gracias y que prosiga la investigación.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall

Unha visión de Tui e as fortalezas da fronteira en 1764 por José Cornide

Un dos aspectos normalmente esquecidos na conformación da nosa cidade é a súa condición de praza forte, de emprazamento militar, de cabeceira dun sistema fortificado organizado ao longo do río Miño. Carecemos de noticias documentais ou arqueolóxicas sobre a posible existencia dun muro defensivo no outeiro tudense antes de 1170, cando Fernando II ordena a súa construción ao abeiro da reconfiguración urbanística da cidade que promove este monarca. De seguro que algún tipo de defensas tivo a vella Tude en época sueva e visigoda e especialmente nos primeiros tempos medievais pero o estado actual do noso coñecemento non nos permite superar o ámbito das hipóteses. Neste blog nos temos ocupado no seu día sobre o sistema amurallado tudense en tres post aos que remitimos a quen desexe achegarse a este aspecto do noso patrimonio e historia [1] Reproducimos hoxe un texto do erudito coruñés José Cornide que forma parte do seu libro: Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya