Ir al contenido principal

Entradas

Benito Sanjurjo Ramírez de Arellano: a ascendencia tudense da escritora Maria do Carme Kruckenberg

  O recente pasamento, nesta pasada fin de semana, da escritora Maria do Carme Kruckenberg Sanjurjo nos ofrece a posiblidade de recuperar a súa ascendencia tudense. Filla de Gustavo Kruckenberg Sartorius e de Josefa Sanjurjo de Oza; a figura do seu pai nos leva ata Alemaña namentras que a súa nai era filla de Benito Sanjurjo Ramírez de Arellano, nado en Tui no ano 1856.  Co gallo do centenario do seu nacemento o cronista tudense Manuel Fernández-Valdés Costas publicou en “Faro de Vigo” un artigo xornalístico reivindicando a achega deste tudense, Benito Sanjurjo, á historia de Vigo e que logo resume no seu libro “Familias antiguas de Tuy” (1958). Asi recolle que cando contaba con poucos anos os seus pais, Benito Carlos Sanjurjo e Maria Concepción Ramírez de Arellano, tras cumprir o seu destino militar no reximiento da guarnición tudense, se trasladan a Vigo a unha casa na rúa Pracer de Afora (na zona que hose ocupan as rúas Enrique Blein, Celso Emil...

Tui en el Camino portugués de los peregrinos de Xosé Filgueira Valverde

Neste ano 2015 a celebración do “Día das Letras Galegas” está dedicada a Xosé Filgueira Valverde, unha das más egrexias personalidades da cultura galega do século XX e que ten deixado a súa pegada en múltiples ámbitos da nosa cultura: a literatura, a investigación, etc. En moitos escritos, por exemplo nas misceláneas que ten publicadas baixo o nome xenérico de “Adral”, atopamos numerosas referencias á nosa cidade e os seus persoeiros. Filgueira sempre mantivo una actitude de grande apertura á cultura portuguesa, no ronsel da xeración “Nos” con quen tanto colaborou nos seus anos mozos, salientando as súas achegas ao mundo da peregrinación, onde a súa cidade de Pontevedra tamén adquiria singular protagonismo. Achegamos hoxe este artigo xornalístico onde Filgueira glosa o Camiño portugúes u bracarense, publicado hai xa 50 anos e que testemuña como a preocupación e estudo sobre o fenómeno da peregrinación xacobea portuguesa non se cingue únicamente as achegas dos últimos vinte anos, s...

Unha representación de San Telmo na Catedral de Burgos

A Catedral  de Burgos é un dos mais sobranceiros espazos artísticos da Península Ibérica, tanto pola súa arquitectura gótica como noutros elementos mobiliarios, como a escaleira dourada, que singularizan a este templo. Unha visita pola súas naves levaranos á contemplar, entre outros espazos, a súa sancristia e a inmedita Capela das Reliquias. Esta obra plenamente barroca foi realizada na segunda metade do século XVIII para acoller ao importante número de reliquias que conservaba a Catedral burgalesa e que dotaban de gran valor engadido a este templo. Frei José de San Juan de la Cruz foi un afamado arquitecto do século XVIII e forma parte do grupo que se ven chamando “frades-arquitectos” que tiveron un grande recoñecemento nos século XVII e XVIII; na cidade de Tui temos a Igrexa de San Telmo que foi concebida tamén por un integrante deste grupo de profesionais que ao tempo eran membros dunha orde monástica, como foi o frade portugués Frei Mateo de Jesús María “ religios...

A Horta das Oliveiras e outras expresións da Semana Santa tudense

A dilatada historia da nosa cidade amosa diversas expresións culturais ao longo do calendario anual e que o paso do tempo as dota de maior relevancia ou as limita nas súas manifestacións. A Semana Santa é un deses momentos onde con maior nitidez podemos contemplar a singularidade histórica das ancestrais tradicións que conservamos os tudenses. A inmediata celebración das festas patronais de san Telmo distorsionan a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús que xunto co proceso de secularización que vive a sociedade reduce a pegada destas celebracións. Pero cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos custodios. Temos xa documentada en 1653 unha procesión do Santo Cristo no Venres Santo! Tomado de  https://www.facebook.com/fotosantiguastuy   Tomada do libro "Her...