Ir al contenido principal

Entradas

Unha lembranza serodia e solitaria no centenario de Xosé María Álvarez Blázquez

Un catro de febreiro de 1915, fixo onte cen anos, no Paseo da Corredeira tudense, daquela chamada rúa Elduayen, naceu un rapaziño que recibirá os nomes de José María Amalio Gerardo Ignacio Álvarez Blázquez. Na casa familiar da rúa El Pilar, no arrabalde do Rollo –a que se trasladou ao pouco tempo a familia do médico Dario Álvarez Limeses e a súa dona María Blázquez Ballester-, transcurríria a nenez de Xosé María e os seus cinco irmás (varóns todos Darío, Emilio, Alfonso, Celso e Álvaro). Naquela casa e naquela horta, ampla e con numerosos recunchos,  situada xa nos límites urbanos da cidade tudense, nun enclave privilexiado para vivir conxuntamente o mundo da sociedade burguesa tudense, nunha época de decadencia, e o mundo labrego e popular, das tarefas do campo, dos oficios tradicionais… será onde Xose María e os seus irmáns descubran paseniñamente os recodos da vida, personal e colectiva. Como lembrará co tempo o seu irmá Emilio “toda a curiosidade non lle cabia no peit...

O humanista tudense Álvaro de Cadaval

Escultura de A. de Cadaval na fachada da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela O tudense Álvaro de Cadal segue sendo un gran descoñecido na súa cidade natal, aínda cando para autores como Ramón Otero Pedrayo constitúe o mais egrexio representante do Renacemento en Galicia. Álvaro de Cadaval , nace en Tui, e así o afirma nalgunha oportunidade, cara o ano 1505. Na nosa cidade vivían os seus pais Juan de Cadaval Valladares , escudeiro e señor da Casa de Arcos, e María Alvarez Barbosa, señora da Casa de Matamá que residían na rúa da Zapatería (un tramo da actual Rúa Lourenzo Cuenca ou de Abaixo). Era o menor de cinco irmáns: Francisca, que casou con D. Antonio Pereira de Caldas e Castro, cortesán portugués que tiña a súa casa nobre en Arcos – Randufe (un dos fillos deste matrimonio será outro destacado escritor Francisco de Caldas Pereira e Castro), Isabel que foi monxa, Eitor ou Hector, que finou moi novo e Pedro que cos seus tres ma...

A primeira cita do “Fogo de San Telmo” no libro “Embajada a Tamorlán” de 1406?

O coñecido fenómeno do “Fogo de San Telmo” son iluminacións eléctricas ou brilos fosforescentes que nas tormentas aparecen nos mastros e aparellos dos barcos. No antigüidade clásica eran identificadas con Castor e Póllux e nos primeiros tempos cristián recibiron o nome de fogo de San Elmo, na honra de San Erasmo de Formia, santo patrono dos mariñeiros. Durante as persecucións do emperador Dioclesano (244-311), Erasmo sufriu unha serie de terribles torturas, ata que ao final, segundo recolle "La legenda aurea" de Jacobo de Voragine (c.1230 - 1298) "o seu estómago foi partido en dous e os seus intestinos foron enrolados nun cabrestante". A asociación de San Erasmo aos mariñeiros pode deberse a que nunha ocasión continuou predicando aínda cando un raio caeu onda el. Por este motivo, ao rezar a San Erasmo, os mariñeiros podían buscar protección contra o perigo dos raios na mar. Pero nos tempos dos grandes descubrimentos, os mariñeiros galegos e port...

Reflexión sobre Rosendo Salvado, un bispo nas "antípodas"

Conmemoramos o pasado 1 de marzo o bicentenario do nacemento na rúa de Riomuíños do bispo Salvado. Nestas xornadas temos rememorado alongadamente a súa traxectoria vital, a creación da abadía de Nova Nursia, a exemplar obra desenvolvida por Salvado naquelas terras a prol dos seus nativos, dos aborixes. Pero cómpre abordar unha mínima contextualización histórica daquela época na que o noso frade beneditino arriba a aquelas terras nas nosas antípodas.  A revolución industrial, xurdida en Inglaterra nas últimas décadas do século XVIII, se estende progresivamente por Europa e conleva, entre outras medidas, unha revolución dos transportes e un crecemento económico que impulsa a numerosos países á procura de materias primas para as súas industrias e mercados para os seus produtos. É o que chamamos colonialismo, que daba un novo pulo á antiga expansión colonial de época moderna que lideraran España e Portugal. Pero agora son as novas potencias industriais e económicas (Inglat...

Bo Nadal e feliz 2014 !

Dende Tudensia queremos expresar a todos os nosos lectores os mellores desexos para este Nadal e un feliz ano 2014. Achegamos para elo uns versos do escritor Teodovio Vesteiro Torres (Vigo, 1848 – Madrid, 1876) publicados no seus anos de estudo no Seminario de Tui, cidade na que residiu durante once anos. Vesteiro, como sinalabamos nun “post” de Tudensia en setembro de 2011, é “ un escritor romántico, que transita dende o catolicismo antimoderno ao galeguismo, converténdose nun dos principais expoñentes do Rexurdimento da cultura de Galicia. Aínda que nado en Vigo comezou en Tui a súa andaina cultural e consideraba a esta cidade miñota como a súa segunda patria ” ( http://tudensia.blogspot.com.es/2011/09/tuy-de-teodosio-vesteiro-torres-i.html ). Estes versos corresponden aos seus anos no Seminario tudense, onde experimentaba unha afervoada viviencia de fe, pero que expresaban xa a súa capacidade literaria que a súa prematura morte impediu desenvolver. EN LA PASCUA DE L...

Notas sobre o agrarismo tudense e os "Mártires de Sobredo"

O vindeiro domingo, 22 de novembro, terá lugar unha nova homenaxe aos "Mártires de Sobredo" diante do monumento de Camilo Nogueira na parroquia de Guillarei. Este aniversario é unha boa oportunidade para rememorar este importante episodio da nosa historia contemporánea. Achegamos un interesante video sobre estes feitos e unhas reflexións históricas sobre o proceso antiforal en Tui. O movemento agrarista en Galicia artéllase na última década do século XIX e nos primeiros anos do XX para eliminar os foros e modernizar o noso sector agrario mellorando as condicións de vida dos nosos labregos. No Baixo Miño comezaron axiña a formación de sociedades agrarias: a de Salceda, constituída en 1897, do Porriño en 1900 e de Guillarei en 1901, presidida polo canteiro Ramón Castiñeira, integrante das primeiras sociedades obreiras tudenses. Esta relación entre obreiros e labregos será unha constante no caso tudense dende este primeiros momentos, e así os canteiros Ma...