Ir al contenido principal

Entradas

Guillermo Taboada Infante, pintor e ilustrador tudense

Poucos datos temos do tudense Guillermo Taboada Infante (nado nesta cidade no ano 1909). Comezou a súa formación artística en Granada co pintor Morcillo (Trátase de Gabriel Morcillo Raya, pintor e copista que dende 1922 é o director da Residencia de Pintores da Alhambra e posteriormente profesor da Escola de Artes e Oficios da cidade en que nacera en 1887e na que morrería en 1973). En 1926 solicita unha pensión á Deputación de Pontevedra e envìa varios retratos á exposición previa de artistas que aspiraban a bolsa. No mes de febreiro concédenlle a pensión, de tres mil pesetas anuais, para estudiar pintura na especialidade de figura, na Academia de Belas Artes de Madrid, onde durante o curso 1926-1927 preparou o ingreso que aprobou. En febreiro de 1926 comeza a colaborar no “Faro de Vigo”, con viñetas que lembran ás que, polas mesmas datas, se publican na revista madrileña Buen Humor. Guillermo Taboada sumábase a unha longa lista de importantes ilustradores do diario vigués, entre os q...

Navidad en el Bajo MIño por Eliseo Alonso

A inmediata celebración das festas do Nadal e Aninovo é ocasión propicia para desexar a todos os seguidores de “Tudensia” moita felicidade e que a luz que nestas días alenta nos costumes e tradicións non fique oscurecida polo consumismo. Bo Nadal e feliz 2012 . Recuperamos para estas datas un texto do escritor e investigador "miñoto" Eliseo Alonso sobre o Nadal na nosa comarca. "Paisaje con ovejas" (1950), de Antonio Fernández NAVIDAD EN EL BAJO MIÑO por Eliseo Alonso Pese a la escarcha del sendero, la Navidad es un  tiempo suave, tierno y tibio como el musgo que se busca para el nacimiento campesino. Con el vuelo de las “paxoliñas” mozas y mozos bajan de la montaña, suben de las orillas del río. Dios ha nacido en los pagos del Bajo Miño. La luna brilla y se asombra en las cofias, justillos, dengues y mandiles del bello traje popular de las tatarabuelas que resucitan a cantar estas mismas canciones de la moza, que hace años con estas mismas galas, cantara otra mo...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...

Sobre a chamada "vara de medir" tudense

A popularmente coñecida como “vara de medir” ubicada nunha casa na esquina da rúa Tide e Antero Rubín, xunto a onde estivo situada a Porta do Arco, foi recentemente remozada, retirando o cemento que ocultaba os arcos conopiais que en senllas ventás conforman un excepcional conxunto decorativo. Este feliz arranxo permite unha visión máis completa e atinada destes elementos, resultando máis evidente, se cabe, que a, popularmente chamada, “vara de medir” corresponde cunha columna, co seu fuste decorado, que divide as dúas artísticas ventás existentes neste baixo.  Estamos diante dúas ventás xeminadas separadas por un parteluz ou mainel. Namentras as ventás están decoradas con senllos arcos conopiais, o mainel está ormanentado cunha columna adosada enmarcadas por dúas liñas gravadas na pedra, que alternan na súa superficie espazos de volumen e espazos de vacio, e que dan a este parteluz unha maior prestancia. Xa no pasado mes de agosto os amigos do blogue “Tui, ruegos y preguntas...

O outro Calvo Sotelo de Tui: Leopoldo

Se algunha vez escoitamos falar sobre a figura do tudense Calvo Sotelo, todos acostumamos a referirnos á José Calvo Sotelo, nado na nosa cidade en 1893, avogado e político, ministro de Facenda en tempos do Directorio de Miguel Primo de Rivera, lider do grupo monárquico "Renovación Española" na II República    e asasinado o 14 de xullo de 1936, nun acontecemento que para moitos apurou o levantamento militar que desencadeou a Guerra Civil. Sen embargo, é amplamente descoñecida a figura de Leopoldo Calvo Sotelo, tamén nado na nosa cidade o 15 de novembro de 1894. Ambos eran fillos do xuiz Pedro Calvo Camina que exercía por aqueles anos esta función na nosa cidade. Pedro Calvo era natural de Meneses del Campo (Palencia) onde nacera en 1855 e logo de exercer a avogacia en Peñaranda de Bracamonte (Salamanca) xa como xuiz residiu en, entre outros lugares, Bilbao, Huelma (Jaen), Castropol ou Lucena. En Ribadeo casou en 1887 con Elisa Sotelo Lafuente. Deste matrimonio ven a estreita ...

"Los órganos de la Catedral de Tuy" (1925) de Pablo Pérez Costanti

A Catedral tudense conserva una amplo elenco de obras de arte pero posiblemente os órganos, que no ano 2014 cumpriran tres séculos, son das pezas artísticas máis sobranceiras polos soberbas e espectaculares caixas realizadas polo mestre Domingo Rodríguez de Pazos. Para afondar no coñecemento da tradición musical da sede catedralicia tudense reproducimos de seguido polo seu interese un artigo do historiador Pablo Pérez Costanti publicado no xornal barcelonés “La Vanguardia” en 1925. Pablo Pérez Costanti (A Coruña, 1857 – Santiago de Compostela, 1938) foi arquiveiro, historiador, membro fundador da Real Academia Galega e autor de inumerabes traballos de investigación. Reseñar dúas das súas obras máis afamadas “Notas viejas galicianas” (3 vol. 1925) e o “Diccionario de artistas que florecieron en Galicia en los siglo XVI y XVII” (1930) para testemuñar a trascendencia de Pérez Costanti na investigación sobre o pasado de Galicia. NOTA RETROSPECTIVA Los órganos de la Catedral de Tuy Sábe...