Ir al contenido principal

Sobre a chamada "vara de medir" tudense


A popularmente coñecida como “vara de medir” ubicada nunha casa na esquina da rúa Tide e Antero Rubín, xunto a onde estivo situada a Porta do Arco, foi recentemente remozada, retirando o cemento que ocultaba os arcos conopiais que en senllas ventás conforman un excepcional conxunto decorativo.

Este feliz arranxo permite unha visión máis completa e atinada destes elementos, resultando máis evidente, se cabe, que a, popularmente chamada, “vara de medir” corresponde cunha columna, co seu fuste decorado, que divide as dúas artísticas ventás existentes neste baixo.  Estamos diante dúas ventás xeminadas separadas por un parteluz ou mainel. Namentras as ventás están decoradas con senllos arcos conopiais, o mainel está ormanentado cunha columna adosada enmarcadas por dúas liñas gravadas na pedra, que alternan na súa superficie espazos de volumen e espazos de vacio, e que dan a este parteluz unha maior prestancia.



Xa no pasado mes de agosto os amigos do blogue “Tui, ruegos y preguntas” demandaron a miña opinión sobre esta suposta “vara de medir” afirmando daquela: 
"la popular "vara de medir" presenta en mi opinión muchas dudas de que sea lo que la voz popular o la tradición dice: el patrón-medida de la vara tudense, ubicado junto a la puerta del Arco. Su ubicación en un edificio privado y su perfecta integración con la decoración de la portada de aquella casa con los característicos arcos conopiales del siglo XVI tudense me suscitan dudas de que no sea más que una columna decorativa, pues por lo que conozco no existe documentación que avale su supuesta función de "vara". Hace falta un estudio al respecto para aclarar la funcionalidad de este elemento. De todas formas seria una interesante recuperar la decoración original de este inmuebles pues diversas intervenciones nos privan de contemplar en su integridad este valioso ejemplo de la arquitectura de nuestra ciudad".



Por sorte hoxe, tras esta pequena intervención realizada, xa podemos contemplar esta singular peza decorativa, característica da arquitectura tudense do século XVI, que está amáis protexida cun pequeno bolardo pétreo instalado ao seu carón, para evitar as rozaduras dos vehículos que a cotío transitan por esta rúa e que tanto teñen estragado no pasado estas ventás.
A vara era unha medida de lonxitude empregada en España dende a Idade Media. Aínda que fálase a miúdo da vara tudense non atopei, ata o de agora, documento algún ou referencia documental, onde figure a lonxitude desta pretendida vara propia da nosa cidade. Posiblemente, ao longo da Idade Moderna, a vara utilizada, especialmente para a venda de lenzos, no territorio tudense era a “vara castelán” moi amplamente estendida.
En xuño de 1658 Filipe II órdea recoñecer como “vara castelán” á de Burgos, aínda que noutras cidades e territorios continuaron usándose outras medidas baixo a mesma denominación. Así en 1746 Fernando IV ordenaba de novo o uso da vara de Burgos, que equivalía a 3 “pies” (un total de 0,8359 m). Amais sete pés equivalían á toesa empregada en Paris.
Haberá que agardar a “Ley de Pesas y Medidas” decretada polas Cortes e sancionada pola raíña Isabel II o 19 de xullo de 1849 para comezar a adaptación das medidas ao sistema métrico decimal. En decembro de 1852 se publican as táboas de correspondencias recíprocas entre os pesos e medidas métricas e as que continuaban en uso ata aquela altura.
Procurando a través deste marabilloso trebello da rede atopamos varios exemplos de vara de medir noutros lugares de España e como podemos comprobar manteñen todas unhas similitudes derivadas da súa funcionalidade que nada teñen que ver coa pretendida vara de medir tudense, que non non é mais que un fermoso elemento decorativo ao que a imaxinación  popular levou a identificar co patrón da vara tudense.

Vara de medir de Zafra

Vara de medir de Jaca


Vara de medir de Barcelona

Vara de medir de Sos del Rey Católico

Dende a Idade Media o Concello tudense era o encargado do “control de las medidas de los pesos y mercancias que entraban y se vendían en Tui, garantizando por un lado el buen abastecimiento de la ciudad y por otro la transparencia de las operaciones comerciales, función que estaría a cargo de los jurados” (Mª Carmén Sánchez Carrera: “El Bajo Miño en el siglo XV. El espacio y los hombres”, A Coruña, 1997, p. 218).
Nos reinos peninsulares existía á figura do “almotazén” ou responsable oficial de contrastar os pesos e medidas, tamén denominado, como é o caso tudense, como “fiel medidor”, un oficio público que tiña como función verificar a exactitude das medidas nas transaccións comerciais e polo que recibía una cantidade en especie ou diñeiro en cada unha das transaccións. Cando aparecen dificultades na facenda pública en moitas cidades este oficio público será enaxenado. O habitual era que o Concello conservase estas medidas patrón na súa sede ou na alhóndiga ou mercado público, que no caso tudense atópase primeiro na praza da Catedral (no que hoxe ocupa o Museo Dioesano) e logo nas inmediacións da Porta da Pía e na Corredoira. Pero este “fiel” contrastaba non só ás medidas de lonxitude senón os pesos, como por exemplo o da carne na carnicería de abasto público, ou daqueles outros productos sometidos a tributación (aceite, viño, gran, etc.).
En conclusión, non conservamos actualmente en Tui unha “vara patrón” desta medida de lonxitude, feito derivado posiblemente de que este contraste era obxecto de tributación e a súa colocación nun espazo público reduciría os recursos económicos do Concello. Consecuentemente, a popularmente denominada “vara de medir” corresponde cunha peza decorativa ou mainel que separa dúas ventas xeminadas ornadas con senllos arcos conopiais, característicos da decoración arquitectónica do século XVI, nun momento de reconstrucción urbana na nosa cidade, superados os tempos de crise baixomedieval.

Comentarios

  1. Bo dia. Interesante artículo, grazas. Unha cousa, onde dis Felipe II, ¿non será Felipe IV? Saúdos!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...