Os Premios da Critica están concedidos anualmente pola Asociación Española de Criticos Literarios (AECL) e dende 1956 se otorgan aos mellores libros de narrativa e poesía publicados en España ao longo do ano anterior, tanto en castelán como en galego, esukera e catalán. Son un dos galardóns de máis prestixio, aínda carecendo de dotación económica.
Os premiados en lingua galega nesta edición do ano 2011 son Victor Freixanes pola súa novela “Cabalo de ouros” e na modalidade de poesía Marga do Val co seu poemario “A cidade sen roupa ao sol” que, en opinión do xurado, trátase dunha obra reflexiva que debuxa un universo no que a voz poética sumerxese en significativos episodios biográficos ao xeito dunha particular educación sentimental.
Parabéns dende Tudensia para Marga do Val por este galardón que premia unha obra que ten como protagonista, maís alá da propia autora, á nosa cidade de Tui. “A cidade sen roupa ao sol” é un elaborado poemario que agora recibe, logo da boa acollida por parte dos lectores, este premio que testemuña a calidade do traballo literario de Marga do Val e que coloca ás letras tudenses no panorama literario peninsular
Xa nas páxinas de Tudensia recollimos no pasado mes de decembro, coincidindo coa presentación do libro, un “post” dedicado a este fermoso libro do que recollemos estes dous párrafos:
Este poemario de Marga do Val é unha viaxe interior á unha parte da alma tudense que tantas veces temos calado, como unha autodefensa colectiva:
Reparade na cidade
onde só a lúa é transparente
onde a néboa regresa casa noite
cargada de pólvora
e o ceo se cobre de berros
de silencios atados.
(…)
Congratulámonos por esta nova publicación de Marga do Val que certifica a sua sensibilidade poética, a súa habelencia coas palabras, ás que sabe coidar para que nos enriquezan, para que ao clareo, nos axuden a sustentar a nosa existencia colectiva, dotando de nova brancura a este tecido colectivo que conformamos coa nosa memoria. A ilustración da portada é obra do tudense J. B. Jaso.
Para os interesados o enlace ao post sobre "A cidade sen roupa ao sol"
http://tudensia.blogspot.com/search/label/Marga%20do%20Val
E reiteramos a nosa noraboa a Marga do Val.
Grazas a Tudensia e a quen está destrás. Para min o premio foi unha grande e inesperada alegría. Hoxe na miña terraza había moita roupa ao sol e Tui estaba luminoso e con arrecendo a azar.
ResponderEliminarSaúdos.
Marga do Val
Noraboa para Marga do Val, quen foi quen de atrapar coas súas palabras a ialma da cidade onde habita
ResponderEliminar