Ir al contenido principal

Entradas

Notas gastronómicas tudenses

En días pasados un amigo agasalloume co libro de Alejando da Cuña Fernández, titulado “Receitas con historia”   onde o autor realizar unha escolma de 54 receitas de cociña recollidas da tradición de diversas familias da nosa contorna e mesmo do mosteiro das Clarisas tudenses. Un libro altamente recomendable non xa polas súas posibilidades, pois nos abre a saborear   un   amplo número de pratos altamente atraintes, senón polo significado cultural que agochan as follas deste volume. Nas súas 119 paxinas atopamos as principais receitas das lareiras tudense, os seus produtos gastronómicos máis recomendables: anguías, bacallau, lampreas,   sábalo, coello, cordeiro, empanadas, ovos, legumes, etc e unha sele c ción de doces caseiros. A gastronomía conforma un dos grandes tesouros que posuímos en Galicia e que paseniñamente imos recuperando e revitalizando. A tradición culinaria é tamén un aspecto substancial da nosa identidade colectiva, un aspecto da nosa tradici...

MC anos da restauración da sede episcopal por Ordoño II

Vimos de comezar o novo ano 2016 e ao abrir esta nova páxina temporal podemos ollar tamén como no pasado ano cumprironse 1100 anos da restauración da sede tudense polo monarca leonés Ordoño II no ano 915. Posiblemente o escaso coñecemento da historia altomedieval de Galicia e consecuentemente tamén do territorio tudense xunto ao desleixo con que os tudenses ollamos para o noso pasado histórico, entendido tantas veces como un acervo idealizado e non como unha potencial fonte de riqueza (cultural, social e mesmo económica). Ordoño II nunha miniatura da Catedral de León Nas diversas publicacións existentes sobre a historia de Tui este acontecemento é obxecto dunha somera cita ou directamente ignorado. Recuperar esta páxina do noso pasado, procurando contextualizar e revelar a dimensión deste acontecemento é unha forma non xa de coñecer o noso pasado histórico senón de dotar á   nosa cidade e as súas xentes de referentes e recursos para a recuperación do relato do noso patri...

Camilo José Cela e Tui

Camilo José Cela foi, é, un dos grandes escritores galegos e universais, recoñecido coa concesión do Premio Nobal de Literatura no ano 1989 pola súa “prosa rica e intensa”. Datoda dunha personalidade contraditoria, polémico pola súa colaboración inicial coa ditadura franquista e pola súa visión ácida e critica do home e da sociedade, pero ao tempo aclamado por moitos. Certamente dos seus valores narrativos están fóra de toda discusión constituíndo a súa obra unha das cimeiras da literatura en español. A súa relación con Tui venlle a través do seu pai, Camilo Cela Fernández, que naceu na nosa cidade a finais do século XIX e onde a súa familia posúe unha alongada presenza.   Os Cela chegan a Tui, procedentes das terras de Piñor, en Ourense, coa figura de Camilo Cela Fernández (Piños de Cea /Ourense, 1843 – Tui, 1923). Tivo na nosa cidade un comercio relacionado coa siderurxia e a ferretería. Actuou intensamente na vida política local, aliñado no partido conservador de...