Ir al contenido principal

Entradas

Os inicios da Banda de Música de Tui (I)

Banda de Música de Tui, 1919  Foto do arquivo do Museo Diocesano de Tui A música sempre estivo presente na historia da nosa cidade ao través principalmente da capela da Catedral que, co seu mestre ao frente, animaba as celebracións litúrxicas e era, ao tempo, unha escola ricaz de aprendizaje de numerosos mozos tudenses. Xa que logo é comprensible que existisen xa no século XIX diversas agrupacións musicais ou bandas de música de afeccionados que participasen nas celebracións festivas da nosa cidade e animasen as festas das sociedades recreativas de Tui. Así coñecemos que dende mediados de século existía unha banda promovida pola Beneficencia da cidade, que desaparece nos últimos anos da década de 1870. En torno ao ano 1880 o Concello tudense, presidido daquela por Hipólito Padín, na sua sesión ordinariua de 24 de febreiro acorda que “ teniendo en cuenta la necesidad que se hace sentir de una banda de música en la población, ya que dejó de existir la que había de aficionad...

Os altares de San Xoán

A festa de san Xoán é unha das festividades cíclicas que reúne ao seu arredor numerosas manifestacións da cultura popular. Tamén nas terras tudenses esta festividade goza dunha alongada tradición, o cronista tudense Manuel Fernández-Valdés, un dos escasos estudosos da nosa cultura popular, escrebe ao respectop no ano 1961: “ El llamado ciclo “san juanero” comprende el período que media antre San Juan y San Pedri; des el solsticio de verano, cuando el sol slcanza su mayor elevación sobre el horizonte, Los pueblos primitivos celebraban con diversas ceremonias eswte triunfo del sol. Elementos tan opuestos como el agua y el fuegio se conjugan en este rito. Era, sin duda, una fiesta de prurificación, porque lo mismo el agua que el fuego, en todas las religiones y mitologias, son elementos purificadores. En Tuy se practican abluciones en el Miño, al filo de las doce de la noche. Rondas de mozos y mozas corren a beber el agua de las nueve fuentes. Otros, para evitar enfermedades cu...

A casa dos Maceira

Na pasada semana o Concello de Tui procedeu, tras a pertinente autorizacion xudicial, á limpeza dunha propiedade sita no barrio do Arrabal da nosa cidade. Trátase dun amplo edificio que foi a residencia dunha importante familia tudense do século XIX: os Maceira. Neste casa naceu o que logo chegou a bispo de Tui, Telmo Maceira Pazos, polo que esa rúa aínda hoxe leva o seu nome: Rúa do Bispo Maceira. Na súa residencia esta familia deixou mostra da sua capacidade económica e social. Agora convertida nunha ruina rememorar estas páxinas da historia local outorgalle a esta propiedade un valor engadido que cómpre resaltar. Como sempre a ampla sabiduria sobre a historia tudense de Manuel Fernández-Valdés nos informa amplamente sobre esta linaxe no seu libro “Familias antiguas de Tuy”, a quen seguimos, con algunhas correccións ou achegando novos datos ao respecto. Destacaremos só duas das principais figuras desta familia tudense. En primeiro lugar Telmo Maceira Pazos, que amais de ocu...

Francisco Sánchez "desahuciado"

Unha das figuras máis salientable que teñen nado na nosa cidade ao longo dos tempos é o médico e filósofo tudense Francisco Sánchez. A recente edición das súas obras na chamada “Biblioteca dixital Francisco Sánchez” póla Fundación Ignacio Larramendi, coa colaboración da Fundación Mapfre e o Concello de Tui é a mais recente testemuña da transcendencia que este tudense nado en 1551 posúe para a historia do pensamento moderno, realizando unha achega filosófica que logo de cinco séculos segue suscitando interese e admiración. Francisco Sánchez “O escéptico” ou “O tudense” está na orixe da filosofía moderna da que aínda hoxe tomamos os seus prantexamentos. Certamente ata principios do pasado século (1907) era descoñecido o berce tudense do “Esceptico” o descubrimento polo investigadro francés H.P. Cazac do seu manunscrito de inscrición da Universidade de Toulouse, onde foi profesor, de ““ Ego Franciscus Sanctius, hispanus, natus in civitate Tudensis ”. Alonxou todas as dúbidas sobre...

Ás voltas co Camiño de Santiago

Lemos estes días que a asociación “Iacobus Tui xunto con Espaço Jacobeus, organiza unha nova edición de Lugares do Camiño. Esta actividade, que se realiza coa colaboración do Concello de Tomiño e a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, está incluída dentro das actividades a realizar para a recuperación e revitalización do Camiño Portugués do Norte a Santiago, que ven dende Barcelos e pasa por Cerveira e Tomiño e se une en Redondela ao Camiño”. De novo agroman en iniciativas, de seguro realizadas dende a mellor intención, que crean confusión sobre o tema dos camiños xacobeos. Neste mesmo blogue escribimos vai para dous anos e medio, que segundo o Consello de Europa e a Lei de protección dos camiños de Santiago “reciben o nome de Camiño de Santiago todas as rutas históricas recoñecidas documentalmente”, pois a historicidade dos roteiros é un elemento consubstancial á propia definición de Camiño de Santiago. Furtar esta condición histórica é unha irresponsabilidade, e ata...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...