Ir al contenido principal

Entradas

De novo “sesión continua” co Teatro Principal

De novo o Teatro Principal de Tui recupera actualidade coa decisión da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia de non iniciar o expediente para a súa declaración como “Ben de Interese Cultural” ao estimar que non posúe o valor preciso para ser merecente de dita declaración. Remite a súa protección ao vindeiro Plan Especial do Conxunto Histórico tudense, actualmente en redacción, e a súa inclusión no ámbito do conxunto histórico de Tui, declarado BIC dende 1968. Unha lamentable noticia pero moi previsible. Xa dende este blogue comentamos no seu momento que as “instruccións” da Consellería de Cultura, dirixida daquela pola nacionalista Anxela Bugallo, á Fundación Teatro Principal de Tui para que solicitase a incoación do expediente de declaración como BIC do inmoble non era máis que unha típica manobra “política” para adiar un problema. A xustificación de que era precisa a súa condición de BIC para acceder aos fondos do 1% Cultural ou a outros financiamentos para a súa rehabilitación...

"Heroísmo e grandeza de Tui" de Manuel D. Benavides

Hai hoxe 75 anos que coa sublevación de parte do Exército deu comezo a guerra civil en España. Nesta luctuosa historia a cidade de Tui ocupa un lugar relevente ao converterse na última localidade de Galicia en sumarse ao “Alzamento” militar. Un episodio relevante da nosa historia contemporánea que dexiou un ronsel de sofrimento, represión e morte. Recuperamos para conmemorar esta efeméride recuperamos un texto do escritor e xornalista Manuel Domínguez Benavides (Ponteareas, 1895 – México, 1947). Benavides, militante primeiro socialista e logo no exilio comunista, escribiu diversos libros, cun estilo de novela social ou política que combina o relato xornalístico coa narración literaria, nos que analiza os últimos anos da II República e a guerra civil. En 1933 publicou a súa primeira novela social “Un hombre de treinta años”, de corte autobiográfico e no   1934 “El último pirata del Mediterráneo”, obra sobre os «negocios» de Juan March, que foi un dos grandes éxitos populares da époc...

Gunvaldsborg: os viquingos en Tui

A historia tudense é xenerosa en episodios protagonizados por egrexias persoalidades que deixaron a súa pegada na nosa cidade e cuxa memoria conservamos como elemento senlleiro da nosa identidade. Nesa época, que algúns se empeñan en chamar "escura", da Idade Media, e que non ten máis escuridade que a escaseza de fontes históricas que posibiliten un axeitado coñecemento do noso pasado, os ataques viquingos á Galicia e, nomeadamente, a Tui –coa figura protagonista de Olav- son un lugar común do noso pasado que nos vencella cos pobos nórdicos e que confirma a dimensión atlántica da nosa terra. Aínda en Galicia non temos atopado restos arqueolóxicos que testemuñen a presenza viquinga pero conservamos referencias documentais e literarias sobre intercambios comerciais e as expedicions militares. Carecemos tamén de topónimos desa procedencia, aínda que para diversos filólogos termos náuticos como “babor”, “estribor”, “estai” ou “singradura” teñen unha orixe nórdica e que evidenci...

O tudense Enrique Pérez Serantes, arcebispo de Santiago e Primado de Cuba

O pasado lúns asistimos no Club Faro de Vigo á presentación do libro “ Iglesia y revolución en Cuba. Pérez Serantes, el obispo de salvó a Fidel Castro ” (Ediciones Encuentro, 2011) que ten acadado o Premio de Investigación Histórica Jovellanos 2011. O seu autor, o historiador Ignacio Uría, fixo unha moi interesante achega ao contido da súa obra que conforma unha auténtica biografía de Enrique Pérez Serantes, un tudense que chegou a ser arcebispo de Santiago de Cuba e Primado da Igrexa daquela illa. No Faro de Vigo do pasado martes poden os interesados achegarse ao contido desta presentación ( http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2011/06/21/uria-tudense-perez-serantes-obispo-revolucion-salvo-fidel/556274.html ) Pero a “Tudensia” o que nos interesa de xeito especial é recuperar para a memoria local o nome deste tudense ata agora, e pese a que pasaron escasamente corenta anos da súa morte, practicamente ignorado na súa terra natal. Eu coñecía unicamente unha referencia illada at...

Ulpiano Benito Piña, farmacéutico en Tui e Cuba

Recollemos hoxe en “Tudensia” senllos artigos periodísticos dedicados á figura do farmacéutico tudense, Ulpiano Piña, destacado militante republicano nos anos treinta en Tui e que tivo de fuxir ao comezo da guerra civil por mor da represión desenvolvida polas tropas franquistas. Unhas achegas que nos ilustran sobre esta personalidade, certamente de grande interese da nosa historia contemporánea. Por mágoa cómprenos aos tudenses recuperar moitos nomes salientables do noso pasado, tanto recente como remoto, ata agora esquecidos. Ulpiano Piña, un protector gallego de indígenas en Cuba Luchó contra el analfabetismo y trató a la población contra el paludismo, la sífilis y la lepra Faro de Vigo, martes 14 de junio de 2011   Luís Hatuhey Piña Castiñeira con la foto de Ulpiano Piña, su padre. // E.G. Un farmacéutico casado con una tudense, que tuvo establecimiento en Tui, llevó la civilización hasta el valle de Caujerí, situado entr...

"Poético" anuncio da sombrereria Medina de Tui

LAS TRES B.B.B. SOMBRERERIA DE  LAUREANO MEDINA Calle Elduayen (Soportales) TUY Otra vez parroquianos la musa mía á la calle se lanza precipitada y anunciando mi antigua sombrerería os acomete á todos á mano airada. Sale para deciros como otros años que tengo de sombreros un buen surtido que á todos los que quieran, propios y extraños los vendo por un precio muy reducido. Por ella sabrá el público que ya han llegado los géneros de estío de última moda, y en canales tal número que yo he pensado canalizar con ellos la ciudad toda. Y una bimba venida de no sé donde pero que de seguro bajó del cielo, pues al que tiene canas se las esconde; ¡y al calvo que la compra le nace el pelo! Para los que tienen sangre torera han traído frascuelos y cordobeses , Mazantinis , que el timo dan á cualquiera y currilos que duran sesenta misas. ¡Tengo para los pollos cada flexible! que al que sepa ponerlo con elegancia créanme a mi señores es muy posible que algún inglés lo lleve de balde ...