Ir al contenido principal

Entradas

Las siamesas de Tui, por Pablo Larraz Andía

O amigo D. Luis Hernando de Larramendi, tudense de adopción e entusiasta dos temas históricos e especialmente do médico e filósofo tudense Francisco Sánchez e que tanto está traballando pola súa recuperación, é un seguidor fiel de Tudensia e xenerosamente enviou unha colaboración de Pablo Larraz Andía que hoxe publicamos neste blog. Pablo Larraz (1974) é médico e investigador en temas de historia, centrándose especialmente en aspectos sociais e asistenciais da medicina en Navarra nos século XIX e XX, en particular nos conflitos bélicos Autor de numerosos artígos,   o seu libro «Entre el frente y la retaguardia», sobre a historia do Hospital «Alfonso Carlos» de Pamplona, foi galardonado co IX Premio Internacional de Historia del Carlismo «Luis Hernando de Larramendi». É membro do Comité Científico da Revista «Panacea» e do Consello de Redacción da colección «Temas de Historia de la Medicina». Tern publicado tamén «Aventuras de un gentleman en la tercera carlistada. Imágenes de la...

Tui cidade slow?

Os seguidores de Tudensia me permitiran este post que é case unha reflexión, pois ás veces resulta ata beneficioso considerar algunhas ideas e actuacións que están a funcionar noutros lugares, e que semellan case utópicas, pero que nos abren a novos prantexamentos, a novos criterios, suscitándonos novos parámetros de actuación ou de interpretación da realidade. O conxunto patrimonial tudense precisa, por unha banda, dunha atención de caracter coxuntural, de atencións inmediatas a súa problemática concreta que favoreza á vida nese ámbito. Pero non podemos renunciar a realizar unha diagnose estructural que defina grandes obxectivos e estratexias a medio e longo prazo, para deseñar unha nova xeira que poña en valor este tesouro que posuimos os tudenses. O momento é idóneo e non tanto polas inmediatas  elección municipais senón porque o goberno municipal que resulte deste proceso electoral asumirá a elaboración e culminación do Plan Especial do Conxunto Histórico onde é imprescindibl...

Centenario da chegada das relixiosas "Hospitaleiras" a Tui

Actual residencia "Paz y Bien" das RR. Franciscana Hospitaleiras, antiga Casa da Sarabia A implantación da República en Portugal tivo diversas consecuencia que afectaron a Tui como cidade veciña das terras lusitanas. Xa falamos nun post do pasado mes de outubro da evolución histórica dos primeiros días de implantación do novo réxime en Portugal e as súas consecuencias en Tui. (http://tudensia.blogspot.com/2010/10/proclamacion-da-republica-portuguesa-no.html). Unhas das características que adopta, na súa primeira hora, o republicanismo portugués é o seu laicismo militante promovendo a expulsión das ordenes relixiosas do territorio lusitano e a confiscación dos seus bens. Desta forma, numerosos frades, monxas e cregos cruzaran a fronteira na procura do exilio en terras galegas. Era bispo de Tui naquela altura, 1910, Valeriano Menéndez Conde que ocupaba a cadeira episcopal dende 1894. No seu episcopado constatamos a chegada á nosa cidade de novas ordenes e institucións católic...

Marga do Val acada o premio á mellor tradución por "Randea do alento" de Herta Müller

A escritora tudense Marga do Val logrou o pasado sábado premio á mellor tradución ao galego do ano 2010 pola súa tradución da novela “Randea do alento” da escritora romanesa Herta Müller, premio Nobel de literatura do ano 2009. Os premios AELG foron concedidos en Santiago de Compostela pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Este recoñecemento súmase ao recente Premio da Critica polo seu poemario “A cidade sen roupa ao sol”. Dende Tudensia nos sumamos os parabéns á Marga do Val polo seu fecundo traballo literario e polo recoñecemento logrado que testemuña a calidade da súa escrita. “Randea do alento” foi presentada na Biblioteca Municipal de Tui, nunha sesión do seu clube de lectura de adultos, o pasado 5 de outubro nun acto no que participaron xunto á tradutora, a escritora María Xosé Queizán e a doutora en filoloxía xermánica Montserrat Bascoy Lamelas. Xa Dolores Vilavedra nunha crítica publicada nas páxinas de Galicia de El Pais anunciaba a cobizosa tradución de Marga ...

A primeira mención ao "fogo de San Telmo"

"San Telmo" de Luis Bono Hernández Santaolalla, Museo de Málaga A figura de Frei Pedro Gonzalez, a quen chaman “O Corpo Santo” e andando os séculos “San Telmo” resulta canto máis afonda un nos seus múltiples aspectos de maior interese. Interesa a súa biografía, certamente notable: dean ou coengo da Catedral de Palencia moi novo, dominico da primeira hora, confesor e conselleiro do rei Fernando III, frade mendicante polos camiños do Noroeste peninsular, promotor de obras públicas de carácter social... Tampouco fica sen interese a súa dimensión espiritual, se podemos desvencellar ese aspecto da súa propia vida: o seu espirito evanxelizador, dotado dunha sólida formación intelectual, “perde” a súa vida predicando polas aldeas a xentes sen cultura, reproducindo o modelo apostólico de ir de dous en dous (regula socii), vivindo unicamente das esmolas e da Providencia, compartindo a existencia coas xentes do pobo, promovendo un sacramento daquela pouco frecuentado, a penitencia... v...

Posibles pervivencias medievais na Semana Santa tudense

A nosa cidade conserva elementos tradicionais que testemuñan a nosa propia historia e as nosas raíces culturais. Unha destas tradicións son as celebración litúrxicas da Semana Santa. Nunha cidade onde o peso da Igrexa ten sido ao longo dos séculos un referente ineludible as diversas tradicións deste tempo litúrxico nos ofrecen referencias sobre a vida e a identidade tudense. A súa pervivenia, afortunadamente aínda alonxada dos referentes da Semana Santa doutras zonas da Península alleos as nosas prácticas tradicionais, son un referente singular que, máis aló dos discursos e crenzas de cada quen, cómpre preservar na súa esencia. Xa no pasado ano nos ocupamos en Tudensia das tradicións tudenses e valencianas referentes á Semana Santa recuperando un texto do cronista oficial da cidade de Tui, Manuel Fernández-Valdés Costas e que os interesados poden consultar en: http://tudensia.blogspot.com/2009/03/tradicion-na-semana-santa-tudense.html A Semana Santa tradicional está conformada por ...