Ir al contenido principal

Entradas

DCCLXXXV aniversario da consagración da Catedral de Tui

Conmemórase o 30 de novembro o aniversario da consagración da Catedral de Tui no ano 1225 polo bispo Estevo Exea. Este aniversario do monumento máis sobranceiro da nosa cidade, auténtico símbolo dos tudenses, danos ocasión para recuperar un texto de Manuel Murguía sobre a nosa Catedral publicado na súa monumental obra "Galicia", editada en 1888. Trátase da introdución ao estudo pormenorizado do templo, no que Murguia aborda a continuidade histórica da ocupación do recinto histórico tudense. Ilustración na obra, pero colocada inversamente á realidade Casi todas las Catedrales gallegas ocupan un antiguo lugar sagrado, la de Tuy más visiblemente que ninguna de ellas. Asiéntase en la corona del viejo castro que se denominó en otros tiempos Castellum Tude y como si tratase de recordar eternamente su primitivo destino se presenta a nuestros ojos bajo el doble aspecto de basílica y fortaleza. Perdió la iglesia compostelana los cubos y defensas que en otro tiempo la adornaban y l...

O Camino de Santiago en Tui (VI): peregrinos do século XVII

Ao longo do século XVII existen numerosos e moi importantes relatos sobre peregrinos que visitan a nosa cidade no seu tránsito xacobeo. Comezaremos polo periplo que realiza Sobieski , pai do que foi rei de Polonia Xoán III, que visita o sartego de Compostela en 1611 e que logo se encamiña cara Lisboa pola ruta tradiciónal dos peregrinos: Tui-Valença, Ponte de Lima, Porto e Lisboa. Recolle F. Calo que Samuel Purchas publicou en 1625, un iti nerario inglés en verso que debeu ser feito a finais do século XV; relata que dende Santiago marchou polo camiño portugués e dende Pontevedra chega á cidade do “Corpe Sante”, a última de Galicia, na beira do mar e que non pode ser outra cidade que Tui. En 1672 se publicaron os oito libros de viaxes de A. Jouvin , dedicado o segundo deles a España e Portugal, describindo pormenorizadamente o camiño portugués. Aos poucos anos, no ano santo de 1677, está documentada a peregrinación da duquesa de Aveiro polas nosas terra tudenses e valencianas. ...

O Camiño de Santiago en Tui (V): peregrinos no século XVI

Continuamos a serie sobre o Camiño de Santiago en Tui coas referencias ás peregrinacións xacobeas en Tui no século XVI: No ano 1532 Frei Claude de Bronseval e o seu señor o abade don Edme de Salieu culminan en Tui o seu periplo de dificultades por atopar aloxamento como peregrinos: “ Tivemos graves problemas para aloxarnos. Os habitantes ríanse de nós, como se fosemos bárbaros ou sarracenos. Ao ver isto dous irmáns da Orde de predicadores levaronnos ante unha anciá a quen lle suplicaron que nos dera aloxamento. Foi o noso último aloxamento en Galicia e dicían que era moi bo, pero en realidade era moi malo ”. En 1537 o viaxeiro italiano Nicolás Cleonardo , preceptor dos infantes portugueses, narra a súa viaxe dende Evora ata Compostela; na ida realizou o camiño por Ponte de Lima e Tui, namentras que ao regreso tras cruzar o rio Miño na barca de Tui, voltou a Ponte de Lima pero dende alí visitou Viana do Castelo para retornar ao interior por Barcelos. Entre 1567 e 1568 Sexism...

Apuntes para unha biografía de Darío Álvarez Blázquez

O pasado martes 26 de outubro o Concello de Tui rendéulle unha homenaxe a doutor Darío Álvarez Blázquez ao cumprirense o centenario do seu nacemento o 30 de setembro. Con este motivo descubriuse unha placa conmemorativa na que foi a súa residencia na rúa San Telmo (daquela número dous... hoxe número cinco por azares administrativos...). No suplemento “Baixo Miño / Louriña” do "Faro de Vigo" do pasado sábado 30 de outubro publiquei est pequena biografia do egrexio tudense, que agora reproducimos un chisco ampliada en Tudensia. Apuntes para unha biografía de Darío Álvarez Blázquez A presenza da familia Álvarez na vella cidade tudense percorre boa parte do século XX. A súa pegada, de xeito directo ou indirecto, está presente en numerosos acontecementos da vida social (no seu máis amplo sentido) de Tui ao longo de moitas décadas. Primeiro coa chegada a Tui do médico Darío Álvarez Limeses, exercendo o seu labor asistencial ao longo de tres décadas, paralelamente ao seu...

Tui nas descricións xeográficas do século XVIII, por Juan Miguel González Fernández

"Tudensia" hónrase en contar coa colaboración do prestixioso historiador Juan Miguel González Fernández, especialista en historia moderna, que nos envia unha colaboración sobre Tui de grande interese. Interrumpimos pois temporalmente a serie sobre as peregrinacións xacobeas que retomaremos axiña. Gracias a Miguel por esta achega sobre a nosa cidade. José Cornide Saavedra Coa chegada da Ilustración a Galicia xorde o interese polo coñecemento máis “científico” do Reino, aparecendo un pequeno pero valioso grupo de autores, que motivados ben polo militar ou pola economía recollen información precisa e máis ou menos veraz sobre a nosa terra, e a s súas cidades, entre a que non pode faltar Tui, daquela cabeza de provincia. Tamén van a aparecer, xa impresos -para máis público-, “Diccionarios” que seguen máis ou menos os pasos das obras anteriores. Os diferentes intereses e perspectivas dos autores, ainda as veces contradictorios, permiten facermos unha idea cabal de como e...

O Camiño de Santiago en Tui (IV): peregrinos medievais

Retomamos neste post a serie sobre o camiño de Santiago e Tui, recuperando as referencias a peregrinos da Idade Media Imaxe de Tui no "Livro das fortalezas" de Duarte D'Armas que acompañaba ao rei D. Manuel na súa peregrinación Posiblemente o primeiro peregrino que do que temos noticia en acudir a Compostela foi o bispo de Porto, D. Hugo , morto no 1156. Xa en 1219 o rei D. Afonso II acudiu a Santiago a implorar a curación dunha doenza, cruzando o Miño por Tui. Foi o primeiro monarca portugués en desprazarse ata Santiago de Compostela, continuando esta ruta de peregrinación posiblemente Afonso II (1220), tal vez Sancho II (1244), Afonso II (1253), a viuva do monarca D. Dinis, a raíña Santa Isabel , don Fernando I e don Manuel I . Destas peregrinacións as que temos máis documentadas son as da Raíña Santa e don Manuel. Santa Isabel de Portugal peregrinou a Compostela en 1325, ao ano de enviuvar. Existen numerosas tradicións no Norte de Portugal e mesmo no Sur de Gali...