Ir al contenido principal

Entradas

A Catedral de Vigo está en Tui

Logo de varios dias de descanso leo, con sorpresa, que o Alcalde de Vigo reclama para a súa cidade que a actual con-catedral de Santa María pase a posuír a condición de Catedral. Unha teima que xa enunciou, hai agora dous anos, cando reclamou diante do anterior bispo de Tui-Vigo que a denominación da diocese fose exclusivamente como “diocese de Vigo”. Posiblemente estes “desatinos” do alcalde vigués non son merecentes de consideración pois, ata certo punto, o mellor sería non darlles aprecio. Pero non me resisto a un comentario dende “Tudensia” para evidenciar o seu despropósito, un anceio de “cesaropapismo” que invade, de cando en vez, ao alcalde vigués. Como alguén afirmou hai dous anoa: “Tui-Vigo: a primeira diocese con alcalde?”. Crear unha polémica localista e “paleta” como a que promove o Alcalde de Vigo é unha irresponsabilidade pois en aras a un recoñecemento do papel estratéxico de Vigo pretende anular a singularidade dunha vella cidade como Tui que ten na súa condición ep...

A romaría de Nosa Señora das Angustias no monte Aloia

O vindeiro domingo o Monte Aloia acollerá, un novo ano, a romeria dedicada á Virxe das Angustias que cada primeiro de xullo reune no cume daquel monte a moitos romeiros que acuden a esta festividade tradicional da bisbarra tudense. Con todo, na actualidade esta romería por mágoa ten perdido boa parte do seu atractivo, cando era unha magnifica oportunidade para o encontro dos veciños das parroquias cercanas ao monte Aloia que acudían en grande número; concretamente chegaban xentes de Atios, os Budiños, Guillarei, Soutelo, Rebordáns, Ribadelouro, Tui, Randufe, Areas, Sobrada, Pexegueiro, Malvas, Couso, Morgadáns e Peitieiros. É unha lástima que estas celebracións festivas de caracter comarcal teñan perdido boa parte da sua forza diante das festas locais. Sirvan este post para lembrar esta romeria tradicional da nosa comarca, con duas achegas de dous egrexios tudenses, Manuel Fernández Valdés e Xosé María Álvarez Blázquez. EL JUBILEO DE LAS ANGUSTIAS En julio comienzan las grandes...

Xogos Florais de Galicia en Tui 1891

A cidade de Tui posúe unha longa historia chea de datas memorables cuxa lembranza contribúe ao coñecemento do noso pasado e consecuentemente da nosa identidade, construída en base este legado secular que singulariza a esta vella urbe. Pero a historia sempre a escribimos dende o presente, e resposta ás nosas expectativas actuais, xa que logo lembramos hoxe un acontecemento histórico para a cultura de Galicia, a celebración na nosa cidade dos Xogos Florais de Galicia en 1891, sendo o primeiro acto público celebrado integramente en lingua galega e que tivo como escenario o Teatro Principal tudense Unha corrente de opinión e de acción política que viña agromando ao longo da Restuaración culmina arredor de 1889-1990 coa publicación de dúas obras: “El regionalismo gallego” de Murguia e “El regionalismo” de Alfredo Brañas. Estas obras suscitarán a adhesión dos tres sectores do galeguismo naquela altura: os federalistas do lucense Aureliano Pereira, os liberais de Manuel Murguia e os conse...

Centro de Interpretación "Tui, porta do camiño portugués"

Onte foi presentado aos medios de comunicación o Centro de Interpretación “Tui, porta do camiño portugués” que o Concello de Tui ten instalado no antigo edifício do convento de San Domingos, para promover o coñecemento deste itinerário xacobeo e a súa valorización. Este novo equipamento enriquece a oferta cultural da nosa cidade. Damos noticia en “Tudensia” desta apertura echagando unhas imaxes do mesmo e copia da nota de prensa enviada pólo Concello de Tui sobre este centro. O ANTIGO CONVENTO DE SAN DOMINGOS ACOLLE O “CENTRO DE INTERPRETACIÓN, TUI PORTA DO CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGO” A Concelleria de Cultura do Concello de Tui presentou a instalación no antigo convento de San Domingos do centro de interpretación “Tui, porta do camiño portugúes a Santiago” coa finalidade de promover entre peregrinos, visitantes e os propios veciños de Tui o coñecemento da historia e do patrimonio vencellado na nosa cidade oa camiño de peregrinación a Compostela. ...

O libro de "toma de hábitos" das Clarisas tudenses de 1569

O Mosteiro de Nosa Señora da Concepción conserva, amáis do seu importante conxunto arquitectónico e escultórico, un abondoso conxunto de obxectos mobles de singular interese que supera o propio ámbito da comunidade monástica. A exposición celebrada en outubro de 2008 para conmemorar o quinto centenario da súa presenza en Tui posibilitou que poidesemos achegarnos, por vez primeira, ao coñecemento e disfrute deste obxectos que conservan con especial agarimo as nosas benqueridas “Encerradas”. Entre os obxectos de uso litúrxico e devocional salientaba un libro manuscrito Xa Ernesto Iglesias Almeida tiña dado noticia deste libro nun artigo publicado en “Anuario da gaita” nº 11 (1996) da Escola Provincial de Gaitas de Ourense, titulado “Un gaiteiro tudense do século XVI” no que da a coñecer unha curiosa representación deste personaxe, cicáis unha das imaxes máis antergas dun gaiteiro. Sobre este mesmo debixo escribiu, en novembro pasado Mendez Ferrin un fermoso artigo na súa secció...

"Un viaje a Portugal", texto de Manuel Murguia de 1861

Recollemos hoxe en Tudensia un texto de Manuel Murguia publicado na revista madrileña “El museo universal”, editada entre 1857-1869, e que recolle a crónica dunha breve visita ás cidades irmás de Tui e Valença do Minho, anos antes da construcción da ponte internacional e cando ambas localidades vivian nunha conxuntura de certo estancamento: Tui tras a perda da capitalidade provincial non lograba superar aquela crise, namentras que Valença pola sua condición de enclave militar tampouco podia desenvolver outras das suas potencialidades. Anotar, finalmente, que cómpre ler este escrito de Murguia no contexto tanto histórico como historiográfico daquel momento da segunda metade do século XIX para comprender axeitadamente as súas afirmacións. "Transbordo en Tui" en "La Ilustración Española y Americana" año XXX, nº 15, de 22 de abril de 1886 en "La Comisión española de Panamá: apuntes de un viaje" UN VIAJE A PORTUGAL Una mañana de octubre, en la que ...