Ir al contenido principal

Entradas

O bote anguleiro, unha testemuña do noso patrimonio

A chegada das chuvias e temporais impulsados en Tui polo vento de “cabra fanada”, que dicían os nosos maiores e que agora por mágoa case non se escoita, trouxo consigo tamén unha nova tempada da pesca do meixón, que é como chamamos por estas terras miñotas ás angulas. O temas das angulas está de actualidade pois ao parecer a partires de deste ano existirá unha prohibición da súa actual forma de captura, con redes de tea con dous anos de moratoria, de xeito que dende o ano 2011 só se poderá capturar con peneira e dende as ribeiras. Esta decisión decidida para a conservación desta especie coincide coa directivas da Unión Europea a prol da conservación de especies ameazadas nos nosos rios e, nomeadamente, das anguias e dos seus alevíns. Para aqueles interesados en coñecer as características científicas desta especie poden consultar o seguinte enlace con datos de moito interese http://weblogs.madrimasd.org/ciencia_marina/archive/2008/03/25/87356.aspx do profesor investigador Antoni...

Interesante artigo en La Voz de Galicia: Tui etapa decisiva na evacuación de xudíos na II Guerra Mundial

No suplemento dominical de “ La Voz de Galicia” do pasado domingo 24 de xaneiro publicase un interesante traballo de investigación do periodista Eduardo Rolland que nos achega á historia do médico vigués Eduardo Martínez Alonso, a quen denominan o "Schindler galego ou do Miño" polo seu activo papel nos anos da postguerra española e II Guerra Mundial para salvar a xentes perseguidas polo nazismo, nomeadamente polacos e xudíos, mediante unha rede que tiña en Guillarei - Tui unha das súas etapas. A súa filla Patricia Martínez Vicente publicou hai varios anos unha obra, “Embassy y la inteligencia de Mambrú” (2004) , na que recollia en base aos documentos familiares esta auténtica epopeia de Martínez Alonso quen xenerosamente e poñendo en perigo á sua vida e a da súa familia salvou a centos de personas do exterminio nazi. Unha das etapas do seu percorrido estaba na zona de Guillarei onde estes refuxiados estaban ocultos ata que cruzaban o Miño cara a Portugal. Nos...

O Muiño do Mañoco, setecentos anos de historia entre silveiras...

A nosa cidade posúe un estenso patrimonio monumental que todos apreciamos como unha alfaia esquisita: a Catedral, os conventos como San Domingos ou San Antonio, igrexas e capelas… conforman o conxunto patrimonial tudense do que nos gabamos. Pero xunto a estes edificios emblemáticos, a nosa cidade agocha tamén outros elementos de significación patrimonial, aínda que de menor relevancia, ou de máis escaso coñecemento pero que son merecentes de aprecio, de estima e da súa conservación. Fontes monumentais e cunha historia secular como son as de San Domingos, Riomuíños ou Ouro, cruceiros como o Cristo da Cal, o da Tenencia, San Bartolomeu ou a rúa Coruña… sinxelos petos de ánimas como o do Rastrillo… son exemplos deste patrimonio, as veces, chamado “menor”. Hoxe querería chamar a atención doutro exemplo menos visible ou coñecido da nosa arquitectura popular: o muiño do Mañoco, sobre quen xa temos chamado a atención noutras oportunidades. Un muíño inmediato á cidade tudense e que conser...

"Os bandos de Reis" tudenses

Entre as vellas tradicións do Nadal tudense hoxe desparecidas pero das que áinda conservamos a memoria fresca, estaban os cantos ou bandos de reis. Este cantos forman parte dos chamados cantos de Nadal, amplamente estendidos por Galicia, e nos que podemos diferenciar: cantos de Nadal, de aninovo, os aguinaldos e os cantos de reis. Na comarca tudense era habitual xuntarse un grupo de personas para interpretar estes cantos polas casas da parroquia. As lembranzas dos nosos maiores falan das xuntanzas para facer os ensaios, afinar os instrumentos, aprenderse as letras, ou mesmo inventalas. Era habitual que saira algún instrumento melódico,especialmente a gaita ou o acordeón, pero a cotío estaban acompañados doutro instrumental caseiro. Gaiteiro de Guillarei, 1915 Alberto Romer no libro “Anécdotas e vivencias de Tui e comarca II” (Tui, 2002) enumera estes instrumentos: “Moitas das cantigas do Nadal eran acompañadas de instrumentos caseiros como: tapóns de gasosas cravados nunha táboa,...

"Un conto de Natal" de Emilio Álvarez Blázquez

Dende "Tudensia" queremos felicitar a todos os nosos seguidores nestas inmediatas festas do Nadal pois, sen dúbida, que o seu alento e participacion neste blog supoñen os mellores azos para continuar nesta andaina de ofrecer esta fiestra aberta á historia de Tui e ás súas tradicións. Para celebrar estas datas ofrecemos de seguido un conto navideño da autoria de Emilio Álvarez Blázquez, posiblemente menos coñecido que os seus irmáns Darío e Xosé María, pero que era un fino escritor e un estupendo poeta aínda que cunha obra máis curta pero non por eso carente de interese. Noutra altura falaremos de Emilio Álvarez Blázquez neste blog, sirva agora este petisco como proba do seu quefacer literario. Que a luz do Enmanuel que celebramos nestas datas alumee na vida de todos. ¡Bo Nadal! Medallón do retábulo de Nosa Señora do Rosario na Igrexa de San Domingos, sec. XVIII CONTO DE NATAL Por Emilio Álvarez Blázquez A mula tíralle o couce, A vaca bótalle o alento; Maldita señas...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...