Ir al contenido principal

Notas sobre o retablo de Nosa Señora do Rosario ou da Batalla de Lepanto de San Domingos de Tui

A igrexa de San Domingos de Tui, declarada Monumento histórico artístico no ano 1931 (hoxe Ben de Interese Cultural) é un dos espazos patrimoniais de maior interese no conxunto histórico tudense.


Entre os múltiples elemento de valor artístico que atesoura está o retablo de Nosa Señora do Rosario, popularmente coñecido como o retablo da “Batalla de Lepanto” por posuír unha representación deste acontecemento na parte superior do mesmo. Trátase dun retablo do século XVIII de grande interese e calidade do que logo falaremos.

Hoxe, 7 de outubro, conmemoramos o 450 aniversario desta batalla acontecida no ano 1571 e que foi a maior batalla naval da historia moderna, na que participaron 450 naves e máis de 200.000 homes e que enfrontou á flota de Liga Santa (integrada pola Monarquía Hispánica, os Estados Pontificios, a República de Venecia, a Orde de Malta, a República de Xénova e o Ducado de Saboia), comandada polo español Juan de Austria, contra a flota do Imperio Otomán do sultán Alí Pasha que ameazaba a estabilidade no Mediterráneo occidental. A vitoria das tropas cristián marcou o freo á política expansionista do imperio turco e consecuentemente do Islam en Europa. Conta a tradición que namentres acontecía esta batalla o Papa Pío V rezaba o rosario, e que pedira a toda a Cristiandade que o acompañase con esta oración. Desta foi atribuída esta importante vitoria á Nosa Señora do Rosario ampliándose de forma moi notable esta devoción mariana.

A pregunta é obrigada, por que existe esta representación da batalla de Lepanto neste retablo da igrexa de San Domingos de Tui, tallado case douscentos anos despois daquela épica vitoria militar?

Tentaremos respostalo brevemente neste post, ao tempo que nos congratulamos pola iniciativa do Concello de Tui de promover un ciclo de conferencias e un programa de visitas guiadas para valorizar este retablo e a igrexa dominicana tudense que, de seguro, ampliaran notablemente as notas que figuran neste escrito.

O templo e convento de San Domingos de Tui ten sido estudado con rigor e extensión pola investigadora Carmen Manso Porto que ten analizado a historia e o proceso de construción deste conxunto conventual na Baixa Idade Media e o importante papel que desenvolve a Casa de Soutomaior e outras liñaxes fidalgas do sur de Galicia así como os elementos burgueses da cidade na edificación deste templo, exemplo sobranceiro da arte gótica.

Nos séculos XVII e XVIII o impulso da reforma promovida polo Concilio de Trento, busca unha actualización da liturxia, unha maior formación dos eclesiásticos e promove a espiritualidade nos laicos especialmente a través de devocións que se expresan en Irmandades e Confrarías que comezan a fundarse en numerosas parroquias e igrexas.

Papel fundamental na extensión dos ditados tridentinos o teñan as ordenes relixiosas, entre elas a Orde de Predicadores fundada no século XIII por San Domingos de Guzmán e popularmente coñecidos como “dominicos”. Os frades do convento tudense percorreran as parroquias da diocese no seu labor apostólico e promoveran a fundación de novas confrarías que incentivan a participación da poboación nas practicas relixiosos e funcionan como unha entidade de apoio mutuo e axuda nos momentos de dificultade especialmente no falecemento.

Os dominicos impulsaran especialmente a fundación de Confrarías e Nosa Señora do Rosario, aínda que non son os únicos. O Rosario será a devoción máis estendida neste século XVII e XVII por toda Europa. Cómpre lembrar que a traidición recolle que foi a propia Virxe María quen lle ensinou o rezo do rosario a San Domingos de Guzman no ano 1208 e encargándolle a difusión desta práctica devocional que será sempre un sinal de identidade da orde dominicana.

O historiador Domingo González Lopo especialista nas devocións tudenses nos tempos do barroco sinala que un dos grandes alicientes destas confrarías era el crecido número de indulgencias que podrían alcanzar sus hermanos; sólo por rezar una parte del rosario se ganaban 60.000 mil años y 60.000 cuarentenas de perdón, y si era ante un altar de la Virgen de su título, a aquéllos se añadían cinco años, cinco cuarentenas y doscientos ochenta días. Las cofradías del Rosario además de una clara intención doctrinal defendiendo la maternidad virginal de María y su intercesión por los hombres, estimulaban también el culto a la Madre de Dios y el rezo cotidiano entre los fieles. Ser hermano del rosario obligaba a rezarlo completo semanalmente cristianizando así la jornada. Pero, además, su rezo contribuía a familiarizar a los fieles con los misterios de la salvación, los implicaba más intensamente en los actos misionales, durante los velatorios de cadáveres y hacía provechosa su asistencia a una misa que, oficiada en latín, no siempre eran capaces de seguir los fieles salvo con una manifestación de sobrecogida reverencia. También estas cofradías organizaban un acto solemne mensual e moi especialmente dúas ou tres festividades anuais, se encargaban de asistir ao confrade na súa morte e de realizar diversas misas de sufraxio pola alma dos confrades defuntos.

No convento dominico tudense foron fundadas diversas confrarías. A Terceira orde de San Domingos que xa existía en 1330, a Confraría do Corpo Santo, documentada en 1381, ou a Confraría de San Crispín e San Crispiniano, propia do gremio de zapateiros fundada en 1618.

Pero a principal das confraría deste convento de Tui era a de Nosa Señora do Rosario da que temos noticias dende 1595. Fr. Aureliano Pardo documenta a esta agrupación piadosa no século XVIII: Con fecha 5 de marzo de 1710 se hicieron nuevos estatutos de esta cofradía que fueron aprobados dos días después por la comunidad dominicana y firmados el 29 del mismo mes por el prior Fr. Bernado de Carrera. Sus cultos consistían en una misa cantada todos los sábados, por cuyo estipendio daba diez ducados a la comunidad dominicana, y otros cuatro por su asistencia a las funciones y procesiones. Celebraba dos fiestas anuales, el día de la Visitación de la Virgen (2 de julio) y el primer domingo de octubre. En el año 1751 se acordó hacer una sola fiesta el día 1º de octubre; y según el libro del Tumbo, quienes pagaban la fiesta del Rosario eran los mayordomos de la Cofradía que se renovaba cada año.

Temos pois unha Confraría de Nosa Señora do Rosario na igrexa de San Domingos de Tui fundada nos inicios do século XVIII e dotada, polas noticias que nos achega Fr. Aureliano Pardo de dinamismo para acometer importantes iniciativas. Unha confraría que chega a enfrontarse a mesa comunidade de frades no ano 1760 nun conflito que xorde pola posesión das alfaias e obxectos de culto da confraría que se custodiaban na sancristía conventual, ao posesionarse os confrades das chaves do armario non permitindo que os frades tivesen outra. O intervención do Prior acabou coas pretensións da Confraría, ficando o sancristán da Confraría cunha chave para o servizo do culto. Pero un reto destas características evidencia a forza cos que se sentían os confrades para retar así á propia comunidade conventual.

Por outra banda, estes séculos XVII e XVIII, en Galicia, os tempos do barroco, son unha época de unha moi favorable conxuntura agrícola onde xoga un papel moi importante a chegada e rápida extensión do cultivo do millo, que se adapta moi ben as condición climatolóxicas de Galicia, e posibilita unha incremento da produción agraria e por tanto dos ingresos, tanto dos campesiños como dos rendeiros que ven incrementadas notablemente as rendas que perciben (é o caso de moitos fidalgos e das institucións eclesiásticas que propietarias de boa parte do territorio incrementan o que perciben de foros, rendas, décimos, etc.). Esta favorable situación económica está na orixe do importante dinamismo que experimentara Galicia nestes séculos. No caso que nos ocupa, serán numerosas as igrexas reedificadas e/ou enriquecidas con novos retablos, enxovais, material litúrxico... gracias a este incremento de ingresos.

Neste contexto como informa Carmen Manso o conxunto conventual de San Domingos de Tui non fica alleo as obras e reformas, así durante los siglos XVI al XVIII se emprendieron obras de reforma y renovación en el edificio conventual y en la iglesia. Así, en 1765, cuando Flórez escribió el tomo dedicado a la diócesis de Tui, el convento había sufrido transformaciones importantes. Bajo sucesivos prioratos, fray Juan de Silva (1721-1739) acometió la magna obra de echar bóvedas de cantería a las naves central y del crucero (1726-1732). La nave de la iglesia, que tenía cuatro tramos, se redujo a tres por la fachada occidental entre 1728 y 1730, desapareciendo así la capilla de Santa Catalina, que se abría por el costado sur.

En 1730, concluido el abovedamiento del transepto y nave de la iglesia, se construyó la bóveda de sillería del coro, a la que sucedió la obra de la torre, que se alza sobre el costado norte de la fachada occidental. Por los años 1736-1739 se hizo la bóveda de la sacristía. Durante el priorato de fray Cayetano Coneso (1741-1744) fue preciso construir, entre el segundo y tercer tramos del costado sur de la nave, un robusto arco de descarga volteado sobre sendos contrafuertes para soportar los empujes de las bóvedas del interior de la iglesia.

Xunto a este impulso construtivo, ampliando e mellorando a fábrica da igrexa de San Domingos, desenvólvese tamén unha renovación da decoración do propio templo e dos altares existentes no seu recinto. O principal expoñente é o retablo da capela maior, encargado en 1745 ao mestre Antonio del Villar, outra excepcional obra deste singular tallista nado en Redondela.

No caso concreto da Capela do Rosario, Fr. Aureliano Pardo escribe que estaba, inicialmente, unida á sancristía. No seu documentado traballo sobre este convento sinala o seguinte: no podemos determinar a punto fijo su verdadera posición en la iglesia, que suponemos debía ser en el extremo del brazo izquierdo del crucero, donde se hallaba al ser trasladada en el año 1730 al extremo opuesto que actualmente ocupa. Según Avila y la Cuena el primer altar de la Virgen del Rosario estuvo adosado a la columna derecha del arco de entrada a la capilla mayor. El retablo actual fue construido después de 1730. Neste momento, que comentabamos anteriormente, é cando finalizan as obras de abovedamento de cruceiro e transepto e por tanto o intre de construír o retablo na cabeira sur do cruceiro.

Lamentablemente carecemos de noticia algunha sobre a autoría deste retablo de Nosa Señora do Rosario que promovido pola Confraría do Rosario, que recolle na súa iconografía boa parte dos motivos iconográficos vinculados a esta devoción. As imaxes corresponden a Nosa Señora coa Neno Xesús con seu colo,  acompañada a un lado polo seu esposo, San Xosé (cunha representación iconográfica moi escasa como é que a figura do patriarca San Xosé porte no seu colo ao Neno Xesús), e polo outro ao seu pai, San Xaquín.  Por riba, un pequeno camarín coa imaxe do Neno Xesús.


A figura de Nosa señora está flanqueada por  quince medallóns nos que están representadas as escenas dos quince misterios do rosario e coroando o retablo a espectacular representación desta batalla de Lepanto, coas tropas da Liga Santa comandadas por Juan de Austria e as tropas otománs, derrotadas, que capitaneaba o sultán Alí Pasha.

Separando ambas armadas figura a escena da oración do Papa Pio V, que como xa anotamos, forma parte da tradición arredor do Rosario. De tal forma que a vitoria naquela cruenta batalla foi atribuída dende o primeiro momento a intercesión de Nosa Señora na súa advocación do Rosario. Non virtus, non arma, non duces, sed Maria Rosarii victores nos fecit (Nin o valor, nin as armas, nin os caudillos, senón Nosa Señora do Rosario fíxonos gañadores) asi proclaman as tropas da Liga Santa ao remate da batalla. Unha tradición promovida intensamente dende aquel momento tan transcendental para a Cristiandade, ata daquela ameazada moi perigosamente polo avance do Islam.

Completa a representación iconográfica deste retablo outra escena moi querida polos frades dominicos. Unha tradición conta que a Virxe María quen en persoa aprendeu a San Domingos a rezar o rosario no ano 1208 dicíndolle que propagara esta devoción. Esta é a escena que culmina este grande retablo. 

Posteriormente foi engadida unha pintura ao fresco con diversos elementos decorativos barrocos xa na propia bóveda da igrexa que dota de maior presenza aínda a este retablo.

Todo o retablo, con especial mención ás vestiduras das imaxes da Virxe, San Xosé ou San Xaquín dotadas de pregues de alta calidade asi como o estafado co que foron dourados “a posteriori”, a intensa decoración do retablo con múltiples anxiños e as estípites barrocas e, como elemento mais salientable, a escena bélica maxistralmente representada, cunha ampla escenificación que patentiza a habelencia na talla dun mestre descoñecido pero que merece un lugar destacado na nómina de retablistas do Noroeste peninsular do século XVIII (pois podería ser galego ou mesmo portugués tendo en conta ampla comunicación de artistas que existía traballando a un lado ou outro do Miño).



Moitos aspectos fican sen comentar especialmente no que atinxe á dimensión artística do retablo que deixamos para especialistas na historia da arte, pero estas notas pretendían lembrar este excepcional retablo que todos os tudenses sentimos, con orgullo, como propio. O ciclo de conferencias e visitas guiadas a celebrar ao longo deste próximo mes de seguro que ampliaran o coñecemento desta singular obra barroca.

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

O antigo Hospital e Inclusa (actual Edificio "Francisco Sánchez") cumpre hoxe cen anos

Neste ano 2023 a cidade de Tui vive diversos aniversarios de interese, especialmente o referente ao cuarto centenario do falecemento do egrexio médico e filósofo tudense, Francisco Sánchez, sobre o que nos ocuparemos en datas próximas. https://www.facebook.com/fotosantiguastuy/photos Centrará hoxe a nosa atención outra significativa efeméride, o centenario da inauguración do Hospital e Inclusa de Tui celebrado o 1 de maio de 1923, hai hoxe cen anos, que culminaba un longo proceso de construción deste edificio. Na actualidade este antigo hospital é o Edificio “Francisco Sánchez” coñecido popularmente como Área Panorámica de Tui. É pois unha feliz oportunidade para realizar unha aproximación a historia deste edificio emblemático da nosa cidade. Un edificio creado para acoller as instalación do hospital e da casa de expósitos, ou inclusa. A historiografía ten abordado nas últimas décadas aspectos da historia social pouco atendidos tradicionalmente. O tema da marxinación social é un de

Unha nova entelequia: un Camiño Portugués de Nossa Senhora do Norte por Tomiño e Gondomar

Vivimos nun mundo mediático onde cada vez temos acceso a un maior abano de información de todo tipo, o que en principio resulta altamente positivo e enriquecedor pero paralelamente existe o evidente risco de carecer de elementos de discernimento e valorización para recoñecer o rigor e a falsidade, a veracidade e os falseamentos. Ven a conto esta obviedade para abordar unha breve reflexión sobre a noticia que en días pasados publicaron os medios de comunicación con este titular: Tras un año de investigación, la alcaldesa de Tomiño, Sandra González; el presidente de la Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, junto al alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, y la concejala de turismo de Redondela, María Castro; y el arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron el «Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago», una variante del Camino de Santiago que pasa por el territorio que recogen ya los archivos históricos. No texto da noticia se afirma o seguinte: La invest

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le