Ir al contenido principal

Parlamentarios tudenses (XI): Alfonso Senra Fernández, deputado por Ordes

No ano 1916 accedeu ao Congreso dos Deputados outro tudense, Alfonso Senra Bernárdez, aínda que como representante do distrito de Ordes (A Coruña).

Alfonso Senra naceu en Tui o 7 de xuño de 1877, na casa da Corredoira onde estivo a imprenta e libreria Baquero. O seu pai foi interventor na Depositaria do distrito de Tui e logo conseguiu a praza de Xuíz Municipal en Vigo, deputado provincial por Ponteareas. A familia trasladouse ao pouco tempo de nacer Alfonso, á cidade de Vigo, onde o seu pai Ricardo Senra Fernández, ocupou diversos cargos na administración pública e mesmo a Alcaldía viguesa en dúas ocasións deixando boa sona coa súa xestión.


Tomado dun folleto sobre Alfonso Senra, 
editado polo Obradoiro de Historia de Ordes

Tras estudiar Dereito achegouse ao mundo do xornalismo dende o que accedeu á política. Na súa traxectoria, realizada tras o seu traslado a Madrid, cómpre salientar os seguintes cargos: Deputado por Ordes en 1918, 1919, 1920 e 1923, Tenente de Alcalde no Concello de Madrid, Deputado provincial por Madrid, polo distrito de Hospital-Congreso.

Nesta etapa, entre 1916 e 1923,  baixo as ordes do ministro madrileño Rafael Gasset Chinchilla, de quen se declara seguidor, ocupará Senra a Subsecretaría do Ministerio de Fomento e posteriormente a Dirección Xeral de Minas, Metalurxia e Industrias Navais. Tamén formará parte do equipo do ministro lugués Manuel Portela Valladares durante o seu breve paso polo Ministerio de Fomento en 1923 ata o golpe de Estado.

En principio figuraba afiliado ao Partido Liberal, na facción gassetista. Na lexislatura de 1923 proclámase liberal agrario.

Posteriormente, Senra foi avogado da Unión Patriótica o partido promovido polo réxime durante a Ditadura de Primo de Rivera e membro da Asemblea Nacional Consultiva en dúas lexislaturas: 1927-1928 e 1928-1929.

En outubro de 1928 padeceu un drama familiar: un dos seus fillos, Alfonso Senra Díaz, asasinaba a súa noiva, Dolores Polo, porque a rapaza o enganaba con Enrique Meleros, director da revista "Cosmópolis", publicación na que a vítima colaboraba como xornalista.  

Manuel Fernández-Valdés nos informa que  Alfonso Senra se casó en Madrid, en 1904, con Doña Ascensión Díaz Ramírez, hija del coronel de Infantería, después general, D. Francisco Díaz. Hizo la petición de mano, el abogado tudense, Presidente de la Diputación Provincial de Madrid, D. Ricardo F. Pérez de Soto, y bendijo la unión otro tudense, D. Ricardo del Río y Mora, canónigo en Madrid. Al igual que tantas otras familias, estos Senras buscaron otros derroteros y se alejaron defintivamente de Tuy””.

Destacou como xornalista nas columnas de “Diario Universal”, “La Época”, “La Nación” y “El Imparcial”. Especializouse na crónica de tribunais acadando un gran prestixios, ata o punto que o Colexio de Avogados de Madrid ao instituír un premio anual á mellor crónica de tribunais acordou denominalo “Premio Manuel Tercero y Alfonso Senra”. Foi vicepresidente primeiro do Ateneo de Madrid entre 1926 e 1930, nunha Xunta Directiva que é imposta pola Dictadura de Miguel Primo de Rivera, por Real Orden de 25 de xuño de 1926, substituíndo “ilicitamente” á xunta elixida polos socios da que formaban parte Gregorio Marañón o Luis Jimenez de Asua, opostos á Ditadura.

Publicou dous libros:

·        Laicismo y neutralidad en los hospitales, 1913.

·        Del 10 de Agosto a la Sala Sexta del Supremo, 1933.


Fotografía en Vida Gallega, 1936

Mantivo unha activa relación co seu distrito de Ordes, que controlaba o cacique local, o avogado Saturnino Aller Rodríguez. Nun folleto editado polo Obradoiro da Historia recollese que: Visitou a vila de Ordes en varias ocasión sendo recibido polos veciños con grande suntuosidade. No ano 1922 conseguiu unha axuda do Estado para colocar o adoquinado e construír os paseios da “Calle Real”, tamén xestionou material docente e para amañar a igrexa parroquial, para a cual a súa muller donou un Crisro que está colocado no lateral do templo. Como agradecemento foi nomeado “fillo adoptivo” da vila en 1923 e a “Calle Real”, rúa principal de Ordes, pasou a denominarse “Avenida Alfonso Senra”.

Tras a Guerra Civil se incorpora á administración franquista e participa como membro do Tribunal de Responsabilidades Políticas de Madrid e como Asesor da Delegación Nacional de Justicia y Derecho. Finou na capital do Estado o 9 de decembro de 1951.

 

Comentarios

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...