Ir al contenido principal

Un camiño sen pegadas

Publica hoxe, venres 11 de decembro, o "Faro de Vigo" no seu suplemento "Entre ríos, Baixo Miño / Louriña" unha columna de opinión sobre o chamado camiño portugués "da costa" que reproducimos, aínda que sentimos non poder ofrecer una enlace directo ao xornal, pois este suplmento non se publica na rede.


UN CAMIÑO SEN PEGADAS


Ponte medieval en Ribadelouro - camiño portugués



A Lei Lei 3/1996, de 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago, establece que reciben o nome de Camiño de Santiago de todas as rutas históricas recoñecidas documentalmente. A historicidade do camiño é un elemento consustancial á propia existencia do Camiño, pois a peregrinación é un elemento inherente a súa identidade. O importante pulo acadado pola peregrinación a Santiago nos últimos anos basease, en boa medida, na recuperación dunha tradición histórica, na revitalización deste legado histórico do que se conservan testemuños documentais.

Por tanto, resulta imprescindible conservar e promover as rutas históricas de peregrinación a Compostela, favorecendo o paso dos peregrinos contemporáneos sobre os vellos roteiros medievais, que deste xeito reviven. Pero unha cousa é revitalizar estas antergas rutas e outra moi distinta é “inventar” novos camiños que carecen de referencias documentais precisas, de datos históricos que avalen o paso secular e regular de peregrinos por eses lugares. Deste xeito estamos traicionando o espirito do Camiño, estamos esmagando a sua veracidade histórica.

Ven este comentario diante do “recoñecemento” do denominado “camiño portugués da costa”, que partindo da Guarda, e por O Rosal, Oia, Baiona, Nigran e Vigo enlaza en Redondela co tradicional camiño portugués, ou desa outra ruta marítima que comunica diversos portos lusos e galegos. Únicamente en Vigo e Baiona documentamos, na Idade Moderna, datos concretos sobre a presenza de peregrinos, moitos estranxeiros, que chegaban a estes portos por vía marítima para realizar a súa peregrinaxe cara Compostela e tamén a súa viaxe de retorno. Pero, ata o presente, ninguen amosa documentos das outras localidades deste itinerario que certifiquen a presenza de peregrinos. Velaí como únicamente a variante ou acceso dende a Ría de Vigo ao camiño portugués ten verosimilitude histórica, pero en lugar de solicitar o recoñecemento deste acceso ou variante, pretendese crear un novo roteiro.

É evidente que estes concellos “da costa” deben beneficiarse dos programas do Xacobeo, pois en sentido amplo toda Galicia é territorio xacobeo, pero non confundamos o “Camiño de Santiago”, un itinerario con séculos de historia, e o “Xacobeo”, un programa de promoción destes camiños polas autoridades autonómicas.

A nosa identidade, e o Camiño de Santiago é un elemento sustancial da mesma, non pode estar ao albur de intereses localistas ou coxunturais, que só nos conduce a perdermos a nosa autoestima colectiva.

Rafael Sanchez Bargiela

Historiador


Comentarios

  1. O que acontece en ocasións coa historia é lamentable. Existe moita manipulación e pouco sentidiño común. Que pretendan facer un camiño pola costa para se beneficiar «turisticamente» ou economicamente do tirón do xacobeo é absolutamente tonto. Pretender que os peregrinos de antigo daban reviravoltas por Galicia adiante é demencial.
    Lembro eu cando se presentou o «apoio» ao «camiño monacal» no pleno da corporación de Tui. Eu fun o único que se opuso, argumentando precisamente o que estás a insistir nestas últimas datas. A corporación de Tui aprobou tal apoio de xeito inconcebible. Claro está que estaba avalado polo informe do Cronista Oficial da cidade, o señor Ernesto Iglesias, que seica agora entrou en razón.
    Do mesmo xeito que todos os camiños levaban a Roma, a Compostela pasaba o mesmo. Pero ollo, como hoxe en día para ir a Santiago desde Tui non se lle ocurre pasar por Lalín, senón que emprega as vías de comunicación modernas que se apoian na depresión meridiana, xeoloxía que os romanos [co seu sentido común] empregaron para construir a vía XIX, vía que logo os peregrinos desde o sur [Al-Andalus, como dicía Al-Idrisi no século XII] utilizaban para achegarse á tumba do apostolo, iso sí, pasando por Tui.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall

Unha visión de Tui e as fortalezas da fronteira en 1764 por José Cornide

Un dos aspectos normalmente esquecidos na conformación da nosa cidade é a súa condición de praza forte, de emprazamento militar, de cabeceira dun sistema fortificado organizado ao longo do río Miño. Carecemos de noticias documentais ou arqueolóxicas sobre a posible existencia dun muro defensivo no outeiro tudense antes de 1170, cando Fernando II ordena a súa construción ao abeiro da reconfiguración urbanística da cidade que promove este monarca. De seguro que algún tipo de defensas tivo a vella Tude en época sueva e visigoda e especialmente nos primeiros tempos medievais pero o estado actual do noso coñecemento non nos permite superar o ámbito das hipóteses. Neste blog nos temos ocupado no seu día sobre o sistema amurallado tudense en tres post aos que remitimos a quen desexe achegarse a este aspecto do noso patrimonio e historia [1] Reproducimos hoxe un texto do erudito coruñés José Cornide que forma parte do seu libro: Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya