Repasando vellas notas arquivadas polo seu interese pero que agardan o momento oportuno para ser consideradas atópome cunha vella separata dun artigo publicado, hai máis de setenta anos pero que resulta sumamente interesante. Unha adquisición nas librerías de vello que agora coa súa presenza na rede adquire unha estupenda accesibilidade para todos. Trátase dun traballo de investigación publicado na prestixiosa revista de “Dialectología y Tradiciones Populares”, fundada en 1945 e editada polo Departamento de Antropoloxía do Instituto de Lengua, Literatura y Antropología do hoxe denominado Centro de Ciencias Humanas y Sociales do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Unha publicación que mudou de nome no ano 2019 polo de “Disparidades. Revista de Antropología”. No volume oitavo correspondente ao ano 1952 publicou o investigador tudense Manuel Fernández Costas (dende 1957, Manuel Fernández-Valdés Costas) un traballo titulado “Juegos infantiles en la comarca de Tuy”. ...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses