Celebrouse o pasado sábado, 30 de novembro o 799 aniversario da consagración da catedral de Tui no ano 1225 tendo lugar esta mañá a cerimonia litúrxica conmemorativa, presidida polo bispo, na propia catedral. Un aniversario que abre ás portas para a conmemoración do oitavo centenario que viviremos de agora nun ano. Son moitas as expectativas que suscita este evento que se aproxima en múltiples ámbitos da nosa vida colectiva, pois a nosa catedral recolle na súa existencia e portentosa presenza a imaxe máis acaída da nosa cidade e as súas xentes. Este centenario é unha excelente oportunidade para reflexionar sobre a súa dimensión teolóxica ou relixiosa, pois ante todo é expresión da fe dunha comunidade humana ao longo dos séculos, que se expresa tamén a través da arte Como sempre o recurso á autoridade de Francisco Avila y La Cueva resulta imprescindible para coñecer de onde procede a certeza ou a tradición desta celebración na data do 30 de novembro: Era D. Esteban Egea el...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses