Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2024

A singularidade da menorá da catedral de Tui

O traballo realizado nas últimas décadas por diversos investigadores ten contribuído decisivamente ao coñecemento e valorización da presenza de comunidades xudías e cripotixudías na nosa cidade ao longo dos séculos. Unha achega asumida polo concello tudense que culminou unha coa integración de Tui na Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad en 2019. Tanto en Tui como en Galicia a presenza destas comunidades xudías está amplamente recollida na documentación conservada nos arquivos que os historiadores teñen estudado e publicado. Igualmente a lembranza desta presenza ficou, ás veces, na memoria colectiva a través da toponimia e mesmo no rueiro de vilas e cidades do noso país. Pero os restos materiais que poidamos atribuír directamente a estas comunidades de xudeus residente en Galicia son moi escasos, pero algúns de inestimable valor. Como é o caso da Biblia Kennicott (finalizada na Coruña o 24 de xullo de 1476 por encargo dun importante comerciante, Don Isaac, fillo de Salomón

Lembranza agradecida a Xabier Añoveros

Onte á tarde, nos comezos de setembro, cando xa as horas diúrnas minguaron, o aire nos anticipa a proximidade do outono e as conversas se centraban nestas intranscendencias, recibín a triste noticia do falecemento, no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, de Xabier Añoveros Trías de Bes, navarro de berce, barcelonés de vida e traxectoria e tudense de corazón.   “ Tuy (con i grego como adoitaba a escribir pois con este arcaísmo semellaba reflectir mellor a antigüidade da nosa cidade) es una ciudad de la que estoy enamorado desde hace muchos años ” e, como é propio dun noivo, a esta vella cidade lle ten dedicado horas, estudos, e moi especialmente un agarimo permanente centrado na súa querida “Casa da Canicouba”. O seu noivado e posterior matrimonio con Julia García-Valdecasas Salgado, filla da tudense Julia Salgado Peñarredonda, o ligou dende 1968 a este outeiro pétreo sobre o Miño, que é Tui. Non sei se foi a longa tradición tudense da familia de Julia, o rico arquivo da Casa da Canico