Ir al contenido principal

“Eterno Tuy” obra de teatro de Antonio Gala sobre a nosa historia


O 22 de agosto de 1968 é unha data lembrada por moitos tudenses: é a inauguración do Parador de Turismo “San Telmo” na que participan o anterior Xefe do Estado, o xeneral Franco, que previamente visita a Catedral para coñecer as obras de rehabilitación e restauración realizadas na mesma. Esta visita de Franco é, dende época medieval, a única oportunidade en que o Xefe do Estado Español visita a nosa cidade.


Pero a nosa atención non vai tanto na inauguración deste establecemento turístico senón no programa de actividades complementarias celebradas co gallo deste evento. Amais da consabida visita ás  instalacións do novo Parador e os discursos de rigor no acto protocolario, se porá en escena unha pequena obra de teatro, encargada polo Ministerio de Información e Turismo que dirixía Manuel Fraga Iribarne, titulada “Eterno Tuy” composta polo daquela prometedor escritor, Antonio Gala.

A obra estivo interpretada por un plantel de actores de Televisión Española contando coa colaboración de “extras” locais para algunhas escenas. A obra contaba coa dirección de Roberto Carpio, persoa de alongada traxectoria no ámbito teatral, e como protagonista interpretando ao Pai Miño, co actor José Franco (tamén popular con numerosas obras de teatro e películas con directores como Berlanga ou Eloy de la Iglesia). A obra foi retransmitida pola senda canle de Televisión Española coa realización de Eugenio García Toledano. Neste enlace podemos visionar algunhas imaxes deste acto editadas polo Nodo: https://www.rtve.es/filmoteca/no-do/not-1339/1486393/





Non é lugar de ocuparnos sobre a traxectoria e personalidade de Antonio Gala pois é amplamente coñecido polos nosos lectores pola súa traxectoria como dramaturgo, novelista, guionista e columnista en numerosos medios de comunicación.

Esta peza teatral foi publicada, no ano 1976, xunto con  outras tres obras máis, nun libriño titulado “4 conmemoraciones”, que recolle xunto a “Eterno Tuy”, outra peza sobre Xaén e o Castelo de Baños de la Encina, “Auto del Santo Reino”; outra sobre Hondarribia titulada “Oratorio de Fuenterrabia” e finalmente “Retablo de Santa Teresa” sobre a santa de Ávila.

Estas pezas de ocasión responden, sen embargo, a un obxectivo máis amplo de Antonio Gala, que dende os primeiros anos sesenta xa vive en exclusiva de escribir. Nun tempo en que a televisión se populariza moi rapidamente Gala dí: «Me doy cuenta de que la manera de comunicar es la prensa, todavía más que el teatro, porque hay gente que no va al teatro y que sin embargo, sí lee, y la televisión para comunicar de verdad con el pueblo... el interés en escribir en una prensa muy leída, y la televisión son porque los considero como dos métodos inmediatos de conectar con el pueblo...» E nese contexto están estas colaboracións de Antonio Gala con Televisión Española que lle reportarán enorme popularidade.  Destacan: Al final la esperanza; 4 conmemoraciones: Eterno Tuy, Auto del Santo Reino, Oratorio de Fuenterrabía, Retablo de Santa Teresa; para celebrar o ano santo compostelán: Cantar de Santiago para todos; e dúas interesantes series tituladas: Si las piedras hablaran y Paisaje con figuras.

Noutra entrevista Gala manifesta: «he procurado que por lo menos, conozcamos algunas cosas. Cosa de este sitio en que vivimos y que se llama en general España. Cosas de gentes que nos han hecho ser como somos; de españoles que nos fueron haciendo así: españoles (...) me parece de verdad esencial que el español reconozca su pasado para que aprenda a convivir con su presente y con su futuro. El pasado se nos ha enseñado de manera muy mala, de una manera triunfalista y falsa. Los españoles no conocen como han llegado a ser lo que son, entre otras cosas porque no son, porque no saben lo que son...»

Esta peza teatral se enmarca dentro deste contexto da traxectoria de Antonio Gala, e podemos afirmar que é unha das escasísimas pezas teatrais que ten a Tui como protagonista, xunto co famoso Entremés famoso en que se contiene La contienda que tuvieron los labradores de la provincia de Caldelas con los portugueses, sobre la pesca del río Miño do ano 1671 e que é a primeira peza teatral escrita en galego (xa en Tudensia falamos da mesma: http://tudensia.blogspot.com/2008/12/caldelas-protagoniza-primeira-peza-de.html).

Esta obra teatral como o propio Antonio Gala sinala na presentación do libro “4 conmemoraciones”: “en la hermosa Galicia verdeazul, el Padre Miño nos narra -con su agua, la misma de siempre y siempre diferente- la crónica de Tuy”.

A obra teatral se estrutura en sucesivas escenas sempre co “Padre Miño” como elemento permanente e referencial. Na primeira escena está con Diomedes, na segunda aparece no escenario Witiza e de seguido Don Rodrigo xunto co bispo Opas e Paio (D. Pelayo iniciador da Reconquista). Continua avanzando a obra, como o Miño, coa presenza das tres raíñas Urraca que nos conducen ata o noso Corpo Santo, San Telmo, e logo a Pedro Madruga e o bispo Diego de Muros. Tamén sae a escena o Abade do Couto, heroe da guerra contra o francés, e finaliza cun encontro entre galegos e portugueses sempre na presenza do Pai Miño.
Este Pai Miño que, xa no final da peza, proclama:

Me emocionaron estos gallegos míos y lloré como un niño. Francia salió de Tuy, pero quedó al salir sus arrabales. Corrieron malos días. Yo quiero a mis gallegos lo entendéis. Me llaman Padre Miño. No mis ríos: los hombres son mis hijos. Nunca les he faltado. Durante centurias han jugado conmigo como un caballo de cartón. Me ha cruzado barcas; han pescado mis sábalos, mis angulas, mis salmones rosados; se ha venido a besar a mis orillas: me han ceñido con puentes. ¡Ah mis puentes! Esbeltos y rotundos. Puentes de sillerías bien labradas... Pero hay uno al que amo sobre todos. Uno sólo de hierro, al que, en vuestro lenguaje que no comprendo bien, le llamáis Puente Internacional. Me lo pusieron prieto sobre el lomo, ahora para morir. No me molesta, no: me gusta pasear mansamente a la luna o al sol, debajo de él. Me apoyo en sus pilares. Creo que es un bello sitio para una cita de los novios de siempre: Portugal y España. Hace casi cien años que ya paso y lo reflejo. Cada día arqueo bien el cuello y la grupa por él, que se me encuentre hermoso. Yo quiero a mis riberas a las dos: ya sabéis: este vaivén
Meus ollos van por lo mare
mirando van Portugale;
meus ollos van por lo río,
mirando van meu amigo.

Sirva esta referencia á obra teatral “Eterno Tuy” para divulgar a súa existencia, descoñecida para moitos, e incentivar aos numerosos afeccionados tudenses ao teatro amador para a súa representación, pois esta peza que nos aproxima á nosa historia estou convencido resultaría de gran interese para tudenses e visitantes.

En numerosos lugares unha representación teatral de similares características constitúe un atractivo cultural e turístico que enriquece a oferta da localidade e contribúe a unha maior valorización da nosa historia e patrimonio.

Para todos feliz día do libro 2020!


Comentarios

  1. Aquella no fue la única ocasión en la que el "Jefe del Estado" (eufemismo por dictador) visitó Tui. Fue, en todo caso, la única vez en que lo visitó oficialmente en calidad de Jefe del Estado.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias pola precisión, pero descoñezo se Franco visitou algunha outra vez Tui (ten noticia dalgunha outra?), non así a súa muller Carmen Polo que visitou en diversas oportunidades algun establecemento comercial, como o de Rogelio na Corredoura. O de Xefe do Estado era para remarcar que ao longo dos séculos Tui no recibiu a visita de ningunha máxima autoridade do Estado; na cualificación que merece o xeneral Franco certamente concordamos.

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall

Unha visión de Tui e as fortalezas da fronteira en 1764 por José Cornide

Un dos aspectos normalmente esquecidos na conformación da nosa cidade é a súa condición de praza forte, de emprazamento militar, de cabeceira dun sistema fortificado organizado ao longo do río Miño. Carecemos de noticias documentais ou arqueolóxicas sobre a posible existencia dun muro defensivo no outeiro tudense antes de 1170, cando Fernando II ordena a súa construción ao abeiro da reconfiguración urbanística da cidade que promove este monarca. De seguro que algún tipo de defensas tivo a vella Tude en época sueva e visigoda e especialmente nos primeiros tempos medievais pero o estado actual do noso coñecemento non nos permite superar o ámbito das hipóteses. Neste blog nos temos ocupado no seu día sobre o sistema amurallado tudense en tres post aos que remitimos a quen desexe achegarse a este aspecto do noso patrimonio e historia [1] Reproducimos hoxe un texto do erudito coruñés José Cornide que forma parte do seu libro: Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya