Ir al contenido principal

Os vehículos no conxunto histórico: un comentario


O 16 de maio do pasado ano 2009 publicamos en Tudensia un post que baixo o titulo de “A necesaria regularización do tráfico no conxunto histórico” remataba cos seguintes párrafos:

A adopción de medidas de regularización do tráfico na zona vella tudense, limitando o acceso exclusivamente aos residentes e sinalando as zonas exclusivas de estacionamento, estou convencido que repercutirán positivamente e promoverán unha concienciación do respecto necesario cara ao noso conxunto monumental. Con todo é abrir un proceso que deberá estar en constante revisión para comprobar o seu funcionamento e superar os desequilibrios ou problemas que produza. Unhas medidas que se poden adoptar progresivamente, iniciándose por exemplo nas fins de semana ou nos períodos vacacionais, cando numerosos turistas achegaranse ata Tui, pero que, cómpre non esquecer, terán como principais beneficiarios aos propios veciños de Tui.

Logo de máis dun ano aquela proposta de debate suscitada dende as nosas paxinas virtuais non fomos quen de pulat pola apertura de proceso algún; testemuña da febleza dos novos medios de comunicación e información como “Tudensia”, e, sen embargo, resulta imprescindible abordar este tema.

Unha urxencia que aínda adquire maior necesidade neste ano santo compostelán no que a nosa cidade, como porta de entrada do camiño portugués a Santiago de Compostela, acolle cada día e, especialmente, nas fins de semana, numerosos peregrinos que percorren este vello roteiro xunto a moitos mais turistas que procedentes de numerosos lugares da Península e máis aló visitan Tui para coñecer o seu patrimonio.

En días pasados fun espectador accidental das dificultades que un grupo de turistas tiveron de sortear para achegarse ao noso conxunto patrimonial: coches estacionados na rúa Porta da Pía que impedían a circulación conxunta de peóns e vehículos, unha chea de coches estacionados na Praza do Concello –un espazo, que por certo, ten reservas de aparcamento para Corporación, Cabido e Policia- con dous automóviles manobrando e detendo consecuentemente aos peóns, e, finalmente, ata varios vehículos estacionados na Travesa do Hospital que obrigaron aos visitantes a circular en ringleira. Pero non rematan xa as dificultades. Ao sair da Catedral pretenden acceder á rúa Seijas e novos problemas de accesibilidade polos vehículos estacionados, pois non hai un acceso de peóns entre esta rúa e a Praza de San Fernando... Logo ao quereren achegarse ata as Clarisas, de novo varios coches estacionados na rúa das Monxas e de novo a camiñar de un en un para sortealos, e tiveron sorte pois non había furgóns de carga e descarga. A impresión que levaron este fato de visitantes foi penosa, pero, como ben coñecemos, non estamos narrando cousa extraña algunha senón unha situación cotiá.

O “sorprendente” é que, nas entradas do conxunto histórico, existe unha sinalización que limita o acceso á zona monumental exclusivamente aos residentes pero ninguén, incluido quen escribe estas liñas, a respecta, básicamente porque ninguén esixe este respecto. Trátase pois de aplicar o establecido: que accedan ao casco histórico os vehículos dos residentes, para estacionar o seu automóvil no seu garaxe –se posue a preceptiva licenza municipal- ou asignándolle un lugar de estacionamento aos que carezan de aparcadoiro propio.

Xa apuntabamos hai un ano quen non se trata de prohibir senón de regular, de compatibilizar o acceso en vehículo dos residentes co acceso peonil a esta zona histórica de veciños e visitantes. Estamos falando dunha pequena cidade como Tui onde ninguén que teña de acceder ao conxunto antigo, terá de camiñar máis de cinco minutos dende o estacionamento do seu vehículo ata o seu lugar de destino (¿canto leva senón o pequeno paseo dende o aparcamento municipal da Área Panorámica ata o Concello ou Facenda?). As cidades históricas como Tui que están construidas á medida do home, son acolledoras para as personas, pero se rebelan contra a nova dimensión da modernidade –mal entendida- onde un home está indisociablemente unido a un vehículo. O privilexio que posuimos os tudenses de recibir este legado, este espazo urbano histórico, implica asumir os seus requerimentos para poder disfrutalo axeitadamente, o que resulta imposible é pretender que o conxunto histórico "funcione" igual que un espazo contemporáneo. Velaí o noso privilexio.

Unha medida accesible e que significaría un gran paso sería o establecemento desta limitación de acceso alomenos nas fins de semana, cando un número máis amplo de visitantes achégase á nosa cidade e poderían visitar con tranquilidade os nosos monumentos máis senlleiros. Estou convencido que esta medida repercutirá nunha mellor conservación e valorización do noso patrimonio cultural, posibilitará un disfrute máis axeitado dos espazos públicos desta zona, tanto polos turistas como, especialmente, polos propios tudenses, que acceden aos establecementos de lecer existentes –“disfrutando” ás veces dunhas terrazas polas que case circulan os vehículos sorteando mesas e cadeiras, coa evidente incomodidade e perigo-. Implantar novidade entraña riscos e incertezas, provoca críticas instántaneas, pero a experiencia de tantos e tantos lugares é que estas medidas contribuen, sen dúbida, á revitalización destes espazos públicos históricos das cidade, e que todos visitantes, veciños, comerciantes, industriais... saimos gañanado.

Comentarios

  1. Gracias por tus pensamientos!
    Que razón tienes!
    ...Y los residentes lo sufren en su dia a dia.
    No poder circular, no poder aparcar,no poder descargar la compra... pero lo peor, es no poder entrar en tu casa,por tener un vehículo aparcado en la puerta.
    Hay que pensar antes de actuar

    ResponderEliminar
  2. http://www.lavozdegalicia.es/album/pontevedra/2013/02/05/modelo-urbano-exito/01101360061274269965557.htm

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall

Unha visión de Tui e as fortalezas da fronteira en 1764 por José Cornide

Un dos aspectos normalmente esquecidos na conformación da nosa cidade é a súa condición de praza forte, de emprazamento militar, de cabeceira dun sistema fortificado organizado ao longo do río Miño. Carecemos de noticias documentais ou arqueolóxicas sobre a posible existencia dun muro defensivo no outeiro tudense antes de 1170, cando Fernando II ordena a súa construción ao abeiro da reconfiguración urbanística da cidade que promove este monarca. De seguro que algún tipo de defensas tivo a vella Tude en época sueva e visigoda e especialmente nos primeiros tempos medievais pero o estado actual do noso coñecemento non nos permite superar o ámbito das hipóteses. Neste blog nos temos ocupado no seu día sobre o sistema amurallado tudense en tres post aos que remitimos a quen desexe achegarse a este aspecto do noso patrimonio e historia [1] Reproducimos hoxe un texto do erudito coruñés José Cornide que forma parte do seu libro: Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya