Ir al contenido principal

Entradas

Dous poemas "inéditos" de Xosé María Álvarez Blázquez

Revisando antigos programas das festas de San Telmo, ollando o correspondente ao ano 1934, cando foron trasladadas aos inicios do verán –coincidindo coas festas de San Xoán- , no xeitoso programa editado descubrimos, con sorpresa, senllos poemas de Xosé María Álvarez Blázquez: “Cohetes” e “Yo quiero”. A figura de don Xosé María que abrangue múltiples aspectos no ámbito cultural (“poeta, narrador, dramaturgo, conferenciante, editor, arqueólogo, investigador da literatura, e a historia e a etnografía” enumera o seu fillo Xosé María, “infinito curioso e infinito amador de todos os saberes” subliña Darío Xohán Cabana) tamén, na expresión poética, acada un relevancia indiscutida. Conservase o que se ten como o seu primeiro poema, “Queixas”, datado en Tui o 24 de decembro de 1927, cando Xosé María contaba con só doce anos de idade. Como ben anota o xa citado D. X. Cabana este poema “non pode ser o seu primeiro intento, porque os seus hendecasílabos son absolutamente correctos”. Tamén...

O xogo do trompo

A cultura tradicional adoptada nas súas diversas expresións os ritmos cíclicos do ano, existindo un amplo abano de manifestacións anuais que respostaba, en xeral ás diversas festas e celebracións relacionadas coa climatoloxía e os ritmos da produción agrícola. Neste tempo de inicio de novembro, logo da colleita e da vendima, chegaban os magostos e a proba do viño novo, as manifestacións vecenlladas ao mes dos Santos e Defuntos. Unha expresión desta cultura cultura popular, hoxe en día practicamente perdida ou transformada, son os xogos infantís. E cando chegaba o frío e a chuvia os nenos de Galicia, e tamén os tudenses, comezabamos a xogar ao “trompo”. Curiosamente era un xogo de tempada, que conforme avanzábamos neste de mes de Santos ou xa en Decembro ficaba esquecido ata o vindeiro ano. Moitos dos lectores deste “post” lembramos as “partidas” que cos nosos trompos desenvolvíamos os rapaces arredor das “fochas” realizadas nos patio do colexio ou nas rúas e parques, onde sem...

A documentación histórica da cidade retorna ao Arquivo Municipal logo de 69 anos

Vista parcial da documentación histórica do Concello de Tui no depósito provisorio para o seu tratamento técnico O Concello de Tui aparece como un órgano de goberno da cidade dende que Fernando II de concedeulle á cidade o seu “Foro”. Esta institución tivo sempre unha dependencia directa do bispo e señor da cidade, que controlaba o seu funcionamento e os nomeamentos, orixinando diversos conflictos ao longo da Idade Media. Será o bispo Diego de Muros quen, en 1484, promova unha nova ordenanza que regulan o funcionamento do Concello tudense onde a preeminencia episcopal continúa sendo absoluta. Na mesma liña están as Constitucións sinodais do bispo Diego de Avellaneda de 1528. O goberno municipal tudense estaba encabezado por un alcalde maior, un xuíz anual e catro xurados de nomeamento episcopal xunto a un procurador elixido polos veciños e confirmado polo bispo. Andando o tempo se incorpora a figura do rexedor, imposta pola monarquía, cargo público que, cando as dificultade...

"Pulcher Pelagius" unha lectura teolóxica e patrimonial da exposición

Admirar os iconos, e en xeral os grandes cadros da arte cristián, nos conduce por unha vía interior, unha vía de superación de un mesmo e, nesta purificación da mirada, que é purificación do corazón, revélanos a Beleza, ou alomenos un raio do seu esplendor. Precisamente desta xeito nos pon en relación coa forza de la verdade. A miúdo  teño afirmado a certeza de que la verdadeira apoloxía de la fe cristián, a demostración máis convincente da súa verdade contra calquera negación, atópase, por un lado, nos seus santos e, por outro, na beleza que la fe xera. Para que actualmente a fe poida medrar, tanto nos como os homes que encontramos, debemos dirixirnos cara os santos e cara o Belo. (Mensaxe enviado polo cardeal Joseph Ratzinger aos participantes no «Meeting» de Rímini (Italia) celebrado do 24 ao 30 de agosto de 2002 por iniciativa del movemento eclesial Comuñón e Liberación sobre o tema «A contemplación da beleza») Esta cita do actual Papa Bieito XVI escrita anos antes ...

Apuntes para unha cronoloxia da restauración da igrexa de San Bartolomeu: precisións aos comentarios de Alberto Estévez Piña

Retablo central da igrexa de San Bartolomeu ata1966 Publicaba hai unhas semanas un “post” sobre as intervencións arqueolóxicas efectuadas na igrexa parroquial de San Bartolomeu de Rebordáns dirixidas por Manuel Chamoso Lamas e Jose´F. Filgueira Valverde.  No artigo  da súa autoria “Excavaciones arqueológicas en la iglesia y atrio de San Bartolomé de Rebordanes de Tuy (Pontevedra)” publicado en “Noticiario Arqueológico Hispánico” do ano 1976,e que seguimos naquel "post· indicaban o seguinte: “ Los trabajos realizados fueron comenzados en los primeros meses del verano de 1970 (... y) qued aron totalmente finalizados el día 21 de noviembre de 1970 ” abranguendo a escavación das tres naves do templo e unha intervención no adro. Con base ás afirmacións deste artigo, ás propias lembranzas persoais e á lóxica que leva a que unha actuación arqueolóxica sexa previa ao proceso de obras, afirmaba na introducción daquel “post”: No ano 1970 comezou un proceso –que demorou varios anos...

"Um dia como os outros" un filme sobre a ponte metálica

A vella ponte metálica, deseñada polo enxeñeiro Pelayo Mancebo Agreda, e inaugurada o 25 de marzo de 1886 constitúe un dos exemplos máis sobranceiro da introducción en Galicia dos novos métodos constructivos relacionados coa arquitectura do ferro. Con precedentes nos Viaductos de Redondela ( de 1876 e 1884) ou nas pontes metálicas que construe Eiffel en Porto (Ponte María Pía en 1877) ou en Viana (1878) a obra sobre río Miño converteuse dende a súa execución no símbolo das relacións entre Galicia e Portugal. Aínda hoxe, en que está vivindo un proceso de consolidación, é transitada por mais de cinco mil vehículos ao día, evidenciando a sua importante función de rúa central da Eurocidade Tui-Valença. Achegamos para os nosos seguidores un fermoso filme “Um día como os outros” que ten como protagonista absoluta a nosa ponte de ferro e que foi realizado no pasado ano co gallo dos 125 anos da súa inauguración. Agradecemos aos autores a autorización para este link. Um Dia ...