Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2026

Os achados arqueolóxicos na Praza do Pracer: excepcional oportunidade para afondar no coñecemento do noso patrimonio e da nosa historia

O Concello de Tui promove actualmente unhas intervencións nalgunhas das prazas do noso conxunto histórico que implican loxicamente un control arqueolóxico previo á realización das obras previstas ao intervir en lugares tan sensibles patrimonialmente. A actuación arqueolóxica na Praza do Pracer tudense, na cerna do seu conxunto histórico, correu a cargo da arqueóloga Soledad Prieto Robles   xunto a Juan José Perles Fontao acreditados profesionais cunha longa experiencia na investigación arqueolóxica na nosa cidade. Como xa recolleron os medios de comunicación nas catas efectuadas nesta Praza do Pracer foron recuperados interesantes restos arqueolóxicos de época romana que suscitan un enorme interese pola súa envergadura e singularidade. Nas fotos que achegamos figuran as diversas estruturas atopadas, salientando especialmente o pozo e o conxunto de escaleiras apegadas a un muro de boa traza e envergadura, xunto a un abondoso número de restos cerámicos (tegula, terra sigilata, ...