Ir al contenido principal

Os santos da procesión de san Telmo

En diversas oportunidades varios seguidores deste blog nos teñen suxerido elaborar un post que aborde á procesión de San Telmo e nomeadamente as imaxes que participan na mesma, unha tradición non tan antiga pero plenamente consolidada como unha das referencias do patrimonio inmaterial da nosa cidade.

No último post publicado en “Tudensia” hai uns días ao falar da “barca” de San Telmo recollíamos unha notas breves sobre as procesións que se celebraban en Tui para honrar ao noso patrón san Telmo que reproducimos para contextualizar o contido deste posto aínda co risco de reiteración:

As celebracións litúrxicas na festividade de san Telmo chegan ata a metade do século XX centradas no culto catedralicio: vésperas solemnes no día anterior, misas á primeira hora na igrexa de San Telmo, procesión das reliquias e a continuación Misa Pontifical como música e sermón solemne, para rematar á tarde coas Vésperas e a continuación a exposición pública das reliquias de San Telmo e doutros santos conservadas no fermoso altar relicario da catedral realizado en 1735 por Francisco Alonso de Castro.

Esta procesión coas reliquias unifica dous desfiles tradicionais anteriores segundo recolle Suso Vila no seu libro “Corpo Santo, san Telmo” (2009): por unha banda a que realizaba a Confraría de San Telmo, tal como establecen as súas constitucións o segundo domingo despois de Pascua, coas reliquias do santo pola zona da “coroa” da cidade, dende a Catedral ao convento das Clarisas e retornando ao templo catedralicio. Paralelamente, segundo os cerimoniais da catedral do século XVII na propia festividade se realizaba unha procesión polo Cabido coas reliquias de San Telmo, ás que progresivamente se incorporan outras, polas naves da catedral e o claustro. Posiblemente, conclúe Suso Vila, a finais do XVIII desaparece a procesión da Confraría, restando unicamente a celebrada polos capitulares tudenses.

Será en 1944 cando muden os costumes procesionais relacionados con San Telmo, organizándose dende aquel ano a solemne procesión na tardiña do luns de San Telmo que ten chegado aos nosos días. A este desfile procesional se incorporan as imaxes que participaban tradicionalmente na procesión do Corpus Christi e que agora coas novas normativas das autoridades eclesiásticas deben deixar lugar unicamente á custodia co Corpo de Deus.

Así pois dende ese ano 1944 comeza a procesión de San Telmo acompañada, como cita a propaganda daqueles anos, polos “patronos dos antigos gremios” aos que progresivamente se irán incorporando outras imaxes de devoción e os santos titulares das diversas parroquias tudenses. Hoxe logo do oitenta anos esta procesión é a grande cita festiva tudense á que concorren milleiros de persoas.

Unha procesión que suscita enorme interese pola súa singularidade pois resulta certamente excepcional o número de imaxes que se integran neste desfile procesional. Un número que vai evolucionando co paso dos anos, tanto no número como na súa composición. Así Ernesto Iglesias Almeida no seu libro “La Cofradía de San Pedro González Telmo: patrono de la ciudad de Tui y su obispado” (2001) recolle ata 29 imaxes que acompañaban a San Telmo, aínda que na actualidade o número ronda anualmente as 24 imaxe

s.

Cabe sinalar tamén como nas última décadas se teñen incorporado a este cortexo a practica totalidade das imaxes dos patróns das diferentes parroquias do noso municipio así como San Teotonio, procedente da parroquia de Ganfei – Valença, ou San Paio, que chegan dende a súa terra natal na parroquia de Albeos en Crecente.

Respondendo á petición de varios seguidores deste blog achegamos unha relación das imaxes que actualmente figuran nesta procesión de San Telmo na tardiña do seu día grande. Achegamos hoxe unha simple relación coa súa imaxe correspondente, para outro momento queda un comentario sobre a iconografía de cada imaxe e a historia de cada un destes santos e Virxes que acompañan a San Telmo na súa solemne procesión.

 

Patróns dos antigos gremios

San Crispín e san Crispinian, patrón do gremio dos zapateiros (coa súa confraría fundada en 1618).

San Bieito, patrón do gremio dos xastres (confraría creada en 1689)

Noutros anos teñen participado nesta procesión tanto San Sebastián, patrón do gremio dos tecedores (coa súa confraría fundada en 1686) como San Lourenzo, patrón do gremio dos ferreiros, ferradores, caldeireiros, cerralleiros e latoeiros (a súa confraría foi creada en 1669) portado polos Bombeiros Voluntarios de Valença

 

Santos de devoción

Santa Teresita de Liseux

San Cristovo, patrón dos condutores

San Caetano

San Xián

San Xoán Bautista

San Xosé

Virxe de Montserrat

Nosa Señora da Luz – Candeloria

Nosa Señora do Carme

San Lourenzo, portado polos bombeiros voluntarios de Valença

San Paio de Albeos - Crecente

San Teotonio da freguesia de Ganfei en Valença

Noutros anos teñen participado as imaxes de Santa Rita de Casia, San Roque, Santa Tereixa de Xesús, Santa Cecilia, etc.


Patróns das parroquias tudenses

Santa Mariña de Areas

Santiago de Malvas

San Xoán Bautista de Paramos

Santa Comba de Ribadelouro

San Miguel de Pexegueiro

Arcanxo San Miguel de Pazos de Reis

San Bartolomeu de Rebordáns

Nosa Señora do Rosario de Areas

Nosa Señora de Fátima de As Bornetas - Randufe

Nosa Señora da Guía de Randufe


Nosa Señoras das Dores copatroa de Guillarei

Nosa Señora do Camiño de Rebordáns, no seu carro.

Dos santos titulares das parroquias tudenses restan por participar, nos últimos anos, a imaxe de Santiago titular da parroquia de Baldráns e de San Martiño de Caldelas.

 

E finalmente San Telmo, presidindo este desfile procesional.

 Feliz San Telmo 2025!

 

 

Comentarios

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...