Ir al contenido principal

O santo Cristo das Augas, na igrexa de san Domingos

A igrexa tudense de san Domingos, declarada monumento nacional -hoxe Ben de Interese Cultural- no ano 1931 é unha das principais referencias patrimoniais da nosa cidade. A súa obra arquitectónica, exemplo sobranceiro de arte gótica das primeiras décadas do século XV, amplamente reformada no século XVIII, está enriquecida por soberbios retablos barrocos, tanto o maior, dedicado a san Telmo, obra de Antonio del Villar, escultor de Redondela, realizado no 1741, así como retablo do Rosario de autor decoñecido e datable na seguinte década onde destaca a súa afamada representación da batalla de Lepanto.

Este templo dominico atesoura outros destacados elementos patrimoniais, como é o caso, por exemplo da escultura pétrea de San Domingos, obra gótica datada en torno a 1400, a máis antiga conservada en Galicia coa representación iconográfica deste santo co báculo en tau e a representación dunha pomba, atributo dominicano case exclusivo de Galicia.

A outra peza escultórica de gran valor que pasa normalmente desapercibida na visita a esta igrexa é a escultura popularmente coñecida como “Santo Cristo da Augas”, localizada na capela dereita do ábsida da igrexa, nun retablo de finais do século XVIII, cun certo carácter historicista.

O historiador Aureliano Pardo, un dos principais estudosos da presenza dominica en Galicia, escribe no seu traballo sobre o convento de San Domingos de Tui, editado entre 1938 e 1940[i], o seguinte:

La capilla absidial del lado de la Epístola data de la misma fecha que la mayor (hacia 1424) y titulábase del “Santo Cristo” o del “Buen Jesús” en el año de 1610 cuando adquirió su patronato el licenciado Juan de Bugarín

En el último tercio del siglo XVIII el canónigo de Tuy D. Luis Jiménez de Saboya mandó construir el altar y el retablo del Santo Cristo de las Aguas, antes denominado del Buen Jesús, en la capilla absidial del lado de la Epístola y regaló para el una lámpara de plata, dotándola con 6.000 reales para el alumbrado de los cuales hizo entrega a la comunidad dominicana con fecha 1º de noviembre de 1785; también donó una vinajeras, dos candeleros y un crucifijo de plata para dicho altar, en el cual hizo además una fundación de misas. Como bienhechor ilustre del Convento, costeó también todo el cortinaje de la iglesia y otros objetos de culto.

El retablo construido entonces y costeado por el canónigo D. Luis Jiménez de Saboya, es greco-romano, con las imágenes del Santo Cristo, la Virgen y San Juan Evangelista[ii] en el camarín del centro y al pie del mismo un relieve de las Ánimas y en los laterales san Luis Beltrán y Santa María Magdalena.

Afonda no coñecemento desta imaxe a historiadora Carmen Manso, principal especialista na arte gótica en Galicia, na súa tese sobre a arte dos dominicos en Galicia[iii],de onde recollemos estes párrafos:

La del lado de la Epístola hubo de proyectarse con la capilla mayor en 1415, de acuerdo con los elementos constructivos que presenta, y en ella se reconoce el mismo taller que trabajó también en la absidial del Evangelio (…)  La noticia más antigua sobre su advocación, el Buen Jesús o Dulce Nombre de Jesús, se encuentra en una carta de donación de Pedro de Alemparte (4-1-1512) destinada al cumplimiento litúrgico sobre la sepultura de su padre y hermano, donde disponía su inhumación. El enterramiento se hallaba situado entre el de la esposa de un mercader y el altar de San Sebastián. Las reducidas dimensiones de la capilla hacen suponer que este último se encontrase sobre uno de los machones de ingreso. Por otro lado, la devoción al Buen Jesús en Galicia se documenta a partir de la segunda mitad del siglo XV, lo que permite conjeturar la existencia de un altar medieval con la imagen de su titular en el interior de la capilla.

(…)

En el altar moderno de la capilla absidial de la Epístola, se encuentra un Crucificado, cuyo primitivo emplazamiento se desconoce. Su traslado a esta capilla – “Santo Christo”- ha de remontarse hacia finales del siglo XVI.

La figura, unida a la cruz de “gajos” -simulando el tronco si desbastar- con tres clavos, presenta cuerpo delgado y contornos anatómicos suaves. El dramatismo se concentra en las magulladuras -leves-, en las heridas sangrantes del cuerpo y, especialmente, de la cabeza. Ésta, ligeramente vuelta, ofrece largo cabello, barba y bigotes de pelo natural; corona postiza sogueada de largos espinos, que le cubre la frente; ojos cerrados y boca entreabierta. Un paño de pureza en tela, oculta el original. Las piernas ligeramente separadas, permanecen verticales y los pies se curvan en rotación interna, para facilitar su traspaso a un solo clavo.

Su parentesco con los crucificados de la catedral de Ourense y santa María de Fisterra, sin otros paralelos conocidos en Galicia, facilita tanto su filiación tipológica como su datación a mediados del siglo XIV. En efecto, con ellos se relaciona la cruz de “gajos”, la corona postiza sogueada -de espinos largos la de Tui-, el cabello, barba y bigotes de pelo natural; la delgadez del cuerpo, las manos abiertas con el pulgar separado y los demás dedos unidos, y las piernas -más juntas las del de Ourense- en vertical. La cabeza del Cristo de Tui, erguida y ladeada, adopta una postura intermedia con respecto a la de aquéllos. En el de Ourense, la inclinación frontal oculta parte del rostro; en el de Fisterra se tiende hacia una inclinación lateral. En estos, a diferencia del de Tui, se acentúa el dramatismo con numerosas magulladuras y heridas en el cuerpo, y la incorporación de grandes clavos.

Pola súa banda, Suso Vila busca unha datación máis temperá desta imaxe[iv]: Grazas á inestimable colaboración de María José Martínez Martínez (especialista no afamado Santo Cristo de Burgos cuxa primeira referencia data de 1308) podemos descartar totalmente a vinculación do Cristo das Augas a este tipo de imaxes, xa que non posúe as características axeitadas. O Santo Cristo das Augas é unha peza singular, dun valor inestimable, de procedencia norte europea, e que é posible datala no primeiro cuarto do século XIV, isto é no momento do traslado do convento dominico en Tui.

Aínda que a hipótese de Suso Vila non aporta, por mágoa, información que afonde nesa orixe nórdica da talla, o seu estudo e mais o de Carmen Manso certifican a antigüidade desta imaxe do Santo Cristo datable no século XIV, constituíndo unha peza de gran valor artístico e histórico, un exemplo sobranceiro de escultura medieval.

Noutro traballo de investigación de Carmen Manso Porto sobre un debuxo do relevo fundacional do convento dominico tudense, recolle esta historiadora diversos documentos conservados no Arquivo da Real Academia de la Historia vinculados á documentación empregada por Enrique Florez para elaborar o tomo dedicado a Tui da súa monumental “España Sagrada”[v]. Entres estes manuscritos se conservan unhas Apuntaciones históricas de la ciudad e iglesia de Tuy, que recolle interesantes notas e que a autora atribúe ao doutor Manuel Clemente Fernández de Zúñiga, arcediano de Miñor, e un dos colaboradores máis activos do Cabido tudense con Flórez. Entre estas notas figuran diversas noticias sobre este Santo Cristo da Augas que nos informan sobre o seu culto e valor devocional:

En esta yglesia y capilla colateral de la epístola está la devotíssima imagen el Santísimo Christo de las Aguas; es de estatura perfecta, el espirar con pelo y barba natural, de modo que causa espezial reverencia y devozión a quantos la miran con atenzión. Dícese que habló a un religioso mui devoto suyo y que fue hallada en el río Miño por unos pescadores que, andando pescando en el río y puerto inmediato a la yglesia, le sacaron en las redes, y que de aquí se le dio el título de las Aguas. Y acaso también porque en años fatales de grandes secas, después de varias rogativas se acudió por último recurso a esta santísima ymagen, sacándola en processión y se consiguió el beneficio de la lluvia con tal prontitud y circunstancias que parecían milagrosas. También entienden las gentes la pía devozión de lavar los pies a esta soberana imagen y dar a beber el agua a los enfermos de más peligro y han experimentado el beneficio de la salud

Estas noticias de Fernández de Zúñiga son coincidentes con outras diversas atribucións dunha orixe milagrosa á presenza destas imaxes devocionais do Crucificado. So por citar exemplos próximos unha similar procedencia é atribuída ao Cristo da Victoria de Vigo (tamén chamado do Sal, atopado no mar por un barco que tras diversos avatares o entrega na Colexiata viguesa) ou ao Cristo das Augas de A Guarda, cuxo descubrimento se sitúa en 1538, ou, por citar outro exemplo, o Santo Cristo de Fisterra que chegou á igrexa de Santa María das Areas dende o inmediato océano.

Esta orixe milagrosa da imaxe do noso Cristo das Augas, que chega ao porto tudense e que foi depositada na igrexa vinculada ao peirao, como é o caso da igrexa parroquial de San Xoán do Porto dende onde pasou a integrarse no templo conventual dominico que acabou asumindo as devocións ligadas a esta antiga igrexa altomedieval.

Aínda que o convento dos dominicos foi desamortizado, o 20 de outubro de 1835, o culto na igrexa permaneceu ao longo do tempo estando atendida nun período polos Claretianos (Misioneiros Fillos do Inmaculado Corazón de María), na década dos anos 20 do pasado século, e posteriormente polos Servitas (Orde dos Servos de María) que chegaron ata principios dos anos setenta. Eran varias as celebracións litúrxicas que congregaban aos tudenses neste templo: a festa da Candeloria, logo Nosa Señora do Carme e a única que se mantén na actualidade: a función do Desencravo e a saída da procesión do Santo Enterro.

A pesar desta progresiva perda da actividade cultual nesta igrexa a devoción ao Santo Cristo das Augas chegou ata os anos cincuenta ou sesenta do pasado século con periódicas rogativas para lograr a necesaria chuvia que garantise as colleitas agrícolas. Aínda lembro as copliñas que miña nai cantaba:

Santo Cristo de las Aguas

Nuestro Padre celestial

Mándanos agua del cielo

Según tu divino amor.

Estes sinxelos versos conservados na memoria popular testemuñan a permanencia do culto e devoción ao Santo Cristo das Augas e que compre recoller para evitar o seu definitivo esquecemento. Desta forma, ao valor material deste Crucificado resulta importante engadirlle este valor inmaterial ligado á secular devoción que as xentes de Tui tíñanlle a este Santo Cristo das Augas.

Un alto valor patrimonial, dunha das esculturas de maior antigüidade conservadas na nosa cidade, dotada dun dramatismo propio das representacións cristolóxicas dos últimos séculos medievais, pero que actualmente padece -por continuar o paralelismo- un dramático deterioro, atopándose nun estado deplorable de abandono cunha perdida progresiva da encarnadura da imaxe especialmente nas súas pernas e un amplo desgaste da policromía deste Cristo, como podemos contemplar nestas imaxes.




Esta imaxe medieval do Cristo das Augas non foi sometida a ningún proceso de restauración nas diversas intervencións realizadas nesta igrexa conventual de San Domingos, tanto as financiadas pola Xunta de Galicia ou as realizadas no retablo e cuberta pola Escola Obradoiro de Restauración de Tui na década dos noventa do pasado século.

Estes vindeiros días de Semana Santa en que a igrexa de San Domingos acollerá de novo o Sermón do Desencravo, coa presenza de numerosos tudenses e visitantes, é unha ocasión idónea para insistir en que resulta imprescindible, e ata urxente, proceder a unha restauración desta talla do Santo Cristo das Augas para garantir a súa axeitada conservación, na ábsida deste templo gótico que tamén reclama unha intervención especialmente para o control das periódicas filtracións de auga que sofre este espazo patrimonial e que xa afectan notoriamente ao retablo de San Vicente Ferrer, no testeiro norte do cruceiro, que continua apuntalado dende hai máis de corenta anos, á espera dunha intervención cada vez máis necesaria.




Agardamos dende "Tudensia" que estas notas contribúan ao coñecemento e valoración desta escultura medieval do Cristo das Augas, ao tempo, que reclamamos unha necesaria intervención nesta talla e na propia igrexa de San Domingos para palair o progresivo deterioso deste elemento emblemático do patrimonio cultural de Tui.



[i]  Pardo, Aureliano (1938-1940): “El convento de Santo Domingo de Tuy (apuntes históricos)” en Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos Artísticos de Orense, 11 (1938), págs. 414-521, 527-538; 12 (1939-1940), págs. 44- 48, 117-120, 189-192, 211-216, 282-287, 393-312 y 351- 358

[ii] Estas dúas imaxes foron retiradas nos anos oitentta do pasado século e supoñemos estarán conservadas no Museo Diocesano tudense.

[iii] Manso Porto, Carmen (1993): Arte gótico en Galicia: los Dominicos. Vol. 1, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1993, pp. 335-365.

[iv] Vila, Suso (2009): A cidade de Tui durate a Baixa Idade Media. Toxosoutos, 2009, pp. 356-357

[v] Manso Porto, Carmen (2015). El convento de Santo Domingo de Tui en la España sagrada de Enrique Flórez: un dibujo inédito del relieve fundacional. Archivo Dominicano, 33, 131–169. Recuperado a partir de https://archivodominicano.dominicos.org/ojs/article/view/292


Comentarios

  1. Necesaria intervención e obrigada!
    Grazas por esta entrada tan necesaria!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...