Ir al contenido principal

Francisco Sánchez, artigo de Dámaso Calvo (1926)

 Conmemoramos hoxe, 16 de novembro, o CDI aniversario do falecemento do humanista Francisco Sánchez na cidade francesa de Tolosa. Esta localidade acolleu a Sánchez arredor de 1580 a onde chega dende Montpellier, tras o seu fracaso no acceso á docencia universitaria e a presión anticatólica dos hugonotes. En xaneiro de 1581 comeza a traballar no hospital de Santiago. No ano 1585 gracias ao seu traballo e a súa valía persoal é nomeado profesor de filosofía na facultade de Artes da Universidade desa cidade. Finalmente no ano 1610, logo dunha brillante oposición, acada o posto de profesor de medicina nesta Universidade tolosana, na mesma facultade na que estudara medicina e dereito Miguel Servet entre 1528 e 1530 e tiña a cátedra Giordano Bruno dende 1579 a 1581. Foi profesor ata a súa morte o 16 de novembro de 1623.

Detalle do retrato de F. Sánchez no Museo do Medicina de Toulouse

A máis do “Quod nihil scitur” (1581) o seu principal escrito, Francisco Sánchez publicou en vida outra obra de carácter filosófico: “Carmen de cometa” (A canción do cometa) editada tamén en Lyon no ano 1578, en que combate, con gran erudición, as supersticións relacionadas coa astroloxía.

Os seus fillos e o seu discípulo R. Delassus publicaron varias das súas obras agrupadas na publicación “Opera medica. His iuncti sunt tractatus quidam philosiphici non insubtiles”, editada en Tolosa en 1636, aos trece anos da súa morte. Nesta obra se inclúen os seguinte libros: “De longitudine et brevitate vital liber”, tamén “In librum Aristotelis Physiognomicon commentarius” e “De divinatione per somnum, ad aristotelem”. Contiña amais o “Quod nihil scitur”. Pola súa banda, os tratados filosóficos de Sánchez aparecerán editados, excluídos os libros médicos, en Rótterdam no 1649.

Portada da "Opera médica" de F. Sánchez (1636)

Hai que engadir á relación das súas obras, unha carta atopada no 1940 titulada “Epistula ad C. Clavium”, asinada co pseudónimo de Carnéades, e dirixida ao matemático Cristóbal Clavio. No ano 1982 o Museo Diocesano tudense publico a tradución do texto “Sobre la duración y brevedad de la vida” a cargo do profesor Carlos Mellizo

Outros libros de carácter filosófico foron anunciados polo autor pero nunca saíron do prelo: “Examen retum”, “De anima”, “Libri naturae” e o que posiblemente sería máis importante: “De modo sciendi, methodus sciendi”.

A súa principal obra filosófica foi “De multum nobili et prima universali scientia. Quod nihil scitur (Do máis nobre e universal primeiro saber. Que nada se sabe),” editada en Lyon no ano 1581 aínda que a obra fora redactada, segundo informa o propio autor, varios anos antes. No seu limiar o autor declárase inimigo do aristotelismo e do argumento de autoridade (aceptar unha idea por ser dun autor recoñecido) propugnando o exame directo de calquera realidade, sometendo os datos da experiencia á análise e á crítica do xuízo.

Francisco Sánchez foi un vigoroso filósofo de transición no Renacemento europeo: a Descartes forneceu elementos que permitirían a formulación do novo método e a filosofía do cogito, e a Bacon os pilares do coñecemento experimental. A principal característica da súa filosofía, moitas veces esquecida, ven do feito de que Francisco Sánchez foi o primeiro en empregar o concepto de “método científico”. Non só empregará este termo, que tanto éxito tivo na historia da filosofía, senón que tamén propuxo un modelo de método para a ciencia, anos antes que Francis Bacon.

Francisco Sánchez foi astrónomo, xeómetra e médico, observador infatigable da Natureza, auténtico prototipo de home do Renacemento legando unha obra que foi o inicio da revolución filosófica dos séculos XVII e XVIII.

Con todo en Galicia e España Francisco Sánchez continúa esquecido e postergado como un dos principais referentes do pensamento hispano. Non sucede o mesmo en Portugal onde a reivindicación da súa nacionalidade levou parello un importante traballo de investigación e difusión da súa personalidade que aínda perdura.

Estamos diante dun importante erudito e filósofo do Renacemento europeo cunha importante achega á historia do pensamento. Esta dimensión europea da súa figura, a súa dobre condición de tudense e bracarense, a súa dialéctica entre fe e razón, o interese que na actualidade suscita a súa obra filosófica... fan de Francisco Sánchez un tudense e un galego excepcional.

Xa en 1906 Manuel Murguía, recollendo os descubrimentos de Cazac reivindica a condición galega de Sánchez. En 1922 a revista “Nós” inicia a publicación da tradución ao galego da súa obra “Quod nihil scitur”, a  cargo de Xan Aznar, e mesmo Castelao inclúe ao noso filósofo na relación de personalidades galegas da historia no seu discurso “Alba de gloria” pronunciado en Buenos Aires en 1948. Anteriormente o Centro Galego de Montevideo promovera unha conferencia de Luis Gil Salguero, “El escepticismo de Francisco Sánchez”, e figura referenciada e publicada na revista do propio centro en 1930. Un labor a cargo do mundo emigrante e galeguista continuado coa edición en 1944 dunha tradución ao español de “Quod nihil scitur” na colección “Camino de Santiago” que promove a editorial “Nova” de Buenos Aires fundada e dirixida por Luís Seoane e Arturo Cuadrado.

En Tui haberá que agardar aos traballos de Juan Dominguez Fontela (1937), Manuel Fernández-Valdés (1956) ou Darío Álvarez Blázquez (1960) para comezar a súa reivindicación e a divulgación da súa obra e traxectoria. Completados mais recentemente coas achegas de Ernesto Iglesias Almeida ou Suso Vila e as traducións ao galego das dúas obras publicadas por Sánchez realizadas por Laureano Alonso.

Con todo, a figura de Francisco Sánchez continúa escasamente coñecida, aínda menos estudada e non reivindicada como unha das figuras egrexias que ten aportado Galicia ao desenvolvemento do pensamento europeo. A celebración no pasado ano do cuarto centenario do seu falecemento promovido polo Concello de Tui agardamos constitúa unha semente que agrome paseniñamente nesta reivindicación.

Monolito en lembranza de F. Sánchez, na antiga rúa Triparia de Tui

Achegamos de seguido, para lembrar -como diciamos ao principio deste post- esta data, un breve traballo xornalístico publicado no ano 1926 no xornal coruñés “El Orzán”. Este xornal de información local foi publicado na Coruña dende xaneiro de 1918 a xullo de 1932. Subtitulado “Diario independente”, estivo dirixido por Xosé Pan de Soraluce, Leandro Pita Romero (desde 1924) e Victoriano Fernández Asís. De tendencia monárquica e conservadora, foi escola de xornalistas coruñeses. Entre os seus colaboradores podemos citar a Picadillo, Alfredo Tella, José Luis Bugallal Marchesi, Eduardo Pérez Hervada, Joaquín Freyre de Andrade, Sebastián Naya e Dámaso Calvo Moreiras.

A este último autor débese esta columna dedicada ao noso filósofo que agora recuperamos como testemuña do interese que naquelas décadas iniciais do pasado século suscitaron os achados de Cazac que documentaban a súa condición tudense e galega.

Dámaso Calvo (Celanova, 1880 – Madrid, 1954) avogado, político e xornalista tivo unha dilatada traxectoria que os interesados poden coñecer neste enlace: https://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.8065.php .

Dámaso Calvo mantivo unha ampla vinculación con Ortigueira, onde se instalou a súa familia, e alí foi o director de “El Eco Ortegano” ata a súa desaparición en 1913. Asentado como avogado na Coruña formou parte, co seu pai, do consello de goberno e administración de La Voz de Galicia durante moitos ano mantendo unha columna de opinión neste xornal, que compatibilizaba con colaboracións noutros medios xornalísticos galegos. De tendencia conservadora e monárquica, participou puntualmente na vida política e foi un colaborador asiduo de D. Juan de Borbón ata o seu pasamento.

Damaso Calvo está recoñecido pola súa ampla cultura e recolle neste columna unha reivindicación da figura de Francisco Sánchez logo da omisión do seu nome nun acto cultural promovido en Madrid polo Instituto Francés. Resulta unha mágoa que achegas como esta de Dámaso Calvo non calasen na vida intelectual galega recoñecendo a este senlleiro humanista do século XVI.

 

 

FRANCISCO SÁNCHEZ, EL ESCEPTICO


Recientemente se ha conmemorado en el Instituto Francés de Madrid un aniversario de la Universidad de Montepellier. En el acto organizado por el Colegio de doctores de la Corte se habló de tan ilustre centro de enseñanza describiéndose minuciosamente la vida académica en los años de mayo florecimiento de la Universidad: usos escolares, costumbres científicas de la época, colación de grados, polémicas doctorales, desfile de cortejos universitarios…

Todo ello muy pensado, muy digno de alabanza, pero manchado con un grave lunar, la preterición de un hombre verdaderamente esclarecido por su ciencia profesional, el olvido de un maestro que se adelantó a su tiempo, propugnando las excelencias docentes del método experimental, en un siglo extremadamente difícil para enseñar de un modo práctico la medicina. Este olvidado de tal fiesta académica, se llama Francisco Sánchez, el escéptico. De su vida y de alguna de sus obras vamos a decir unas breves palabras, para salvar de tan lamentable silencio un nombre particularmente grato a los gallegos.

El maestro Menéndez Pelayo -siempre hay que partir de este nombre cuando se escribe sobre la historia literaria de nuestro país como enseña Menéndez Pidal- recoge en uno de sus discursos los pocos datos conocidos acerca de la existencia y de la obra filosófica y docente del famoso médico que matriculado como alumno de la Universidad de Montpellier obtuvo a los veinticuatro años de edad, en reñidas oposiciones, una de las principales cátedras de aquel gimnasio.

Francisco Sánchez, español, oriundo de Tuy, enseñó en aquella escuela de Medicina durante once años, hasta que las guerras de religión le obligaron a refugiarse en Tolosa de Francia, en donde residió hasta su muerte, ocurrida en 1623, cuando contaba sesenta años. En la Universidad de Tolosa, de la cual fue regente, explicó filosofía veinticinco años, medicina durante doce y dirigió el hospital de Santiago en un período de treinta años. Erróneamente, aseguró Menéndez que Francisco Sánchez se graduara doctor en 1573, cuando consta -Astruc: “Memorias para servir a la facultad de medicina de Montepellier”- que en esa fecha precisamente aparece por primera vez inscrito su nombre en los registros de matrícula.

Montpellier, gravado de G. Braun e F.Hogenberg, 1572

Francisco Sánchez, hombre de ciencia positiva, médico de los más famosos de su tiempo, matemático y astrónomo que no dudó medir sus fuerzas con el mismo Cristóbal Calvio, si atacaba la ciencia de su siglo era para preparar los caminos a una concepción científica que él tenía por más racional y elevada. En este paraje, concreta el polígrafo montañés, como la actividad intelectual del célebre profesor se extendió a las disciplinas más variadas: solo un cerebro poderosamente constituido podía abarcar con fruto pensamientos tan distantes.

Lo característico en la obra profesional de Sánchez, fue la enseñanza del organismo, actuando sobre el mismo con el cuchillo anatómico de Vesalio, en una época en que la investigación experimental verificábase secretamente con el profundo misterio de un rito solo conocido por poquísimos iniciados. Así se explica la formación de una sociedad secreta, dirigida por el propio doctor, para hacer la disección de los cadáveres del Hospital de Tolosa (Dum secreto conclavi deferucta nossocomii Tolosani corpora dissecavit.)

El profesor que estudiaba de una manera experimental la anatomía humana, procurando descubrir el origen de males desconocidos y averiguar las razones de fenómenos inexplicables en la concepción científica de su tiempo, elaboró un sistema filosófico basado en la duda ante la contemplación del universo. Cuanto existe en el mundo exterior puede comprenderse empíricamente si el espíritu se desliga de prejuicios de escuela, de imposiciones rutinarias y de la sarcia ancestral de creencias milenarias.

Sánchez duda de todo: nada sabe, ni aún esto mismo, que parece el índice del escepticismo. El examen atento de los hechos, la apreciación subjetiva de mundo circundante, engendra en el alma inquieta del médico gallego el ansia de descubrir si los conocimientos científicos de su siglo son suficientes para explicar satisfactoriamente la razón de existencia. Dudando de si, sin creer en el testimonio ajeno, sin dar a los conceptos metafísicos la importancia de preceptos inmutables, Sánchez piensa que solamente son dignos de fe los conocimientos demostrables mediante el método experimental.

Ante el mundo exterior la posición del maestro es de duda, de vacilación: no cree más que lo aprendido por su inteligencia en un rápido proceso de asimilación; dice don Marcelino que nuestro eximio paisano puede ser considerado como el precursor de Descartes, que duda cartesiana está contenida, como principio dogmático inspirador de un sistema en la filosofía de Sánchez, y que este ideó las bases en las cuales descansa el criticismo.

Leyendo la obra capital del médico tudense y la fundamental de Descartes se observa un verdadero enlace entre ambas: “Que nada se sabe” y el “Discurso del método” tienen verdadera analogía y su examen justifica la presunción expresada. Quod nihil scitur se publicó en 1581, o sea cincuenta y seis años antes de aparecer el “Discurso del método”. De suerte que el libro de Francisco Sánchez es, no solo un antecedente ilustre de la filosofía Cartesiana, sino su fundamento.

Francisco Sánchez pregunta si es posible saber alguna cosa, y apartándose de lo afirmado como cierto en su tiempo, trata de averiguar si el procedimiento seguido entonces para inquirir la verdad, conducirá a organizar la nueva ciencia que él adivina. Al propio tiempo Descartes pretende aportar a la inteligencia humana un instrumento de investigación y medios de comprobación, enteramente desconocidos hasta él. La ciencia, si hay que creerle, no ha sabido aún encontrar su regla; se ha desarrollado al azar; se ha edificado reuniendo sin orden materiales informes.

Concretamente: la duda cartesiana tiene en “Que nada se sabe” este precedente: “Me encerré dentro de mí mismo y concluí a poner en duda todas las cosas como si nadie me hubiese enseñado nada y empecé a examinarlas en si mismas, que es la única manera de saber algo”.

Si el cartesianismo ha contribuido poderosamente al adelanto filosófico de Europa poniendo los cimientos del criticismo de Kant y si ambos se basan en Quod nihil scitur, ¿es lícito omitir el nombre de Francisco Sánchez, varón doctísimo en las principales ciencias cultivadas en su época, en la fiesta académica aludida”

DAMASO CALVO

“El Orzán: diario independiente”, domingo 19 de diciembre de 1926

Comentarios

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...