Ir al contenido principal

Lembranza agradecida a Xabier Añoveros

Onte á tarde, nos comezos de setembro, cando xa as horas diúrnas minguaron, o aire nos anticipa a proximidade do outono e as conversas se centraban nestas intranscendencias, recibín a triste noticia do falecemento, no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, de Xabier Añoveros Trías de Bes, navarro de berce, barcelonés de vida e traxectoria e tudense de corazón.  Tuy (con i grego como adoitaba a escribir pois con este arcaísmo semellaba reflectir mellor a antigüidade da nosa cidade) es una ciudad de la que estoy enamorado desde hace muchos años” e, como é propio dun noivo, a esta vella cidade lle ten dedicado horas, estudos, e moi especialmente un agarimo permanente centrado na súa querida “Casa da Canicouba”.

O seu noivado e posterior matrimonio con Julia García-Valdecasas Salgado, filla da tudense Julia Salgado Peñarredonda, o ligou dende 1968 a este outeiro pétreo sobre o Miño, que é Tui. Non sei se foi a longa tradición tudense da familia de Julia, o rico arquivo da Casa da Canicouba, se a historia milenaria que conservan as rúas e prazas do conxunto histórico tudense, ou o engado do rio Miño nas tardes pracenteiras do verán... O certo é que Xabier Añoveros quedou prendado de Tui dende hai máis de cincuenta anos.

Un compromiso que o levou a incorporarse, en 2008, ao Instituto de Estudios Tudense, onde asumiu posteriormente -en 2014- a súa presidencia, afondando no traballo xa realizado, impulsando a incorporación de novos membros e potenciando a súa revista “Castellum Tyde”. Nestas labouras colaborei con Xabier Añoveros comprobando o seu entusiasmo pola nosa cidade e pola súa historia, a súa amizade e acollida para levar adiante esta tarefa común do Instituto de Estudios Tudenses. Esta liñas pretende unicamente renderlle este sinxelo homenaxe de recoñecemento ao seu pulo a prol da nosa querida cidade de Tui, unha paixón que compartía con calquera que se achegase onda él.

Recollo unha liñas do seu pregón das festas de San Telmo do ano 2008 en que expresa esta condición tudense que sentía con intensidade:

A Tuy vino mucha gente de fuera, unos al cobijo de la sede episcopal, otros como destino militar a sus cuarteles, levantados por su estratégica situación fronteriza, y mezclaron sus jóvenes sangres con las de aquí.

Ha sido Tuy una ciudad abierta desde siempre y continua hoy conservando su bendito espíritu de acogida, porque ese espíritu de hospitalidad les sale a los tudenses del alma.

Tuy es una ciudad pequeña, amante de sus tradiciones, de sus peculiaridades, a veces anclada en otros tiempos, con su personalidad, distinta hoy de la de ayer, una ciudad de días claros y días brumosos, con sus sombras y su color de fondo.

Y es que Tuy sigue siendo dualista, anda entre el arte y la historia, lo divino y sacro, lo pagano y lo cristiano, la música y el silencio, la vida y la muerte.

Cada tudense tiene su propia ciudad y yo tengo, como todos, mi propio Tuy, hecho por las calles donde habitualmente me muevo, ya sea para hacer mis pequeñas compras, para ver a mis amigos o sencillamente para pasear.

Dentro de ese Tuy mío, tengo, lógicamente, ciertas preferencias. Una de ellas, a parte de la catedral, a la que visito todos los días, son los rincones de la zona monumental.

Las ciudades tienen alma, todas ellas la tienen. El alma de las ciudades son sus tradiciones, su historia, los sentimientos de sus gentes, su particular manera de ser y de estar en el espacio y en el tiempo. Un alma poliédrica con infinidad de formas y perspectivas. Tuy, en su alma, además de todas esas cosas, tiene, desde hace siglos, la devoción a San Telmo en un lugar destacado. Una devoción especial y trascendente.

Pero lo que realmente me fascina de Tuy es la ciudad vieja, en cuyas calles se apiñaban talleres artesanos, tascas o cuadras, que podían evocar además un mundo de oficios múltiples y antiguos de gremios y cofradías.

A Tuy, no le pesa el pasado, porque aunque es una ciudad antigua nunca podrá considerarse una ciudad vieja.


Por último, recollo nas seguintes liñas unha pequena achega biográfica que permite coñecer a súa intensa traxectoria, a súa dedicación humanística, docente, xurídica e mesmo deportiva. Pois en tanto ámbitos bregou Xabier Añoveros Trias de Bes porfiando sempre con intensa dedicación.

Nado en Pamplona o 18 de xuño de 1944) a traxectoria profesional de Xabier Añoveros estivo vinculada especialmente co Dereito, tanto na súa faceta como docente como de avogado con bufete propio na cidade condal. Estudou na Universidade de Barcelona onde obtivo en 1967 a licenciatura  en Dereito. En 1975 inicia a súa andaina como profesor asociado en Dereito Mercantil dese centro onde se doutorou en 1987 tamén en Dereito cunha tese centrada nas Caixas de Aforro. Aos dous anos, en 1989, figura como profesor titular por oposición de Dereito Mercantil. Compaxinou a súa carreira profesional coa actividade docente sendo profesor titular de dereito mercantil e profesor de sectores financeiros, ambos na Facultade de Dereito da Universidade de Barcelona. Así mesmo, foi profesor nos máster de dereito concursal e sociedades de capital do Colexio de Avogados de Barcelona.

Dende setembro de 2014, ao xubilarse tras 46 anos de docencia, mantén a súa curiosidade e capacidade de traballo e logra catro novos doutoramentos: en Económicas, en 2016, pola Universidade Camilo José Cela, cunha tese versada en conceptos, ideas e contidos económicos no Quijote; en Humanidades, en 2018, pola Universidade Internacional de Cataluña, sobre a vida e obra de San Francisco Javier; en Historia, pola Universidade de Santiago de Compostela, coa tese sobre a casa familiar da Canicouba en Tui, e, finalmente en literatura, na Facultade de Filoloxía da Universidade de Barcelona, sobre as dúas últimas novelas de Camilo José Cela: «La cruz de san Andrés» y «Madera de boj».

Na súa carreira profesional iniciouse como letrado de Caixa Catalunya, entidade na cal ocupou o cargo de responsable da asesoría xurídica entre 1984 e 1990. O 1982 fundou o bufete profesional Digestum Legal onde, ademais de socio, foi conselleiro. Tamén foi conselleiro de Gas Natural Fenosa. Membro, entre outras moitas entidades, da Sociedade Catalá de Bibliófilos, académico e vicepresidente da Real Academia de Doutores e membro da xunta do Círculo Ecuestre. Formou parte, durante 12 anos, do Consello de Administración do Real Club Deportivo Español.

Xabier Añoveros publicou 5 libros e 23 traballos de temas xurídicos, e outros 12 libros e 70 traballos de contido variado como historia, haxiografía e bibliografía principalmente. Entre tanta obra merecen destacarse os seus artigos sobre San Francisco Javier algúns dos cales recompilou no libro: Retablo de escritos javieranos, editado en 2005 e actualizado en 2011, que converteuno nun dos máximos especialistas na figura deste santo navarro de proxección universal.

Casou con Julia García-Valdecasas Salgado, filla da tudense Julia Salgado Peñarredonda, e dende 1968 en que visita por vez primeira Tui quedou vinculado permanentemente coa nosa cidade á que acode varias veces todos os anos. Unha relación consolidada coa compra, aos seus sogros, da Casa da Canicouba, un inmoble situado no centro histórico da cidade, que mantén conservado con especial coidado.

A súa incansable curiosidade e capacidade de traballo levou a Xabier Añoveros a dedicar, ao longo destes anos, numerosos traballos de investigación sobre temática tudense en publicacións como “Pórtico” de Amigos da Catedral Tudense, “Tuy. Revista del Museo y Archivo Histórico Diocesano”, “Tude” revista da Asociación  Cultural Arzbispo Lago, etc.. Destacan especialmente os libros: “Estampas santelmianas” (2003), “Floresta de textos sobre San Telmo” (2006), “Mosaico de historias tudenses” (2005), “Los alcaldes de Tui del siglo XX” (2008) e “Vidas paralelas tudenses” (2013).

Dende o ano 2014 é Presidente do Instituto de Estudios Tudenses, publicando na revista deste instituto, “Castellum Tyde”, numerosos artigos dedicados á nosa cidade. No ano 2008 foi o pregoeiro das festas de San Telmo. E hai escasos días o Concello de Tui entregoulle unha "Mención Honrífica Especial" de recoñecemento.

Xabier Añoveros legounos esta vocación tudense que agradezo dende estas liñas de "Tudensia" ao tempo que rogo polo seu descanso eterno coa intercesión do noso patrón, o seu querido San Telmo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall