Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2024

Novas visitas ao patrimonio tudense (IV)

En anos pasados publicamos, cunha excelente acollida polos seguidores deste blog, tres posts con diversos lugares no territorio tudense que conservan interesantes mostras do amplo acervo patrimonial que atesouramos pero que son escasamente coñecidos ou que forman parte da nosa cotidianeidade e fican desapercibidos no seu valor patrimonial e na súa necesaria conservación. Os interesados poden acceder a súa consulta neste enlace: https://tudensia.blogspot.com/p/visitas-ao-patrimonio-tudense.html   Hoxe, cando agosto xa encamiña a súa segunda quincena pero aínda as xornadas do verán animan ao paseo e ao descubrimento do noso entorno, aportamos outras propostas de lugares e espazos de alto valor e interese patrimonial   Ponte do Souto - Pexegueiro É unha obra de enxeñeira de fábrica baixomedieval que salva o paso do rio Furnia situada no antigo camiño que comunicaba a cidade de Tui co antigo mosteiro de San Miguel de Pexegueiro. Na web patrimoniogalego.net ven así descrita: P