Ir al contenido principal

Unha contextualización histórica de San Telmo

A figura de San Telmo é unha referencia esencial na historia e na identidade tudense, pois dende hai mais de oito século acompaña á vida das xentes de Tui. Moito se ten escrito sobre a súa figura, o seu culto e devoción, sobre a extensión xeográfica desta advocación, a súa iconografia, o proceso de identificación entre Frei Pedro Gonçalves, o Corpo Santo e San Telmo... por citar algunha das múltiples perspectivas desde as que podemos achegarnos á figura do noso patrón.


Moitas das biografias existentes sobre San Telmo non deixan de ser unha haxiografia, que beben de fontes medievais (tanto dos seus miragres como da súa vida recollida no Pasionario da Catedral tudense) e modernas (especialmente as obras de Frei Fernando de Pineda do século XVIII) pero carecen dun achegamento ao seu contexto histórico que permita comprender a permanencia do culto e a devoción a un frade dominico que foi transformándose de Frei Pedro Gonçalves a Corpo Santo e, desde o século XVI, a San Telmo ou San Pedro González Telmo. Un proceso histórico onde non foi lograda a súa canonización oficial pero si o recoñecemento do seu culto como santo, avalando a devoción popular que dende primeira hora deulle este recoñecemento.
Os datos históricos ou biográficos que posuímos sobre este frade dominico son escasos e aínda máis reducidos os referidos a súa relación en vida con Tui. Basicamente están recollidos, como apuntabamos anteriormente, na “Legenda Beati Petri Confessoris, Ordinis Praedicatorum” un manuscrito anónimo do século XIII que se conserva na Catedral tudense e que forma parte do chamado “Pasional Tudense” (unha das pezas codicolóxicas mais importanrtes de Galicia). Esta Legenda foi editada por E. Flórez na súa monumental “España Sagrada”. Como suliña Lorenzo Galmés “el legendario tudense contiene elementos cercanos a los acontecimientos que cuenta, ya que pudo disponer de la síntesis biográfica que el obispo diocesano envio al Capítulo General de Tolosa, doce años después de la muerte del Siervo de Dios, acompañando una relación de milagros  atribuídos a sus intercesiones y proponiendo la causa de canonización del mismo” (1)
Neste documento non se emprega en momento algún a denominación de Telmo, senón que figura sempre como Petrus Gundisalvi, Pedro fillo de Gonzalo. Na documentación tudense a primeira mención que se conserva ao nome de Telmo aparce en tempos do bispo Diego de Avellaneda que en 1529 decide o traslado dos seus restos, que estaban situados entre a entrada á Catedral e o trascoro, á nova capela daquela chamada dos bispos (na actualidade dedicado ao Santo Cristo da Agonía): “aqui jaze el cuerpo del bienaventurado Sant Helmo que por otro nombre llaman fray Pero Gonçalez é qual estava en la entrada de la puerta principal desta yglesia” (2)
Cabería preguntarse ás razóns que existen para esta dilatada relación entre os tudenses e este frade dominico que, segundo a Legenda, dixo no seu leito de morte “te anuncio que el Señor que se acordó de mis trabajos, remunerador espléndido de las pocas cosas buenas, llamándome a mi ahora rapidamente para marchar de esta vida me entregó  con esta especial disposición a la ciudad para que por mis suplicas y méritos la propia ciudad y la región circundante sean protegidos de los muchisimos peligros a los que se exponen por las faltas de los hombres en el Tribunal del Dios justo”.
Pedro González, natural de Frómista, acada, con unha idade temperá, o deanato da Catedral de Palencia; é un dos primeiros discipulos hispanos de Domingos de Guzmán, que viña de fundar a Orde dos Predicadores, tamen denominada dos dominicos polo seu iniciador. Esta orde relixiosa xorde en torno a 1215 cando Domigo de Gúzman establece en Tolosa/Toulouse a primeira casa. Cando morre en 1221 a Orde xa está claramente estruturada e conta con máis de setenta comunidades en funcionamento.
Pedro González entra no convento dominico de San Pablo de Palencia en torno a 1220 logo do seu fugaz paso polo deanato da Catedral daquela cidade de Castela. Súmase, por tanto, a unha orde conventual que estaba a iniciar naqueles anos a súa traxectoria pero que conectaba coas novas formas sociais que agromaban naquel período histórico e as sensibilidades que suscitaba.
O futuro San Telmo se suma así a unha corrente relixiosa que procura unha alternativa aos vellos mosterios e monxes, de orixe benedictina, cuxos valores relixiosos e concepcións eclesiolóxicas, caracetrizados por “una concepción claramenrte aristocrática de la existencia, que se venía manifestando desde comienzos del siglo XI de una forma palmaria, en el desprecio radical del mundo -irremisiblemente sometido a la sordidez del trabajo y a la tiranía del pecado-, posición que se renueva, frente a los progresos de la urbanización y a los avances en la división social del trabajo, con la condena de los valores subyacentes a los fenómenos señalados -afán de mejora económica y cultural, agilización mercantil y monetaria, desarrollo técnico- y sus secuelas de claro gusto antiaristocrático -individualismo, promiscuidad, asociacionismo, anonimato- y que, en toda lógica, les permite disfrutar de un confortable distanciamiento en relación con los problemas religiosos, éticos, morales y políticos en que se va a debatir la sociedad que les rodea” (3)
En definitiva as grandes ordenes monásticas, nacidas da herdanza de San Bieito, non son capaces de conectar e, consecuentemente, respostar ás novas dinámicas sociais do século XIII onde o desenvolvemento das cidades, en toda Europa, implica a aparición de novos valores sociais. Xorden asi nos inicios do século XIII dúas novas ordenes relixiosas de enorme repercursión na historia da Igrexa e da sociedade: franciscanos e dominicos. A mensaxe e a praxis de Francisco de Asis e de Domingos de Guzman tenta harmonizar a doctrina e a practica da vida cristián, procurando o retorno á orixinalidade evanxélica, coas novidosas situacións da sociedade do século XIII
Desde sus propios centros, desde las escuelas catedralicias o desde las cátedras universitarias, los frailes contribuyeron decisivamente a la liberación de la razón como cualidad específicamente humana. La fe busca apoyo en la razón, dando lugar a la teología, en tanto que la moral intenta una reconciliación entre la fe y las actuaciones humanas de cuyo sentido la razón da suficiente cuenta. Esta aproximación entre fe y razón va a hacer posible una rehabilitación moral de actividades y actitudes tradicionalmente sumidas en el desprecio, tales como el ejercicio del comercio, el préstamo con interés o el profesionalismo liberal, con sus inevitables secuelas lucrativas, fenómenos radicados fundamentalmente en las ciudades cuya pujanza es coherentemente celebrada por los frailes. De la experiencia urbana de éstos surge también una nueva doctrina en torno a las nociones de pecado, delito, culpabilidad y pena, cuyas repercusiones van a afectar, incluso, a las concepciones del más allá vigentes hasta entonces. El mundo de las ciudades es el mundo de la libertad individual. Pues bien, corresponde en gran manera a los frailes del siglo XIII el mérito de haber llevado, en el ámbito espiritual, los presupuestos de la libertad hasta sus últimas consecuencias. En el tribunal de la penitencia, el pecador, lejos de todo miedo a la pérdida de la libertad, conserva el protagonismo que se le supone en la comisión del pecado. La confesión -relato de situaciones más que enumeración de pecados-, el arrepentimiento -factor vinculado al perdón-, y el cumplimiento de la penitencia -privada y adaptada a cada caso- representan un importante reforzamiento de la experiencia de la libertad, al vincular a la misma el borrado de la culpa y la expiación de la pena merecida por las transgresiones cometidas en su nombre. En fin, en el orden pastoral, los franciscanos y dominicos manifiestan un especial interés, de acuerdo con su compromiso de lucha contra la herejía y defensa de la Iglesia, y en consonancia con sus inquietudes intelectuales, en acercarse a las necesidades de los laicos mediante la predicación, la elaboración de manuales, el fomento del asociacionismo caritativo y de prácticas paralitúrgicas, el reconocimiento de la vida interior o el ejemplo de la pobreza y humildad (3).
Este papel dos frades mendicantes estará reforzado polo seu xeito de vida, baseado nunha radicalidade evanxélica: viven das esmolas das xentes, teñen unha dedicación prioritaria á predicación itinerante, tantas veces alonxados do seus conventos, que os achega ao pobo pero compatible, especialmente, no caso dos dominicos, cunha formación intelectual moi sólida. Aparece así a figura do home santo, o frade, que hereda o papel principal na vida relixiosa que anteriormente tiña o monxe.


Neste contexto histórico temos de situar a presenza da predicación do dominico Frei Pedro González nas terras de Galicia e o Norte de Portugal. O Noroeste hispánico asiste ao nacemento dunha nova realidade política como é o reino de Portugal. A cidade de Tui é un lugar estratéxico neste proceso pois a súa posesión é un factor esencial para a consolidación da nova monarquia portuguesa. Estas continuas alternativas comezan o seu ocaso cando unha nova ocupación lusa de D. Sancho I en 1169 foi rexeitada por Fernando II de León que en 1170 conceda á cidade de Tui os seus foros e ordea levantar unha muralla e mesmo a concentración de toda a poboación, tratando de crear un núcleo fortificado e fiel fronte ás pretensións portuguesas ao que decide chamarlle “Buenaventura” aínda que con escaso éxito.
De novo en 1186, D. Sancho I toma a cidade de Tui, á que concédelle importantes doazóns. Aos dez anos estallan novas las hostilidades entre D. Sancho y Afonso IX. Así se xustifica que, en 1200 o Rei D. Sancho I mandase construír os primeiros muros defensivos en Valença, chamada daquela Contrasta –cuxa fundación sitúase arredor de 1198/99-, dotandoa dun foral entregándolla ao fidalgo D. Paio Carramondo, para que este a poboase e edificase unha igrexa. En 1212, a recen fundada Contrasta é arrasada polo exército de Afonso IX. En 1217, D. Afonso II mandou repoboala, reconstruír as súas murallas e outorgoulle un foro ou “foral”. Será en 1262, por diploma de 2 de Agosto, cando D. Afonso III confirme o foral outorgado, a favor de Contrasta, polo seu pai, pero cambiándolle o nome por Valença. Estas denominación traducen xa as dúas principais funcións desta cidade ao longo dos séculos: militar e comercial.
O territorio da diocese abrangue terras tanto do reino portugués como do castelán e os propioa bispos oscilarán na súa fidelidade a ambos monarcas, pero esta ambigüidade logrará importantes doazóns de ambos monarcas que consolidad a súa preminencia na cidade fronte á dinámica buguesia tudense.
Aínda que as ocupacións da cidade continúan nas primeiras décadas do século XIII, Tui se consolida como un importante núcleo urbano e centro económico e comercial cun dinámico porto fluvial. Os burgueses tudenses se rebelaran en varias ocasións contra o poder temporal de bispo: xa no propio ano 1170 houbo conflitos, en 1211 e finalmente en 1248 que resolve o rei Fernando III en 1250 cunha sentenza que condena ambas partes, tanto o bispo como os lideres burgueses, e restablece os foros de 1170 dándolle certo pulo ao papel dos burgueses tudenses fronte o señorio episcopal da cidade e o seu couto que non é cuestionado pola monarquia e que dificulta o desenvolvemento máis amplo desta feble burguesía local. Outras localidades galegas si lograrán substraerse do señorío eclesiástico e reforzarán asi o seu dinamismo social e económico.
A presenza dos dominicos en Galicia comeza na cidade de Santiago en torno a 1220-1222, nos mesmos anos en que asistimos á fundación de conventos en Segovia, Madrid, Santarém, Coimbra, Toledo ou Burgos, aínda que a primeira cita documental data de 1228 en que os frades de San Domingos de Bonaval reciben un legado. A seguinte fundación dominicana en Galicia terá lugar ao cabo de tres décadas en Ribadavía, na diocese de Tui, e na mesma tiveron protagonismo os compañeiros de Frei Pedro González, especialmente Frei Pedro das Mariñas e Frei Miguel González.
Pola súa banda, Frei Pedro González fora confesor e predicador do rei Fernando III, a quen acompañou na campaña de Andalucía e na conquista de Córdoba. Hacia 1237 foi asignado ao convento de Bonaval en Compostela para exercer como predicador itinerante en Galicia e Norte de Portugal. Aínda que non estamos xa nos períodos máis álxidos das loitas entre os reinos, que unha figura relevante da corte do rei de León e Castela se instale neste ámbito fronteirizo non deixa de ter a súa significación, aínda que non teñamos base para formular calquera hispótese ao respecto.
Os frades das ordenes mendicantes desenvolvían a súa actividades vivindo das esmolas e da acollida das xentes. Esto explica o feito que de en Tui Frei Pedro Gonzalez estivese aloxado nunha casa particular e non na Canónica ou no Pazo episcopal do seu amigo e admirador o bispo Lucas.  Percorrerá as terras entre Douro e Miño exercendo o seu apostolado ata o seu falecemento que algunhas crónicas datan no 14 de abril de 1246 na cidade tudense. Esta, como xa comentabamos, recoñece inmediatamnente a súa singularidade e santidade, decidindo o seu soterramento nun sarcófago de marmol –de posible orixe romana- na entrada da Catedral (un sárcofago, por certo, que no lamentablemente pechado Museo Diocesano, carece de indicación algunha desta circunstancia, da súa condición de auténtica reliquia santelmiana) nun lugar de privilexio e que axiña adquire sona polos miragres que alí se producen promovendo o inicio dun movemento peregrinatorio que se alongará no tempo.


Aínda conservamos algunha imaxe do noso Corpo Santo cunha representación como evanxelizador, concretamente a situada sobre á porta da súa cripta na Capela de San Telmo, figura portando un libro, o Evanxeo /dóctrina nunha mán, e a outra un bastón, como axuda no seu itinerario. Tamén San Domingos de Guzmán aparece con similares caracteres iconográficos como na propia igrexa dominicana de Tui. Oración, estudio e predicación figuran pois nestas imaxes que expresan os principios da Orde dominica. Outro bastón, neste caso en tau, que é unha das senlleira reliquias que a Catedral tudense conserva de San Telmo e que, como apunta Carmen Manso (4) constituye otro recuerdo dominicano casi tan antiguo y valioso como el del propio fundador de la Orden de Predicadores
A presenza en Tui e na súa contorna deste frade dominico, da primeira xeración desta orde mendicante, achega ata Tui as novas tendencias da espiritualidade que naquel momento bulian por Europa, nun momento en que a sede tudense está ocupada polo bispo Lucas, clérigo leonés que era un dos principais intelectuais naquela altura na Península e que en 1236 tiña redactado o seu afamado Chronicon Mundi, unha primeira aportación á historia dende as orixes do mundo ata a conquista de Códoba polo rei Fernando III nese mesmo ano. Lucas posuía un amplo bagaxe intelectual e de coñecemento, tiña peregrinado a Roma e Terra Santa e percorrido numerosos países, ata o seu nomeamento como bispo de Tui en 1239, posto no que continuará ata a súa morte en 1249.
Paralelamente a burguesía tudense, vive un proceso de consolidación e asentamento ata o punto que ten capacidade para retar ao propio poder episcopal e mesmo da monarquía como o testemuñan as revoltas de 1170 e 1248, onde os grupos comercias e producrtivos tudenses se sinten con forza para cuestionar o poder señorial do bispo sobre a cidade e reclamar o seu peso político na vida local.
Velaí como as novas prédicas que impulsa a Orde de San Domingos nos que o papel do individuo e a súa libertade ocupan un papel maís relevante atopan nestes grupos sociais de Tui unha complicidade que reforza as súas aspiracións. Unha complicidade que continúa en 1272 cando o Concello chama aos dominicos para que se implanten na cidade ofrecédolles un terreo para o seu convento e oratorio nas inmediacións da Catedral. Un auténtico reto que o Cabido asume paralizando esta iniciativa que abría a posibilidade dunha “cura de almas” e unha recepción de esmolas e doazóns fora do seu control. Un conflito que chegará ata Roma pero que non impedirá a implantación da Orde dos Predicadores extramuros da cidade.
A importancia da dimensión humana e espiritual de Frei Pero Gonçalves, a quen andando os anos chamaremos San Telmo, foi recoñecida dende primeira hora polos tudenses, sendo soterrdo na entrada da súa Catedral, converténdose no “Corpo Santo” que atraía a numerosísimos peregrinos chamados pola sua sona de santidade e a súa condición de taumaturgo. Aos poucos anos, en 1258, o bispo tudense envía ao Capítulo Xeral da Orde dos Predicarores celebrado en Toulouse una relación de cento oitenta mirages de Frei Pedro González para iniciar o seu proceso de canonización.
Pero xunto a esta dimensión, a figura do noso frade dominico asentouse, dende primeira hora, ao achegar á sociedade tudense unha nova espiritualidada e valores que expresan os anceios da burguesía local inxerindose nas novas dinámicas sociais que naqueles momentos agromaban por Europa.



(1): Galmés, Lorenzo: “El bienaventurado Fray Pedro González O.P. San Telmo: estudios histórico-hagiográfico de su vida y de su culto”. Editorial San Estebán – Cofradía de San Telmo Tui. Salamanca, 1991.
(2) Vila, Suso: “Corpo Santo San Telmo”. Tui, Cofradía de San Telmo, 2009.
(3) Peña Pérez, Francisco J.: “Franciscanos y dominicos en en León y Castila. Expansión de las órdenes conventuales en el siglo XIII” en http://www.vallenajerilla.com/berceo/florilegio/penaperez/franciscanosdominicos.htm
(4) Manso Porto, Carmen: “El Arte de la Orden de Predicadores en la Galicia Medieval: Conferencia pronunciada el día 11 de junio de 2016 en la iglesia de Santo Domingo de Bonaval (Santiago de Compostela), en la Jornada de celebración del 800 aniversario de la Orden de Predicadores” en http://www.academia.edu/29701625/El_Arte_de_la_Orden_de_Predicadores_en_la_Galicia_Medieval

Comentarios

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...