Ir al contenido principal

Notas gastronómicas tudenses

En días pasados un amigo agasalloume co libro de Alejando da Cuña Fernández, titulado “Receitas con historia”  onde o autor realizar unha escolma de 54 receitas de cociña recollidas da tradición de diversas familias da nosa contorna e mesmo do mosteiro das Clarisas tudenses. Un libro altamente recomendable non xa polas súas posibilidades, pois nos abre a saborear  un  amplo número de pratos altamente atraintes, senón polo significado cultural que agochan as follas deste volume.

Nas súas 119 paxinas atopamos as principais receitas das lareiras tudense, os seus produtos gastronómicos máis recomendables: anguías, bacallau, lampreas,  sábalo, coello, cordeiro, empanadas, ovos, legumes, etc e unha selección de doces caseiros.
A gastronomía conforma un dos grandes tesouros que posuímos en Galicia e que paseniñamente imos recuperando e revitalizando. A tradición culinaria é tamén un aspecto substancial da nosa identidade colectiva, un aspecto da nosa tradición, do noso patrimonio, que cómpre revitalizar con moita máis razón nunha cidade de tan alongado acervo como é Tui. Por outra banda,  a gastronomía constitúe, na actualidade, unha importante faceta da cultura e do turismo. Cabe non esquecer que a cociña galega é a segunda motivación que leva aos turistas a elixir a Galicia como destino. 

En Tudensia témonos referidos a diversos aspectos relacionados coa promoción do ricaz patrimonio cultural que atesoura a nosa cidade, especialmente a súa Catedral e o seu impresionante conxunto histórico, unha alfaia, tantas veces, non suficientemente valorada.

Pero promocionar o noso patrimonio abrangue outra multitude de aspectos, onde a gastronomía ocupa un lugar privilexiado. Todos temos conciencia de que certos alimentos conforman alguns dos pratos máis asentados en Tui: meixón, bacallau, lamprea, sábalo, cordeiro, coello.... pero, como en tantos outros aspectos, temos unha alta valoración das nosas lareiras, pero non poderiamos concretizar un prato que nos identifique e singularice... Citariamos todos os peixiños de améndoa das nosas benqueridas Clarisas... pero pouco máis.... e a identidade gastronómica dunha localidade é unha util ferramenta de promoción turística pero tamen de cohesión e orgullo entre os propios veciños. Necesitamos promover un ou varios pratos ou produtos que singularicen á nosa cidade e contorna e constitúan un atrativo para propios e forasteiros.

E Tui, como cidade burguesa, ten unha longa nómina de afamadas cociñeiras e cociñeiros que aínda perduran na memoria dos tudenses: Casanova, Galicia, Cabalo Furado, El Molino... ou Alberto González do Silabario que ten concedido a Tui o enorme privilexio de posuír un restaurante galardoado cunha estrela Michelín, a máxima distinción que pode acadar un restaurante e que Alberto conserva xa varios anos seguidos. Lamentablemente aínda non recibiron un recoñecemento polo seu quefacer, pola súa sabedoria culinaria da que todos, veciños e forasteiros, temos disfrutado.

Unha longa nónima, xunto a outras moitas máns anónimas que traballaban en vodas e acontecementos diversos, pero que teñen deixado unha ricaz colleita de receitas que resulta de interese recuperar e potenciar. 
Sirvan dúas notas para achegarmonos, de seguido, ás potencialidades das nosas lareiras e da destreza que, ao longo do tempo, acadarons as nosas cociñas e que nos fornecen recursos abondo para que a gostronomía tudense abra novos camiños.



Un fito na gastronomía tudense foi o faturento menú do xantar celebrado co gallo das Xogos Florais de Galicia celebrado en Tui o 26 de xuño de 1891m o chmado "banquete rexionalista". A relación de pratos ofrecidos aos comensais naquel banquete realizado no Teatro Principal de Tui abranguía o seguinte menú: sopa fina, raxo con cogordos, salmón á alicantina, polos salteados, langosta á rusa, pastel de pichós, filetes á xardineira, xeados, pavo con cogordos, budin con ron, pastelón á inglesa, todo acompñado de "viño vello da Terriña", "xerés", champagne e puros da Habana.

Un exemplo prototípico do menú burgués de finais do século XIX non alonxado, de seguro, dos actuais menus degustación tan de moda nos nosos tempos. O interesante deste banquete non é tanto a amplitude e variedade do alongando xantar senón que o mesmo foi deseñedo, cociñado e servido por un establecemento da nosa cidade amosando a súa habelencia nos fogóns. Este banquete rexionalista foi servido polo Hotel do Comercio, que abrira as súas portas naqueles mesmos días, e que estaba situado na rúa do Olmo (na zona da actual rua Coruña) cuxo propietario Donato Moure tiña retornado recentemento de Cuba.


 Fotografia tomada de http://blogs.santiagodecompostela.org/blog/reddecentros/tag:entroido


E para completar estas notas outra suxestión axeitada para estes tempos de entroido e recurrindo a Alvaro Cunqueiro podemos recuperar pra o martes lardeiro, aparte das filloas, fanse froles e orellas, con masa de fariña, ovos e leite, e tamén as follas de limón, que eu sempre coidei que eran moda de Tui, porque pra terra de onde eu son, trouxo a receta unha familia que vivira e tiña casa en Tui. Estas follas de limón eran un recurrente e delicioso prato que nos tempos da infancia era costume nestas xornadas do carnaval.
Bo proveito!!!

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall

Unha visión de Tui e as fortalezas da fronteira en 1764 por José Cornide

Un dos aspectos normalmente esquecidos na conformación da nosa cidade é a súa condición de praza forte, de emprazamento militar, de cabeceira dun sistema fortificado organizado ao longo do río Miño. Carecemos de noticias documentais ou arqueolóxicas sobre a posible existencia dun muro defensivo no outeiro tudense antes de 1170, cando Fernando II ordena a súa construción ao abeiro da reconfiguración urbanística da cidade que promove este monarca. De seguro que algún tipo de defensas tivo a vella Tude en época sueva e visigoda e especialmente nos primeiros tempos medievais pero o estado actual do noso coñecemento non nos permite superar o ámbito das hipóteses. Neste blog nos temos ocupado no seu día sobre o sistema amurallado tudense en tres post aos que remitimos a quen desexe achegarse a este aspecto do noso patrimonio e historia [1] Reproducimos hoxe un texto do erudito coruñés José Cornide que forma parte do seu libro: Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya