Ir al contenido principal

Sobre o Seminario Internacional "125 anos da Ponte Internacional: unindo xentes, territorios e culturas"


Os pasados días 18 e 19 de marzo tivo lugar, ao abiero das conmemoracións dos 125 anos da Ponte Internacional sobre o río Miño, un Seminario Internacional titulado “125 anos da Ponte Internacional: unido xentes, territorios e culturas” organizado pola Aula da UNED de Tui en colaboración co Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença. Coordinado por Margarita Pino, Rafael Higgis, Isilda Salvador e Rafael Sánchez.

Foi un programa intenso de ponencias e comunicións de grande calidade e interese. Tiña mágoa por non ter tempo para incluir en “Tudensia” algunha referencia a este Seminario, do que agardamos nun futuro editar as actas, pero o blogue “Portugal ao pe” de Lele Sorribas recolle senllas entradas sobre este Seminario que reproducimos polo seu interese:


El Puente Internacional, 125 años de historia y futuro

http://portugalaope.blogspot.com/2011/03/el-puente-internacional-125-anos-de.html


Puente de ayer, debates de hoy

http://portugalaope.blogspot.com/2011/03/puente-de-ayer-debates-de-hoy.html


Gracias a "Portugal ao pé" e a súa autora Lele Sorribas por este achega.



Comentarios

  1. Hola, Rafael.
    Lo primero felicitaros por la organización del seminario. Me resultó realmente interesante por la variedad de las perspectivas sobre un mismo tema: el Puente Internacional.
    En segundo lugar, me alegro de que mis apuntes en Portugal ao Pé se hayan convertido en referencia de lo que allí sucedió. Aún tengo algún post más sin rematar que en breve publicaré.
    Y en tercer lugar, felicitarte también por Tudensia, lo conocí a raíz de búsquedas para completar mis referencias y ya lo tengo guardado en mi Reader.

    Un saludo,
    Lele Sorribas

    ResponderEliminar
  2. Gracias Lele por tus palabras y por tu trabajo sobre el Seminario. Cuando publiques otros post lo referenciaremos.
    Un saludo
    Rafael

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis