Ir al contenido principal

Centenario en Tui da primeira festa da árbore de Galicia

Realizando a plantación
Autoridades e público asistente

Foi un 5 de abril de 1910, ao día seguinte da consagración episcopal de Manuel Lago González, na nosa Catedral, como novo bispo de Osma cando no Paseo de Murcia, actual Alameda, os tudenses celebraron, por vez primeira en Galicia, este acontecemento de propaganda forestal que tivo na figura do enxeñeiro de montes, Rafael Areses Vidal, ao seu principal impulsor.

A festa da árbore, que conta cun precedente en Mondoñedo no século XVI, nace en Estado Unidos, no estado de Nebraska que celebra o 10 de abril de 1872 o Arbor Day coa plantación dun millón de árbores. O éxito desta iniciativa mídese na súa difusión naquela nación e de seguido noutros lugares do mundo.

Eduardo Rico Boquete estudioso deste tema sinala que “os obxectivos desta festa céntranse na protección e fomento do arborado a partir da toma en consideración da utilidade e beneficios que os bosques prestan á sociedade. A súa orientación educativa e divulgadora fai que diríxase especialmente aos cidadáns máis novos coa finalidade de estimular o amor á árbore e facer que o respecto sexa a máxima básica na nosa relación coa natureza, co noso entorno”.

Rafael Areses (Tui, 1878 – Pontevedra 1953) é un egrexio tudense que licenciouse como Enxeñeiro de Montes na Escola de El Escorial – Madrid, e a pouco de incorporarse a Administración é destinado ao distrito forestal Pontevedra – Coruña. Posúe unha concepción da súa actividade profesional como un xeito de apostolado patriótico e defende unha reforestación dos nosos montes –ata aquela dedicados ao pastorero...- coa finalidade de crear riqueza, que redimirá aos labregos da súa miseria e ignorancia. Promove a plantación de especies de rápido crecemento, para rendabilizar o investimento público, aínda que mantendo un equilibro coas especies autóctonas.

Areses é un exemplo da conciencia amplamente estendida na España da Restauración da repoboación forestal como unha medida necesaria para a superación da crise que vive o país. A celebración da festa da árbore –que é institucionalizada por Real Decreto de 1904- inxírese nesta dinámica de rexeneración silvícola do Estado. Pero a promoción desta festa realizase non con achegas económicas senón mediante o fornecemento ás entidades organizadoras de plantóns, libros, etc.

Precisamente para proporcionar estes plantóns para as festas da árbore, e para empregalos na repoboación, en 1906 créanse oito viveiros forestais noutros tantos lugares de España, entre eles o de Areas, en Tui. Estes viveiros ofrecen anualmente numerosos plantóns, tanto de especies xa implantadas como doutras exóticas que gracias a estas actividades acadan popularidade. Gracias á producción deste viveiro, que por exemplo en 1918 proporcionaba, segundo Areses, mais de 150.000 plantas anuais de “pino insigne”, comezan en 1909 por iniciativa do Distrito Forestal os primeiros traballos de repoboación forestal en Oia, seguidos por Tui (no monte Aloia), A Guarda (Santa Tegra), Baiona e Ponteareas. Traballos non exentos de polémica pola alteración que supuña nos usos tradicionais do monte e polas limitacións que establecía ao pastoreo. Pero cómpre salientar que son as primeiras plantacións de iniciativa pública realizadas en Galicia no século XX.

Outro tudense, Augusto González Besada, promove como ministro de Fomento a aprobación en 1908 dunha lei de conservación de montes e repoboación forestal, a chamada Lei Besada, con numerosas medidas de promoción forestal.

Ao abeiro desta dinámica, que en Galicia tiña como máximo expoñente a Rafael Areses Vidal, éste promove a celebración na nosa cidade da festa da árbore que tivo lugar na Alameda tudense, daquela chamada “Paseo de Murcia” en referencia ao batallón militar qua ocupaba o inmediato cuartel de San Domingos, o 5 de abril de 1910 con arranxo ao seguinte programa, tal e como figura publicado no diario tudense “La Integridad” o día 2 de abril de 1910.

FIESTA DEL ÁRBOL

ORDEN DEL ESPECTÁCULO

1º Reunión de los niños de las escuelas en la Plaza Consistorial con sus maestros al frente.

2º Marcha de los mismos hacia el lugar de la Fiesta precedidos por la banda de música y presididos por las autoridades.

3º Discursos del Ingeniero de Montes y otras personas distinguidas

4º Bendición de los árboles por el Excmo. É Ilmo. Sr. Obispo de Tuy

5º Plantación de árboles por las autoridades

Durante este acto cantarán los niños el himno de la Fiesta del Árbol.

6º Plantaciones ejecutadas por los niños. – Concierto musical.

7º Merienda a los niños

8º Himno final

O acto desenvolveuse na xornada programada, aínda que a presenza da chuvia desluciu un chisco as actividades. Así ás 10,00 horas saíu da Praza do Concello a comitiva integrada polas autoridades e os alumnos dos centros educativos tudenses, acompañada pola banda do rexemento Zaragoza.

Na Alameda estaban dispostas para o numeroso público que participaba no actos diversas tribunas, da sociedade “Juventud Artística” que empregara no concurso de orfeóns e que cederá para este acto.

Los niños se situaron sobre el estrado que el día anterior había servido para que cantasen los orfeones. Entre dicho estrado y la presidencia se hallaban artísticamente combinadas con los útiles y herramientas propias para las plantaciones de los árboles destinados para la Fiesta, cuyas ramas se hallaban adornadas con profusión de banderitas con los colores nacionales; a uno y otro lado formaban como dando guardia de honor a dichas plantas una sección de la Guardería del Distrito Forestal, formada por un Guarda Mayor, dos sobreguardas y seis peones guardas que se concentraron aquí expresamente para este objeto.

A presidencia do acto estaba integrada polo Excmo. e Ilustrísimo Señor Arzobispo de Burgos, los Prelados de Tuy, Orense y Osma, el alcalde presidente del Excmo. Ayuntamiento, los Sres. Coronel Comandante Militar de la plaza, Juez de 1ª Instancia, Inspector de 1ª Enseñanza Señor Covelo; comandante de las fuerzas de la guarnición; el maestro de la Escuela Pública; abad párroco é Ingeniero de Montes Sr. Areses.

No seu discurso Areses fai unha declaración explícita das súas intencións ao organizar esta festa de propaganda forestal: comenzó por lamentarse del triste estado a que la codicia y egoísmo humanos redujo las montañas gallegas, antes cubiertas de bosques y hoy completamente estériles y despobladas; expuso el importantísimo papel que los árboles desempeñan y como la falta de ellos está originando tantos males y perjuicios como los ocasionados por los últimos temporales e inundaciones; demostró como por medio de la Fiesta del Árbol se educa e instruye a los niños enseñándoles a amar y respetar al árbol y como este amor y respeto son indispensables para el exacto cumplimiento de las leyes encaminadas a proteger y propagar el arbolado, base de la prosperidad y bienestar de los pueblos.

Logo do discurso de Areses tivo unha intervención Manuel Lago González, bispo electo de Osma, quen nas súas palabras amosou as repetidas alabanzas que los sagrados libros dedican a los árboles; como Jesucristo los amaba, acudiendo a su sombra para orar en el monte Olivete y eligiendo un madero para que sobre él se verificase su sacrificio; nos dijo que la Iglesia no puede por memos de amparar y propagar la Fiesta del Árbol e mesmo aconsellaba que os párrocos promovesen nas súas parroquias esta celebración e remataba apoiando o proxecto de repoboación do monte Aloia.

Tras a bendición das plantas polo prelado tudense, e segundo recollen as crónicas baixo unha persistente choiva, o Alcalde, Sabino Jurado, e o enxeñeiro Areses plantaron un álamo branco no devandito paseo; logo fixeron o propio o Inspector de Primeiro Ensino e o subdelegado de Medicina, e finalmente os rapaces acompañados dos gardas realizaron unha abondosa plantación no paseo de Laportilla, explanada frente al Cuartel y atrio de la Iglesia de Santo Domingo, relleno y laderas del paseo y muelle de Santo Domingo. En total foron plantadas naquela xornada 200 arbores: 30 acacias, 60 olmos, 30 álamos brancos, 35 álamos negros, 25 pradairos (arces), 10 ailanthus e 10 catalpas.

Remata a crónica en La Integridad do 7 de abril: Como resumen de lo expuesto y de los comentarios que oimos al público podemos asegurar que fueron muy hondas y gratísimas las impresiones que causó tan amena e instructiva fiesta que dejará vivo y perenne recuerdo en esos utilísimos arbolitos que las inocentes manos de nuestros hijos han colocado en diversos sitios de esta ciudad donde tanta falta hacían y que constituyen un perpetuo recuerdo de este día que no se borrará jamás de la mente de los niños ni de todos cuantos reflexionen y comprendan la grandiosa trascendencia del acto que aquello ejecutaron

Lembrar este acontecemento é situar á cidade de Tui como lugar chave dun amplo movemento de reforestación que levouse adiante, de xeito especial, na provincia de Pontevedra impulsado polo tudense Rafael Areses Vidal, e que aínda hoxe temos o privilexio de conservar como testemuñas o viveiro forestal de Areas e o Parque Natural do Monte Aloia, unha alfaia do noso patrimonio natural. Recuperar para a nosa memoria esta celebración é unha obriga para cantos hoxe valoran e traballan pola conservación da Natureza.

Rafael Sánchez Bargiela

Publicado no libro das festas de San Telmo 2010

Comentarios

  1. seica que en Mondoñedo se celebrou no ano 1569 según aparece rexistrado no Obispado sendo rexedor Luis de Luaces

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O rexedor de Modoñedo Luis de Luaces mandou en 1569 que cada veciño acudise o 4 de febreiro ao campo dos Remedios para plantar tres árbores froiteiras baixo pena de multa se non obedecían a orde. Aínda que perdurou alguns anos axiña deixouse de celebrar. É, sen dúbida un precedente como se sinala no post.
      Co concepto moderno de festa da árbore, se introduce en España en 1898 en Barcelona e será Tui a primeira cidade galega en sumarse a unha iniciativa que se declara oficial en 1914.
      Gracias polo comentario.

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall

Unha visión de Tui e as fortalezas da fronteira en 1764 por José Cornide

Un dos aspectos normalmente esquecidos na conformación da nosa cidade é a súa condición de praza forte, de emprazamento militar, de cabeceira dun sistema fortificado organizado ao longo do río Miño. Carecemos de noticias documentais ou arqueolóxicas sobre a posible existencia dun muro defensivo no outeiro tudense antes de 1170, cando Fernando II ordena a súa construción ao abeiro da reconfiguración urbanística da cidade que promove este monarca. De seguro que algún tipo de defensas tivo a vella Tude en época sueva e visigoda e especialmente nos primeiros tempos medievais pero o estado actual do noso coñecemento non nos permite superar o ámbito das hipóteses. Neste blog nos temos ocupado no seu día sobre o sistema amurallado tudense en tres post aos que remitimos a quen desexe achegarse a este aspecto do noso patrimonio e historia [1] Reproducimos hoxe un texto do erudito coruñés José Cornide que forma parte do seu libro: Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya