Ir al contenido principal

"Os bandos de Reis" tudenses


Entre as vellas tradicións do Nadal tudense hoxe desparecidas pero das que áinda conservamos a memoria fresca, estaban os cantos ou bandos de reis. Este cantos forman parte dos chamados cantos de Nadal, amplamente estendidos por Galicia, e nos que podemos diferenciar: cantos de Nadal, de aninovo, os aguinaldos e os cantos de reis.

Na comarca tudense era habitual xuntarse un grupo de personas para interpretar estes cantos polas casas da parroquia. As lembranzas dos nosos maiores falan das xuntanzas para facer os ensaios, afinar os instrumentos, aprenderse as letras, ou mesmo inventalas.

Era habitual que saira algún instrumento melódico,especialmente a gaita ou o acordeón, pero a cotío estaban acompañados doutro instrumental caseiro.

Gaiteiro de Guillarei, 1915

Alberto Romer no libro “Anécdotas e vivencias de Tui e comarca II” (Tui, 2002) enumera estes instrumentos: “Moitas das cantigas do Nadal eran acompañadas de instrumentos caseiros como: tapóns de gasosas cravados nunha táboa, botellas de anís que se rascaban cun garfo, anacos de cana rachada, anacos de cana con buratos que facían as veces de rasqueta, cunchas do mar que se esfragaban unhas contra outras (as preferidas eran as de vieira), o papel tirante pegado aos labios que se facia soar coa boca, a pandeireta e, a falta dela, batíase coas máns na artesa. Tamén as ferramentas do campo servían como instrumentos batendo no chan oun contra as pedras da lareira. Pero cando había na casa unha gaita e unha pandeireta sobraban a metade dos outros instrumentos.€”

Andando os anos aqueles grupos espontáneos que percorrian a veciñanza se achegan, nalguns casos, ata a propia cidade para cantar os bandos dos reis e os aguinaldos na procura dunha propina ou dun agasallo comestible. Estes grupos enchian de sabor popular a celebración do Nadal tudense. Posiblemente foi en Pexegueiro onde esta tradición conservouse mais serodiamente e aínda na actualidade contan cunha rondalla que ben participando anualmente na Cabalgata tudense.

Na publicación antes reseñada se recolle o seguinte canto de reis que paga a pena reproducir e que foi recollido por Dona Remedios Dominguez García

Muy buenas noches señores

préstennos su atención

lo que nosotros cantamos

por toda la población.


Aqui nos tienen señores

con su permiso a cantar

si ustedes nos dan licencia

lo vamos a empezar.


Quien era aquella señora

que por la sierra venia

era la Virgen doncella

era la Virgen María.


Un niño trae en sus brazos

un niño que relucía

El era Hijo de Dios

bajo de tanta pobreza


Sin tener en que envolverlo

mas que una poquita hierba

la mula bien se la come

y el buey bien se la lleva.


Maldita sea la mula

que en el suelo se flanquea

nunca ella hijos “paira”

ni cosa que le descienda.


Irás al monte Calvario

y hallarás una escalera

una cruz y un letrero

que dirá de esta manera.


Aquí murió Jesucristo

rey de los cielos y tierras

murió por los pecadores

sin que no lo redimieran.


Redímeme a mi Señor

que soy el más pecador


Del tronco sale la rama

y de la rama la flor.

De la flor salió la Virgen,

de la Virgen el Redentor.


Adiós víspera de Reyes

buen principio de buen año

entre damas y doncellas

los Reyes hemos cantado.

Xa nun “post” do pasado ano recolliamos outros versos citado por Manuel Fernández Valdes que cantaban os grupos de mozos, e ás veces non tan mozos, que percorrian as portas de Tui

Somos os reises do quiquiriqui
imos a ver o que nos botan aquí.
Somos os reises do cacaracá
vamos a ver que nos botan acá.
Somos os reises da Cabra Fanada
vimos aquí, non nos deron nada.

Temos pois evocado esta vella tradición das terras tudenses, expoñente da ampla riqueza que a nosa cultura popular posue nestas ribeiras miñotas que, lamentablemente, estamos perdendo paseniñamente e que, por magoa, non goza nin do recoñecemento nin da valorización da que é merecente.

Dende Tudensia os nosos desexos a todos os nosos seguidores: ¡que cantedes ben os reises!.

Comentarios

  1. Es verdad, esa mismos "reis" son los que se cantaban en Ribadelouro. Me acuerdo de mi niñez cuando venian los vecinos a casa y los interpretaban, y se les daba vino balco con azucar, manises, nueces...
    Me gustó mucho el artículo.
    Saludos Javier Ferruxo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall

Unha visión de Tui e as fortalezas da fronteira en 1764 por José Cornide

Un dos aspectos normalmente esquecidos na conformación da nosa cidade é a súa condición de praza forte, de emprazamento militar, de cabeceira dun sistema fortificado organizado ao longo do río Miño. Carecemos de noticias documentais ou arqueolóxicas sobre a posible existencia dun muro defensivo no outeiro tudense antes de 1170, cando Fernando II ordena a súa construción ao abeiro da reconfiguración urbanística da cidade que promove este monarca. De seguro que algún tipo de defensas tivo a vella Tude en época sueva e visigoda e especialmente nos primeiros tempos medievais pero o estado actual do noso coñecemento non nos permite superar o ámbito das hipóteses. Neste blog nos temos ocupado no seu día sobre o sistema amurallado tudense en tres post aos que remitimos a quen desexe achegarse a este aspecto do noso patrimonio e historia [1] Reproducimos hoxe un texto do erudito coruñés José Cornide que forma parte do seu libro: Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya