Ir al contenido principal

Crónica da Guerra da Independencia en Tui ( e X): a saida das tropas napoleónicas de Tui o 16 de abril de 2009




Rematabamos o anterior capítulo desta crónica referindo como a chegada das tropas do mariscal Soutl á Valença de Minho provocaron de inmediato o levantamento do cerco da nosa cidade, ao entender as tropas comandadas por García del Barrio que era imposible facer fronte a un número tan elevado de milicias francesas.
Tras a toma de Valença as forzas napoleónicas fixeron senllas accións nos arredores para queimar o barrio de Urgeira e o convento de Ganfei, onde estivera o mando luso en varios momentos.
En Tui o xeneral Lamartiniére de seguro que animado pola súa posición de forza e dadas as imperiosas necesidades das súas tropas esixe á poboación de continuo viveres, diñeiro, roupa, etc para os seus feridos. Aínda que estes requerimento eran constantes, el 13 de abril mandó prender y poner arrestados en la casa del Ayuntamiento al Deán, D. Francisco Ventura de Castro, al Canónigo, D. Juan Carlos Vales Vaamonde, y a varios vecinos principales, amenazándolos con llevarlos a Oporto a las órdenes de Soult sino aportaban inmediatamente dos millones de reales. Era unha cantidade desorbitada e fora de toda lóxica, pero a esixencia era inmediata.
Osuna Rey relata como “El Cabildo se vio en la obligación de pedir prestados cien mil reales, entregando al general francés una gran cruz de plata que sólo salia en la procesión de Corpus, de gran mérito artístico y de más de una arroba de peso, amén de otras piezas de plata. El Ayuntamiento, por su parte, tuvo que entregar todos los títulos que poseía de acciones del Banco de San Carlos; y los demás particulares, no pequeñas cantidades en metálico y también alhajas y objetos de plata y oro. En total los franceses se llevaron mil trescientas setenta y nueve onzas se plata.
Tamén sufriron a virulencia da represión diversas parroquias do entorno tudense; así foron queimados e saqueados lugares de Guillarei, Paramos, Randufe e Pazos de Reis (neste caso por segunda vez) e memos en Baldráns, onde queimaron dous altares da igrexa parroquial levándose varias roupas e ornamentos litúrxicos de valor.
Tamén por estas xornadas avanza dende Santiago unha columna francesa ao mando do xeneral Maucunne en auxilio dos sitiados en Tui, eran máis de tres mil homes que chegan a Pontevedra o 12 de abril e dende alí estaran continuamente hostigados polas tropas e alarmas da zona, en Pontesampaio estaba Morillo con 2000 homes que non pode impedir o seu paso. Posiblemente estes ataques enfureceron a Maucunne que proseguiu o seu camiño cara Tui realizando unha terrible represión. O 13 de abril a columna chega a Tui, onde no entraron “permaneciendo los del 6º Cuerpo en San Bartolome de Rebordáns, y entrando solamente los soldados que, enfermos en Santiago y pertencientes al 2º Cuerpo de Soult, se habian repuesto en los hospitales. Viendo, por otro lado, que Tui ya estaba en contacto con la división de Heudelet en Valença, decidió el general Maucunne el regreso a Santiago al día siguiente, el catorce de abril. Ese día catorce fue aciago para los habitantes del valle de A Louriña, para el de Redondela y para todas las aldeas próximas al camino que desde Tui iba hasta Ponte Sampaio”. A represión nesta xornada alcanzou, segundo o que recollen os libros de defuntos das parroquias do camiño, un total de 104 mortos polos franceses, deles 28 mulleres.
As tropas francesas reciben do mariscal Soult a orde de dirixirse cara Porto e cara a cidade do Douro se encamiñan os corpos do exercito instalados en Tui e a súa provincia, en Ourense e no sur de Lugo. Especial importancia tiña o traslado das pezas de artilleria que dende febreiro Soult deixara na nosa cidade (36 pezas de artilleria, dous morteiros e outros canón), únicamente ficaron en Tui algúns canóns clavados que non era posible transportar por precisar de cureñas especiais e moito gando para o seu traslado. O 16 de abril de 1809, festividade de san Telmo as tropas francesas abandonan definitivamente a praza de Tui logo de dous meses e medio de estadia, período ao longo do que, como vimos nestas crónicas, poucos días tiveron de tranquilidade as tropas napoleónicas.
O balazo da presenza francesa era demoledor, pois amáis do saqueo realizado ao longo destes meses sobre autoridades e poboación de Tui e a súa bisbarra, dos múltiples danos causados aos conventos e edificios públicos das cidade, etc o historiador Avila y La Cueva aínda narra aoutra consecuencia máis devastadora: a peste.
Como Tuy y otros varios pueblos del Obispado quedaron infectados por la epidemia que había entre los franceses, se encendió tal contagio en ellos que era innumerable la gente que moría; en esta Ciudad tanto antes de marchar aquellos como después, causaba admiración ver los muchos que fallecían; y según resulta por las partidas de defunción extendidas en el libro de difuntos de ella que regía entonces y del Castrense, murieron en la parroquia de la Ciudad 370 personas. Según yo he contado sus partidas una por una, y quien sabe los más que morirían y que no les extenderían partidas, por que en aquella confusión y trastorno no es de extrañar quedasen algunos sin ponérselas. La mayor mortandad fue en los meses de marzo, abril, mayo y junio, pues en ellos hubo días de ocho y nuevo difuntos, y en una ocasión he visto traer a marido y mujer juntos a enterrar. En el número de los 370 , no entran los muchos soldados franceses que han muerto de aquella epidemia pues eran tantos los que fallecían que los llevaban en carros a enterrar a los campos, y a estos no les pusieron partidas de defunción
Terrible tributo daquela ocupación, daquelas tráxicas circunstancias nas que viviu Tui e a súa provincia dende febreiro de 1809. Tui ficou pois libre da ocupación napoelónica pero a Guerra non rematou daquela para os tudenses. Moitos integrados na División del Miño, participaran, por exemplo, na batalla de Pontesampaio, nos primeiros días de xuño, que supón a derrota defintiva das tropas napoleónicas en Galicia ou en novas campañas militares polo norte de España.
Como en todas a guerras o balance está cheo de dramatismo: morte, violencia, saqueos, fame, pobreza, peste… pero xunto a elo agroman valores que non podemos esquecer: coraxe dun pobo, fe na súa vitoria, defensa da libertade... heroismo colectivo, pois a crónica desta guerra da independencia en Tui é a crónica dunha fazaña colectiva, do labor de tantos e tantos homes e mulleres que deixaron o seu traballo, a súa casa, a súa familia... para defendermos colectivamente da ocupación napoleónica. Para todos eles o noso recoñecemento e a nosa lembranza.

Rafael Sánchez Bargiela

Comentarios

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...