Ir al contenido principal

Notas ao entroido tudense


A celebración do Entroido ten adquirido na cidade de Tui unha grande sona, pois participan no desfile do martes de entroido numerosas comparsas e milleiros de persoas ateigan as rúas tudenses para contemplar este espectáculo. Ata o punto que na actualidade o martes de entroido é festivo local no noso concello.
Este desfile de comparsas e disfraces, con todo, posúe unha vixencia de escasamente vinte anos, pero foise consolidando coma unha das grandes citas festivas tudenses vencellada ao enterro do bacallau no domingo seguinte. Este entroido actual é de caracter urbano, pois recollendo unha parte da tradición do carnaval, asume moitos aspectos que espallan os medios de comunicación, seguindo as pegadas dos cariocas: desfiles, comparsas con música, pouca roupa, etc. Outro efecto/defecto máis da “globalización” que padecemos. Con todo a principal característica do entroido, a ruptura da orde establecida, a alteración dos roles sociais, etc. cumprese abondosamente na festa tudense, pois, por fortuna, moitas comparsas, e especialmente coas suas coplas satíricas, pasan revista á vida da localidade.
Pero lamentablemente, en Tui a recuperación do entroido, logo da chegada da democracia, non supuxo a recuperacion das vellas tradicións vencelladas ao ciclo “carnavaleiro” da nosa terra. Nun artigo do erudito tudense Manuel Fernández Valdés, de 1961, -que reproducimos de seguido- comprobamos como aínda existía daquela a lembranza da tradición do xogo das olas na nosa cidade, testemuña das celebracións tradicionais do entroido en Tui. A outra figura sempre presente no noso entroido, eran as “mascaritas”, amplamente espallas no franquismo como única expresión satírica permitida: eran disfraces feitos coas ropas vellas da casa, que enlazaba tamén coas antergas tradicións do país e lonxe do disfraz “comercial” que hoxe tanto abunda.
Con todo son os pobos os que, paseniñamente, van conformando as súas costumes que andando o tempo serán xa tradicións. O Entroido como tantas outras cousas ten mudado pero aínda estamos a tempo de recuperar vellas tradicións que nos identifican.
Polo seu interese reproducimos o xa referido traballo de Fernández Valdés sobre o entroido de Tui pois ilustra os elementos máis difundidos en tempos pretéritos do noso entroido.

EL CARNAVAL
Manuel Fernández Valdés

“Febrerillo loco” nos ofrece, más altas o más bajas, las fiestas del Carnaval. Son fiestas de gran arraigo en el vulgo, desde una antigüedad muy remota. Son derivadas de las famosas fiestas “Lupercales”, dedicadas al dios Pan. Se celebraban en la Roma pagana con desenfrenadas orgías; los hombres se disfrazaban con pieles de animales y llevaban cencerros a la cintura. Reminiscencias de estas máscaras son los “zamarrones” de Laza y de Salamanca, los “guirrios”, “mazorros”, “cigarrones”, “choqueiros” y otros muchos que algunos creen de origen prehistórico. Aunque estas fiestas han decaido mucho, no han desaparecido.
Concretémonos al carnaval finisecular de Tui en sus tres modalidades: callejero, de salón y doméstico. El Carnaval callejero con sus máscaras de escoba, cochambrosas, está muy bien suprimido. En este Carnaval debemos incluir el antiguo juego de las ollas. Todas las criadas del servicio doméstico guardaban las ollas y tarteras de barro, inutilizadas durante el año, pero conservando su forma. Y en Carnaval se hacía un gran corro en las plazas y encrucijadas, separadas las criadas por una distancia de tres o cuatro metros y por el aire se iban pasando de mano en mano las ollas o tarteras, hasta que se estrellaban. La culpable era castigada –en todos los juegos se castigan las faltas- pasando todas las que participaban en el juego sus manos tiznadas de hollín por la cara de la culpable, que, como es natural, devolvía las caricias. El juego seguía con otro cacharro, hasta que se agotaban las existencias. Al final, todas, tiznadas, desgreñadas y con las ropas en desorden parecían furias del Averno.
Las sociedades de recreo celebraban animados bailes de máscaras, que tambien prodigaban en las casas particulares que dispusieran de piano y un buen salón. En el Teatro se hacían grandes bailes de pago, a los que acudía la buena sociedad, para sostener, desde palcos y plateas, grandes batallas de serpentinas y confettis. De estos bailes se recuerdan muchas bromas que pergonan el ingenio y humorismo de los tudenses. De ello salió enriquecido el anecdotario de Tui.
El Carnaval doméstico se traduce en las pantagruélicas comidas de ritual en las carnestolendas. Había que despedirse de la carne antes de entrar en el reinado del bacalao. No olvidemos que aquellas cuaresmas eran mucho más tiranas que las actuales.
El lacón con grelos alternaba con los monstruosos cocidos “con todos sus cabales” como diría Picadillo: “cacheira”, oreja, pezuña, rabo....
“¡Alegría, alegrote,
que anda o rabo do porco no pote!”
Y la reposteria nos brindaba –y sigue brindando- las ricas filloas, orejas y flores de Carnaval.”


Publicado en “Boletín de Información del Centro de Iniciativas y Turismo de Tui”, febrero de 1961, p. 3.
Rafael Sánchez Bargiela

Comentarios

  1. pódense seguir as actividade do entroido do ies francisco sanchez tamén en internet.
    www.carpediemtui.blogspot.com
    centros.edu.xunta.es/iesfranciscosanchez
    e pódese participar da biblioteca do centro en
    www.avenidaconcordia.blogspot.com

    noraboa por levar adiante tudensia.blogspot.com

    saúdos

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

O antigo Hospital e Inclusa (actual Edificio "Francisco Sánchez") cumpre hoxe cen anos

Neste ano 2023 a cidade de Tui vive diversos aniversarios de interese, especialmente o referente ao cuarto centenario do falecemento do egrexio médico e filósofo tudense, Francisco Sánchez, sobre o que nos ocuparemos en datas próximas. https://www.facebook.com/fotosantiguastuy/photos Centrará hoxe a nosa atención outra significativa efeméride, o centenario da inauguración do Hospital e Inclusa de Tui celebrado o 1 de maio de 1923, hai hoxe cen anos, que culminaba un longo proceso de construción deste edificio. Na actualidade este antigo hospital é o Edificio “Francisco Sánchez” coñecido popularmente como Área Panorámica de Tui. É pois unha feliz oportunidade para realizar unha aproximación a historia deste edificio emblemático da nosa cidade. Un edificio creado para acoller as instalación do hospital e da casa de expósitos, ou inclusa. A historiografía ten abordado nas últimas décadas aspectos da historia social pouco atendidos tradicionalmente. O tema da marxinación social é un de

Unha nova entelequia: un Camiño Portugués de Nossa Senhora do Norte por Tomiño e Gondomar

Vivimos nun mundo mediático onde cada vez temos acceso a un maior abano de información de todo tipo, o que en principio resulta altamente positivo e enriquecedor pero paralelamente existe o evidente risco de carecer de elementos de discernimento e valorización para recoñecer o rigor e a falsidade, a veracidade e os falseamentos. Ven a conto esta obviedade para abordar unha breve reflexión sobre a noticia que en días pasados publicaron os medios de comunicación con este titular: Tras un año de investigación, la alcaldesa de Tomiño, Sandra González; el presidente de la Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, junto al alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, y la concejala de turismo de Redondela, María Castro; y el arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron el «Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago», una variante del Camino de Santiago que pasa por el territorio que recogen ya los archivos históricos. No texto da noticia se afirma o seguinte: La invest

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le