Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2024

"La camelia en la decoración del coro de la Catedral de Tui: Una representación de 1699 quizás la más antigua conocida en Galicia" de Jose Ramón Fernández

  Leva “Tudensia” un tempo de silencio motivado por circunstancias persoais que teñen dificultado a necesaria dedicación para abordar os numerosos temas que están agardando unha atención. Neste tempo no libro da festas de San Telmo deste ano 2024 entre os interesantes artigos publicados querería prestar atención especial ao publicado polo historiador José Ramón Fernández Fernández no que documenta un interesante achado no coro da catedral tudense, realizado en 1699 polo mestre Francisco Castro Canseco, como é a primeira representación coñecida dunha camelia na arte galega. Non se trata dun asunto menor, ou dunha mera cuirosidade ou anécdota irrelevante mais aló dun localismo chauvinista, pois a presenza deste representación da camelia na catedral tudense inxire á nosa cidade e aos artistas que traballan na súa catedral no coñecemento das novidades aportadas polas exploracións e o comercio ultramarino, neste caso coas terras do extremo oriente, no que o o reino de Portugal tiña un ele