En diversas oportunidades varios seguidores deste blog nos teñen suxerido elaborar un post que aborde á procesión de San Telmo e nomeadamente as imaxes que participan na mesma, unha tradición non tan antiga pero plenamente consolidada como unha das referencias do patrimonio inmaterial da nosa cidade. No último post publicado en “Tudensia” hai uns días ao falar da “barca” de San Telmo recollíamos unha notas breves sobre as procesións que se celebraban en Tui para honrar ao noso patrón san Telmo que reproducimos para contextualizar o contido deste posto aínda co risco de reiteración: As celebracións litúrxicas na festividade de san Telmo chegan ata a metade do século XX centradas no culto catedralicio: vésperas solemnes no día anterior, misas á primeira hora na igrexa de San Telmo, procesión das reliquias e a continuación Misa Pontifical como música e sermón solemne, para rematar á tarde coas Vésperas e a continuación a exposición pública das reliquias de San Telmo e doutros santos c...
Se preguntásemos aos nosos conveciños cal é o evento principal das nosas festas estou certo que habería unha unanimidade en afirmar que é a procesión dedicada a San Telmo, na tarde do luns da infraoitava de Pascua, coa que practicamente rematan as festas patronais. Detalle do altar relicario de san Telmo na catedral de Tui, sec. XVIII Aínda que a devoción a San Telmo é inmediata a súa morte, o 14 de abril de 1246, pois xa daquela o bispo e o Cabido acordan o seu soterramento na entrada do propio templo catedralicio expresando xa a fama de santidade coa que foi venerado dende aquel mesmo momento. A súa tumba se realiza reaproveitando un fermoso sepulcro de mármore de época romana que aínda hoxe afortunadamente se conserva no Museo Diocesano tudense. Naquel lugar, como recolle o texto das milagres de San Telmo, houbo afamadas curacións que aumentaron a sona de taumaturgo de Frei Pedro González, “O Corpo Santo” como era coñecido ata o século XVI. Este recoñecemento milagreiro levou a ...