Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2015

Camilo José Cela e Tui

Camilo José Cela foi, é, un dos grandes escritores galegos e universais, recoñecido coa concesión do Premio Nobal de Literatura no ano 1989 pola súa “prosa rica e intensa”. Datoda dunha personalidade contraditoria, polémico pola súa colaboración inicial coa ditadura franquista e pola súa visión ácida e critica do home e da sociedade, pero ao tempo aclamado por moitos. Certamente dos seus valores narrativos están fóra de toda discusión constituíndo a súa obra unha das cimeiras da literatura en español. A súa relación con Tui venlle a través do seu pai, Camilo Cela Fernández, que naceu na nosa cidade a finais do século XIX e onde a súa familia posúe unha alongada presenza.   Os Cela chegan a Tui, procedentes das terras de Piñor, en Ourense, coa figura de Camilo Cela Fernández (Piños de Cea /Ourense, 1843 – Tui, 1923). Tivo na nosa cidade un comercio relacionado coa siderurxia e a ferretería. Actuou intensamente na vida política local, aliñado no partido conservador de Aug