Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2013

Nomes tudenses nos Xogos Florais de 1891

Medalla conmemorativa dos Xogos Florais de Galicia de 1891 batida en Vigo polo xoieiro Enrique Pérez en 1891, nunha das caras reprodúcese unha ave fénix agromando das chamas, acompañada da lenda "SURGE ET AMBULA"; érguete e camiña. Na outra cara, pode lerse a lenda: "TUY PRIMEIRA CONVOCATORIA ANO MDCCCLXXXXI - CONSISTORIO DOS XOGOS FRORAIS-GALICIA". Tomado de www.realacademiagalega.org O 24 de xuño de 1891 a cidade de Tui acolleu un singular acontecemento de grande transcendencia tanto para a cultura como para a vida socio-política de Galicia, nesa data celebráronse no Teatro Principal os Xogos Florais que salientar por ser o primeiro acto público celebrado en Galicia e realizado integramente en idioma galego. Cábelle pois á nosa cidade a honra de comezar unha andaina na que aínda na actualidade estamos como é a normalización do noso idioma. Os nomes senlleiros de Manuel Murguia, Alfredo Brañas, Salvador Cabeza de León, Eladio González… resultarían